[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vocabulario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Léxico»)

O vocabulario ou léxico é o conxunto de palabras que forman parte dun idioma específico, coñecidas por unha persoa ou outra entidade (coma un dicionario).

Características

[editar | editar a fonte]

O vocabulario dunha persoa pode ser definido coma o conxunto de palabras que son comprendidas por esa persoa, ou coma o conxunto de palabras probablemente utilizadas por esta. A riqueza do vocabulario dunha persoa é considerada popularmente como reflexo da intelixencia ou nivel de educación desta.

O incremento do propio vocabulario é unha parte importante tanto na aprendizaxe de idiomas, coma na mellora das propias habilidades no idioma no que a persoa xa é adepta.

A adquisición do vocabulario (tanto no primeiro idioma coma nos segundos e/ou estranxeiros), é un proceso moi complexo. A primeira distinción que debemos facer é entre vocabulario pasivo e vocabulario activo.

  • O primeiro é o vocabulario que o suxeito entende sen axuda ou con moi pouca, pero que non é quen de utilizar autonomamente.
  • O segundo é o vocabulario que o suxeito comprende sen problemas, pero que ademais, é quen de empregar cando o necesita e sen necesidade de axuda.

Semella claro, polo tanto, que o vocabulario máis amplo dunha persoa é o pasivo, e tamén que se unha persoa non ten unha palabra "almacenada" no seu vocabulario pasivo, dificilmente esta poderá chegar a formar parte do seu vocabulario activo. Un dos defensores desta teoría foi Tracey Terrell, coautor do "Natural Approach", e que investiu un grande esforzo en intentar explicar este proceso de adquisición lingüística. Terrell afirma que unha forma primeiro "lígase" (binding en inglés), é dicir, relaciónase unha forma co seu significado. Este proceso parece ser paulatino e relativamente "lento", xa que non sería unha aprendizaxe senón unha adquisición. Unha vez a forma xa está "ligada", o suxeito debería ir intentando "acceder" (accessing en inglés) a esa forma en repetidas ocasións. As primeiras veces requirirá moito tempo e posiblemente de certa axuda, pero ese tempo ou esa necesidade de axuda iráse reducindo paulatinamente. Cantas máis veces ese suxeito intente acceder a esa forma, máis "accesible" estará.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]