[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Laureano Domínguez Cao-Cordido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaureano Domínguez Cao-Cordido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de outubro de 1962 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, catedrático Editar o valor en Wikidata

Laureano Domínguez Cao-Cordido, nado en Ourense e finado en Madrid o 30 de outubro de 1962[1], foi un xornalista e profesor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas.
Sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo.
Entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Iniciouse como xornalista en El Cosmopolita. Instalouse en Vigo e foi vicepresidente da sociedade Juventud Progresiva en 1911[2]. Comezou a traballar no taller de Heraldo de Vigo como tipógrafo. Licenciouse en Letras e foi profesor de Instituto. Foi redactor xefe de Faro de Vigo, colaborou en periódicos galegos e españois como El Debate e ABC, e foi correspondente de La Vanguardia en Vigo. Na Segunda República foi secretario do Consello comarcal de Vigo do Partido Agrario Español[3]. Trasladado a Madrid, foi xefe de redacción de La Vanguardia en Madrid (1950-1960).