Lara Rozados
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1982 (42 anos) Poio, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora |
Premios | |
Lara Rozados Lorenzo, nada en Poio o 22 de outubro de 1982, é unha xornalista, profesora e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu en Pontevedra até os seis anos, despois en Ferrol, e con sete trasladouse a Santiago de Compostela. Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Literatura en 2018 coa tese Prácticas performativas nas poetas galegas contemporáneas. O corpo e a voz como espazos de resistencia. Traballou en Vieiros e A Nosa Terra e despois na compañía de teatro Berrobambán. Fixo un mestrado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Traballou en Sermos Galiza e na edición do Deza de Faro de Vigo. Traballa nas asociacións Itaca, Cineclub de Compostela e Histeria Teatro. Publicou nos libros Non conciliados e Pirata que editou o Cineclub de Compostela. Exerce como docente de educación secundaria dende 2020.
Obras
[editar | editar a fonte]- O caderno amarelo, 2014.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de poesía Victoriano Taibo no 2014, por O caderno amarelo.