[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lagar (construción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagar en Alongos, Toén.

O lagar é o lugar preparado para prensar certos froitos, como as uvas, as mazás ou as olivas, co fin de que solten o líquido que conteñen[1]. O termo deriva do nome do recipiente ou aparello mecánico onde se prensa o froito, chamado hoxe normalmente prensa[2], reservando o termo lagar para a construción.

O máis común en Galiza é o edificio para esmagar o bago de viño, mais tamén se chama lagar o lugar para esmagar a mazá da sidra (llagar en Asturias) e incluso a oliva para fabricar aceite.

Dende o punto de vista construtivo, non deixa de ser un pequeno alboio, fechado ou non, de cachotaría onde se atopan unha tallas e a propia prensa, que adoitaba consistir nun recipiente sobre o que acouga unha gran trabe de carballo ou castiñeiro. Os lagares remóntanse á época romana, e son moi común en Galiza, formando parte da arquitectura vernácula. Nalgunhas partes de Galiza, onde a adega se atopa no piso terreo da vivenda (casa do viño), o lagar tamén se acha aquí.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]