[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Oujé-Bougoumou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOujé-Bougoumou
Vista aérea
Imaxe

Localización
Mapa
 49°55′32″N 74°49′04″O / 49.9256, -74.8178
EstadoCanadá
ProvinciaQuebec
RexiónNord-du-Québec (pt) Traducir
Territorio equivalenteEeyou Istchee (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación797 (2021) Editar o valor en Wikidata (8,12 hab./km²)
Xeografía
Superficie98,188 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLac Opémisca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude372 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1992 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoOujé-Bougoumou Cree Nation (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata

Sitio webouje.ca Editar o valor en Wikidata

Oujé-Bougoumou (en cree : ᐆᒉᐳᑯᒨ ou Ûcêpukumû ) é unha comunidade cree integrada no Gran Consello dos Crees que constitúe unha unha terra reservada cree (terreo de categoría IA) que se localiza no territorio equivalente Eeyou Istchee, na rexión administrativa de Nord-du-Québec, no Quebec. En 2011, a Nación Cree de Oujé-Bougoumou converteuse na última primeira nación en ser recoñecida polo goberno canadense.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A vila cree de Oujé-Bougoumou, literalmente "a nosa terra" coa mesma orixe que Chibougamau, é un asentamento recente que fundaron en 1989 crees da rexión[1].

Demografía

[editar | editar a fonte]

En termos de poboación, Oujé-Bougoumou é a comunidade máis pequena dos cree no norte do Quebec. Os habitantes son principalmente membros da Nación Cree de Oujé-Bougoumou. O censo de 2021 dáballe unha poboación de 797 habitantes[2].

Serie de poboación histórica de Oujé-Bougoumou
Ano20012006201120162021
Poboación553606725747797
Letreiro de benvida á entrada da vila

Segundo o censo de 2016[3] o cree é a lingua materna de 540 habitantes da localidade e a segunda lingua é o inglés con 115 falantes e o francés a terceira con 60. Ademais outras 5 persoas afirman que a súa lingua materna é o francés e unha lingua non oficial. Por coñecemento das dúas linguas oficiais 540 persoas afirman que falan inglés como primeira lingua oficial, un total de 110 falan inglés e francés, 70 só francés e hai 20 persoas que non falan ningunha das dúas linguas oficiais. Son un total de 590 persoas os que afirman que poden falar cree. A maioría da poboación identifícase como indios norteamericanos, con só 70 non nativos. Malia seren 10 persoas as que declaran que teñen algún devanceiro inuit non hai falantes de ningunha lingua inuit.

Relixión

[editar | editar a fonte]

A maioría da poboación de Oujé-Bougoumou é cristiá aínda que seguiron a manter prácticas da relixión tradicional[4] malia unha parte da comunidade manter un cristianismo rigoroso. Non obstante, a comunidade tomou en outubro de 2010 a decisión de prohibir as prácticas espirituais tradicionais, o que provocou tensións internas[5]. A maioría da poboación pertence a igrexa pentecostal, que é a única que conta cun lugar de culto na comunidade[6] e que comezou a evanxelizar os membros desta nación na década de 1980 cando loitaban por formar a súa propia comunidade[7]. Aínda que non contan cun lugar de culto, no censo de 2001 eran 50 persoas as que se identificaban como anglicanas[8] .

A Nación Cree de Oujé-Bougoumou gobérnaa un consello de banda, composto por un xefe, un vicexefe, así como por cinco conselleiros. Dende 2015 o xefe é Curtis Bosum e o vicexefe Lance Cooper.

Vista aérea de Oujé-Bougoumou

A Nación Cree de Oujé-Bougoumou procede, na súa meirande parte, dos cree de Mistissini ao se moveren algunhas familias ao sur do lago Chibougamau ao se establecer en 1926 alí un posto comercial ao inicio do século XX, no que constituía o primeiro contacto entre europeos e nativos da zona[9], que se moveu á península Gouin en 1929 onde foron tamén as familias cree, e que seguiu a atraer máis cree ata o seu peche en 1942. Na rexión instálanse diversas compañías mineiras e na rexión instaláronse campamentos, vilas e cidades de maioría non nativa e as compañías mineiras fixeron todo o posible por facerse co seu territorio tradicional, ao longo de cincuenta anos forzáronos a se recolocar setes veces[10], primeiro volveron temporalmente a Mistissini pero acabaron por marchar a diversos lugares próximos a Chibougamau. En 1952 agrupáronse na Pointe Marécageuse e en 1962 na baía Cachée, intentaron lograr o recoñecemento como terra reservada polo goberno federal pero este obrigrounos en 1970 volver a Mistissini e destruíu as súas casas, uns poucos marcharon a Mistissini pero a maioría esparexeuse en pequenos campamentos en Chibougamau e Chapais e seguiron a loitar para lograren o recoñecemento do goberno federal á súa nación e dun lugar propio onde se aveciñar, e así no verán de 1989 a comunidade Oujé-Bougoumou declarou xurisdición sobre o seu territorio, bloqueou o acceso á aldea onde vivían entón e estableceron a súa propia xustiza e en setembro de 1989 logrouse un acordo co goberno do Quebec para a construír unha vila propia permanente e o recoñecemento de xurisdición local para o pobo cree Oujé-Bougoumou[10]. O goberno federal asinou un acordo en 1992 para axudar a financiar a construción da comunidade de forma permanente, á beira do lago Opémiska. O núcleo urbano deseñouno o arquitecto métis Douglas Cardinal, coñecido, entre outras obras, polo edificio do Museo Canadense da Historia en Gatineau [11].

