[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ovarense Basquetebol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovarense Dolce Vita
Información xeral
Liga LPB
Fundación 1970
Cores                Negro, vermello, branco
Presidente Portugal Pedro Braga da Cruz
Adestrador España Nuno Manarte
Localización
Cidade Portugal Ovar, Portugal
Pavillón Arena Dolce Vita
Campionatos
Liga 5 (1988, 2000, 2006, 2007, 2008)
Copa 2 (1989, 1990)
Supercopa 8 (1988, 1990, 1993, 2000, 2001, 2006, 2007, 2008)
ovarense.pt

O Ovarense Basquetebol é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Ovar, Portugal. O equipo xoga na Liga Portuguesa de Basquetebol (LPB), a máxima categoría do baloncesto luso. A A.D. Ovarense creou a súa sección de baloncesto en 1970 por iniciativa de John Gonçalves, desde aquela o club logrou proclamarse campión de Liga até en cinco ocasións, a última en 2008.

A sección de baloncesto do club foi fundada en 1970 por iniciativa dun membro emprendedor, John Gonçalves. Entre 1976-77 e 19778-79, só seis anos despois da creación do club, o Ovarense ascendeu á categoría nacional. O equipo nunca perdeu a categoría, e a chegada de dous xogadores americanos de calidade a finais dos '80 déronlle ao equipo a calidade que precisaba para subir de categoría.

DJ e Mario Elie, un futuro campión da NBA, chegaron a Portugal en 1987 e foi nese ano no que o Ovarense conseguiu gañar o seu primeiro título de Liga, algo impensable unha década antes, gañando o capionato fronte a un Benfica pragado de estrelas. Dende aquela o equipo de Ovar é considerado un dos cinco mellores equipos de baloncesto do país, gañando novamente o título de Liga nas tempadas 2000, 2006, 2007 e 2008.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]