Lóxica informal
Aparencia
A lóxica informal determina a validez dun razoamento fixándose en cuestións non formais, coma se as premisas son axeitadas ou non, se os datos de partida poden realmente xustificar a conclusión ou se interveñen elementos do contexto que poden alterar a validez do razoamento.
A lóxica informal define as falacias informais, que son aqueles razoamentos non válidos que poden parecelo.
Tipos de falacias informais
[editar | editar a fonte]- Falacia ad verecundiam: Un razoamento que defende a conclusión apelando a alguén ou a algo que se considera unha autoridade na materia pero sen dar outras razóns que a xustifiquen.
- Falacia ad hominem: Pretender rebater o razoamento doutro ou demostrar a falsidade da conclusión á que chegara, desacreditando a quen o defende.
- Falacia ad populum: Defender unha conclusión sen a xustificar, unicamente apelando aos sentimentos, as emocións ou aos prexuízos do auditorio.
- Falacia ad ignoratiam: Defender que algo é definitivamente verdadeiro (ou falso) porque non se pode demostrar o contrario.