Longa Marcha 5
Longa Marcha 5 / Chang Zheng-5 (CZ-5) | |
---|---|
Función | Lanzador espacial pesado |
fabricante | CALT |
país de orixe | República Popular da China |
Tamaño | |
altura | 55,0 m |
diámetro | 5,00 m |
masa | 878.000 kg |
Etapas | 2 |
Carga LEO | |
masa | 25.000 kg |
foguetes derivados | |
Familia | Longa Marcha |
Lanzamento históricos | |
Estado | Activo |
Sitios | Centro de lanzamento de Wenchang |
Voo inaugural | 3 de novembro de 2016 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Longa Marcha 5 (Chang Zheng 5 en pinyin, abreviadamente CZ-5) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha. Tódolos CZ-5 lánzanse desde o centro de lanzamento de Wenchang.[1][2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]O Longa Marcha 5 é un lanzador orbital chinés dunha, dúas ou tres etapas e asistido por foguetes aceleradores deseñado para poñer cargas de ata 25.000 kg en órbita baixa terrestre ou de 13.000 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria. Usa unha etapa central de 5 m de diámetro con catro aceleradores de 3,35 m de diámetro ao seu arredor. Segundo a versión pode ter ningunha, unha ou dúas etapas superiores. A súa función principal é poñer en órbita xeoestacionaria grandes satélites ou módulos para a estación espacial chinesa na órbita baixa.[1][2][3][4][5]
Variantes
[editar | editar a fonte]CZ-5
[editar | editar a fonte]A versión orixinal ten unha segunda etapa H-5-2 con dous motores YF-75D e pode poñer ata 15.000 kg nunha órbita heliosincrónica e 13.000 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria.[1][2][3][4][5]
CZ-5/YZ-2
[editar | editar a fonte]Usa unha terceira etapa YZ-2 cun motor YF-50D. Utilizado para poñer satélites de ata 4500 en órbita xeoestacionaria.[1][2][3][4][5]
CZ-5B
[editar | editar a fonte]A versión CZ-5B usa unha única etapa central. Pode poñer ata 25.000 kg en órbita baixa.[1][2][3][4][5]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo | Data | Versión | Carga | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | 3 de novembro de 2016 | CZ-5/YZ-2 | SJ 17 | Éxito | Primeiro voo dun CZ-5. |
2 | 2 de xullo de 2017 | CZ-5 | SJ 18 | Éxito | |
3 | 27 de decembro de 2019 | CZ-5 | SJ 20 | Éxito | |
4 | 5 de maio de 2020 | CZ-5B | XZF-SC / RCS-FC-SC | Éxito | |
5 | 23 de xullo de 2020 | CZ-5 | Tianwen 1 | Éxito | |
6 | 23 de novembro de 2020 | CZ-5 | Chang'e 5 | Éxito | |
7 | 29 de abril de 2021 | CZ-5B | Tianhe | Éxito | |
8 | 24 de xullo de 2022 | CZ-5B | Wentian | Éxito | |
9 | 31 de outubro de 2022 | CZ-5B | Mengtian | Éxito | |
10 | 15 de decembro de 2023 | CZ-5 | Yaogan 41 | Éxito | |
11 | 23 de decembro de 2023 | CZ-5 | TJS 11 | Éxito | |
12 | 3 de maio de 2024 | CZ-5 | Chang'e 6 / ICUBE Q | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2022). "Chang Zheng 5" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2022). "Chang Zheng 5B" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5 (Chang Zheng-5)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5/YZ2 (Chang Zheng-5/YZ2)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5B (Chang Zheng-5B)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Longa Marcha 5 |