[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Otger Cataló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOtger Cataló

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Outros nomesPare de la Pàtria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro Editar o valor en Wikidata
CelebraciónMitoloxía catalá Editar o valor en Wikidata

Otger Cataló (ou Catalon), ou pai da Patria, é un personaxe lendario que segundo a tradición conquistou Cataluña aos sarracenos xunto cos Nove Baróns da Fama. Segundo algunhas lendas, o nome de Cataluña derivaría do seu apelido. En calquera caso, as referencias escritas máis antigas a este personaxe que sobreviviron en catalán son do século XV, moito máis tarde do período en que se supón que viviu (século VIII), e debe boa parte do aspecto e promoción da súa memoria á ideoloxía catalanista cultivada na obra dos autores da Renaixença catalá, especialmente Víctor Balaguer, Antoni Ferrer i Codina e Jacint Verdaguer.

No ano 2012 inaugurouse en Gombrèn o centro de interpretación do Ano 0 de Montgrony, onde se conta a lenda.[1][2]

No ano 2017 estreouse o filme Pàtria, que narra a historia de Otger Cataló e os Nove Baróns da Fama.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]