O departamento de Asuntos Indíxenas e do Norte do Canadá recoñeceu en 2011 a Nación Cree de Oujé-Boufoumou e o 15 de maio de 2014, o asentamento amerindio onde se atopa a localidade convértese en terra reservada cree (terras de categoría IA) rexidas polo Acordo da Baía de James e o Norte do Quebec [12]. A diferenza das outras nacións crees de Nord-du-Québec, a nación Oujé-Bougoumou non se beneficia de terras da categoría IB baixo xurisdición provincial.

Desenvolvemento sostible

[editar | editar a fonte]
Instituto Cultural Cree Aanischaaukamikw

Á vila de Oujé-Bougoumou premiouna a UNESCO pola súa construción segundo varios criterios de desenvolvemento sostible, así como pola súa arquitectura tradicional. Dende a comunidade puxéronse en marcha varios principios tecnolóxicos e urbanísticos de vangarda como un sistema de calefacción central totalmente automatizado formado por dous depósitos de ebulición quentados con leña e aceite que conectan todos os edificios. As cubas de ebulición abastécense de residuos forestais procedentes dun serradoiro próximo [13] .

Educación e cultura

[editar | editar a fonte]

O Consello Escolar Cree administra a escola Waapihtiiwewan (ᐧᐋᐸᐦᑏᐧᐁᐧᐊᓐ ᒋᔅᑯᑕᒫᒉᐅᑲᒥᒄ) que se inaugurou o 21 de setembro de 1993. Deseñouna Douglas Cardinal e desenvolve un currículum en cree, en inglés e francés. En 2020 contaba con 152 alumnos.[14]

O Instituto Cultural Cree Aanischaaukamikw[15] abriu as súas portas o 15 de novembro de 2011 logo de dez anos de planificación e construción. Aanischaaukamikw equivale a edificio dos devanceiros. É unha institución cultural que se creou en cooperación coas outras comunidades crees do norte do Quebecw. Funcina como museo, cunha colección principal de obxectos históricos cree, como biblioteca, como centro de ensino e cultural e como centro de documentación e investigación.

  1. Toponymie : Oujé-Bougoumou
  2. "Census Profile, 2021 Oujé-Bougoumou". 
  3. "Oujé-Bougoumou, Indian Settlement [Census subdivision], Quebec and Ontario [Province]". Statistics Canada. 
  4. "Christian Crees Tear Down Sweat Lodge". Indian Country Today. 8 de febreiro de 2011. 
  5. "Back to Middle Ages: Banning Traditional Spirituality". Indian Country Today. 10 de xaneiro de 2011. 
  6. "Dismantled sweat lodge exposes rift in Christian, traditional teaching". The Globe and Mail. 17 de xuño de 2011. 
  7. "In search of promised lands". Canadan Geographic. 19 de marzo de 2020. 
  8. "2001 Community Profiles. Oujé-Bougoumou". Stadistique Canada. 
  9. Bosum, Abel (2011). "Community Dispersal and Organization: The Case of Oujé-Bougoumou". En Colin Scott. Aboriginal Autonomy and Development in Northern Quebec and Labrador. UBC Press. p. 277. 
  10. 10,0 10,1 Fosket, Jennifer e Mamo, Laura (2009). Living Green: Communities that Sustain. New Society Publishers. p. 30. 
  11. Béreau, Stéphanie (2011). "Un difficile dialogue à trois : le cas des Cris d’Oujé-Bougoumou (1962-1992)". Les Inuit et les Cris du Nord du Québec: Territoire, gouvernance, société et culture. Presses de l'Université du Québec. p. 105. 
  12. Modifications aux municipalités (PDF). Novembro de 2016. p. 3. ISSN 1715-6408. 
  13. lafabriqueculturelle.tv|título=Oujé-Bougoumou. Reflet parfait de l'architecture crie
  14. "Waapihtiiwewan School". eeyeoueducation.ca. 
  15. "Aanischaaukamikw". Creeculturalinstitute.ca.