Lorin Maazel
Lorin Varencove Maazel , nado en Neuilly-sur-Seine o 6 de marzo de 1930, e finado en Virxinia o 13 de xullo de 2014,[1] foi un director de orquestra, violinista e compositor estadounidense de orixe francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Maazel naceu en Neuilly-sur-Seine, Francia, de pais estadounidenses xudeus de orixe rusa que moi pronto volveron aos Estados Unidos. Xa de pequeno demostrou uns dotes prodixiosos para a música. Tomou a súa primeira clase de dirección de orquestra aos 7 anos, e debutou aos 8. Con 9, en 1939, xa dirixiu a Orquestra de Interlochen na Feira Mundial de Nova York, así como a Orquestra Filharmónica de Los Ángeles, onde compartiu un programa con Leopold Stokowski. Aos 11, Arturo Toscanini invitouno a dirixir a súa orquestra neoiorquina, e aos 13 xa fixera o propio na Orquestra Filharmónica de Nova York e na Orquestra de Filadelfia.[2] Aos 12 anos efectuou unha xira polos Estados Unidos de América dirixindo as mellores orquestras. Seu debut como violinista foi aos 15 anos de idade. Estudou matemáticas e filosofía na Universidade de Pittsburgh.
Faleceu en Castleton Farms, Virxinia, Estados Unidos, o 13 de xullo de 2014, tras unha complicación dunha pneumonía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Muere el maestro Lorin Maazel
- ↑ Barcelona, Anna Abella (13 de xullo de 2014). "Fallece a los 84 años el maestro de la batuta Lorin Maazel". Consultado o 6 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lorin Maazel |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|