La mañana de La 1
La mañana de La 1 | |
---|---|
Formato | Magazine |
Presentado por | Mariló Montero (2009-2016) |
Localización(s) | Estudos de Prado del Rey |
Cadea | Televisión Española |
Día da estrea | 24 de agosto de 2009 |
Na rede
| |
http://www.rtve.es/television/la-manana-de-la-1/ | |
La mañana de La 1 é un programa de televisión emitido pola cadea española La 1 de Televisión Española de luns a venres en horario matinal.
Historia
[editar | editar a fonte]La mañana de La 1 foi creado e posto en marcha por Ricardo Medina e o seu equipo de Medina Media o 24 de agosto de 2009.
O programa responde ao típico formato de magazine, análogo na súa estrutura aos que na mesma franxa horaria emiten o resto de cadeas xeralistas de España: Espejo público, con Susanna Griso en Antena 3, Las Mañanas de Cuatro en Cuatro con Marta Fernández e El programa de Ana Rosa, con Ana Rosa Quintana en Telecinco. A formulación é tamén basicamente idéntico ao dos espazos predecesores nese horario na propia TVE: Por la mañana (2002-2008) e Esta mañana (2008-2009), con Inmaculada Galván.[1]
O espazo, emitido en directo desde o enorme Estudo 1 de Prado del Rey, inclúe entrevistas, actualidade, opinión, crónica social, cociña e consellos para o lecer e a saúde. De feito o macro-espazo integrou como sección o programa ata o momento autónomo Saber vivir, presentado por Luis Gutiérrez.
Ata 2011, José Ángel Leiras, copresentou o programa xunto a Mariló Montero. Outro colaborador nunha primeira etapa foi Javier Capitán.
En setembro de 2010 modifícase a imaxe de La mañana e o 18 de outubro do mesmo ano vólvese a modificar ao pasar a emitirse en formato panorámico.
Durante as vacacións de verán de 2012 e 2013 foi Inés Paz a encargada de presentar o programa.
En agosto de 2013, Inés Paz, o doutor Gutiérrez, Almudena del Pozo, Karmele Izaguirre e Ciudadano García abandonaron o programa. O 26 de agosto do mesmo ano, modificouse o estudio, o grafismo e os decorados.
O 7 de xullo de 2014, con motivo das vacacións de Mariló Montero, Inés Ballester presenta La mañana del verano. Desta versión estival xurdirá o programa Amigas y conocidas, que comezou como sección de estival e que debido ao seu éxito se consolidou como programa propio dende de setembro de 2014.
O 29 de agosto de 2014 nunha nota de prensa TVE deu a coñecer os cambios da tempada 2014-2015. Confirmábase a saída do programa de Carlos Córdoba e de Sergio Fernández, a redución do programa 45 minutos pola estrea de Amigas y conocidas, a permanencia no programa dalgúns debutantes en verán como Julius, e a entrada de varios rostros novos.[2]
En febreiro de 2015 anunciáronse grandes cambios para o programa matinal que terán lugar en torno ao mes de abril para subir os datos de audiencia. Entre as novidades atópanse cambio de estudio, que pasará a atoparse no Estudo 5 así como novas seccións dirixidas ao entretemento. Ademais, anunciouse a volta a TVE de Paco Lobatón para conducir a sección de sucesos do programa matinal.
A partir da nova tempada de formato, o 7 de setembro de 2015, o programa volveuse reducir. Os irmáns Torres fichan pola televisión pública para presentar na sobremesa cun programa de cociña e fai que teñan que reducir a duración do programa.
O 30 de xuño de 2016, Mariló Montero anuncia que abandona TVE así como La Mañana, tras 7 tempadas á fronte do programa. A súa substituta durante o verán é Silvia Jato.
Presentadores
[editar | editar a fonte]- Mariló Montero (2009-2016). Presentadora titular.
- José Ángel Leiras (2009-2011). Antigo copresentador do programa e substituto de Mariló Montero durante as vacacións.
- Inés Paz (2011-2013). Antiga copresentadora do programa e substituta de Mariló Montero durante as vacacións.
- Jota Abril (2014-presente). Copresentador do programa.
- Inés Ballester (verán de 2014). Actualmente presenta o espazo Amigas y conocidas.
- Teresa Viejo (verán de 2015).
- Sandra Daviú (Nadal de 2015-2016).
- Silvia Jato (verán de 2016).
Seccións
[editar | editar a fonte]Mariló Montero participa e exerce de fío condutor en todas as seccións:
- Saber vivir: Sección de saúde con Ana Bellón e Iñaki Ferrando.
- Saber cocinar: Sección de cociña con Julius e Ana Bellón.
- Saber moverse: Sección de exercicio con Cristina Mérida.
- Saber mirar: Sección de actualidade con Fernando Ónega.
- Saber lo que pasa: Informativo con Jota Abril.
- Corazón: Sección de crónica social con Luis Pliego, Rosa Villacastín e Luis Rollán.
- La máquina del café: Entrevista de Mariló Montero a un convidado especial.
- La abogada en casa: Sección de divulgación sobre dereito con Begoña Villacís.
- Escuela de padres: Sección de coaching para pais e fillos con Helena López Casares.
Producións propias
[editar | editar a fonte]- Amigas y conocidas: Faladoiro de actualidade con Inés Ballester, Alba Carrillo, Loles León, Teresa Bueyes, Paloma Gómez Borrero e Carmen Delgado, entre outros. Estreado durante o verán de 2014, dende setembro do mesmo ano independízase de La mañana de La 1 e convértese en programa á parte.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ TVE busca a substitución de Inmaculada Galván en Esta mañana El País. 11 de xullo de 2009.
- ↑ "Mariló volve con menos tempo, o cociñeiro de Inés Ballester e o café dos famosos". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 07 de febreiro de 2015.
- ↑ "Amigas y conocidas convírtese en programa propio". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2014. Consultado o 07 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en castelán)
- Ficha en IMDb (en inglés)