[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Out of Time (canción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Out of Time»
sinxelo de Blur
do álbum Think Tank
Lanzamento 14 de abril de 2002
Formato
Gravada 2002
Xénero musical
Lingua(s)
Duración 3:51
Discográfica Parlophone
Produtor(es) Blur, Ben Hillier
Escritor(es) Damon Albarn, Alex James, Dave Rowntree
Cronoloxía
«Music Is My Radar» «Out of Time» «Crazy Beat»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Out of Time" é unha canción de Blur publicada o 14 de abril de 2002 como sinxelo principal do seu sétimo álbum Think Tank. O tema é unha canción dominada polo baixo, con pouca batería e guitarra acústica, acompañada por florituras orquestrais orientais. Os débiles ruídos de gárgaras da intro foron sacados dunha escena de Doutor Who. O tema acadou o número 5 na lista británica de sinxelos.[1] "Out of Time" foi o primeiro lanzamento de Blur en tres anos e tamén o primeiro sen o guitarrista Graham Coxon.

En outubro de 2011, NME situouna no número 73 da súa lista das "150 mellores cancións duns últimos 15 anos" e no 8 da lista "Mellores cancións da década".[2] Posteriormente clasificouna no número 499 da súa lista das "500 mellores cancións de todos os tempos".[3]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Out of Time"
  2. "Money Makes Me Crazy" (marrakech mix)
  1. "Out of Time" (vídeo)
  2. "Money Makes Me Crazy" (marrakech mix)
  3. "Tune 2"
  • CD no Xapón[4]
  1. "Out of Time"
  2. "Money Makes Me Crazy" (marrakech mix)
  3. "Tune 2"
  4. "Don't Be"
  5. "The Outsider"
  6. "Out of Time" (vídeo)
  7. "Crazy Beat" (vídeo)
  1. "Blur - full Official Chart History". www.officialcharts.com. Consultado o 2021-12-13. 
  2. "150 Best Tracks Of The Past 15 Years". NME (en inglés). 2011-10-06. Consultado o 2021-12-13. 
  3. "Rocklist.net....NME The 500 Greatest Songs Of All Time.. 2014". www.rocklistmusic.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2023. Consultado o 2021-12-13. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Blur - Out Of Time - single info and formats". www.vblurpage.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2012. Consultado o 2021-12-13.