Os Mutantes
Os Mutantes | |
---|---|
Zélia Duncan e Sérgio Dias ao vivo | |
Orixe | São Paulo, Brasil |
Período | 1966 - 1978 2006 - presente |
Xénero(s) | rock psicodélico, rock progresivo, tropicalismo, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Polydor/Universal, Som Livre, Sony BMG (Brasil) Omplatten, Luaka Bop, ANTI- EEUU) |
Membros | Sérgio Dias Dinho Leme Bia Mendes Fabio Recco Vinicius Junqueira Henrique Peters Vitor Trida |
Antigos membros | Arnaldo Baptista Zélia Duncan Rita Lee Arnolpho Lima Filho Manito Rui Motta Túlio Mourão Antônio Pedro Luciano Alvez Paulo de Castro Fernando Gama |
Na rede | |
http://mutantes.com/ | |
Os Mutantes é unha banda brasileira de rock psicodélico formada durante o Tropicalismo no ano 1966, en São Paulo, por Arnaldo Baptista (baixo, teclado, voces), Rita Lee (voces) e Sérgio Dias (guitarra, baixo, vocs). Tamén participaron do grupo Liminha (baixista) e Dinho Leme (batería).
A banda é considerada un dos principais grupos do rock brasileiro. Alén do innovador uso de feedback, distorsión e trucos de estudio de todos os tipos, Os Mutantes foron os pioneiros na mestura do rock and roll con elementos musicais e temáticos brasileiros. Outra característica do grupo era a irreverencia. Se antes dos Mutantes, o xénero no Brasil era basicamente imitativo, a partir do pioneirismo de Arnaldo, Sérgio e Rita, abriuse o camiño do hibridismo.
Os Mutantes iniciou as súas actividades en 1966 como un trío, cando se presentaron nun programa de TV Record, e separouse en 1978, quedando só Sérgio Dias como integrante orixinal. Ao longo destes doce anos, gravaron nove álbums (dous deles editados na décadas dos 90). Nesa década a banda foi recoñecida no escenario do rock nacional e internacional pola súa importancia como un dos grupos máis creativos, dinámicos, radicais e talentosos da era psicodélica e da historia da música brasileira e mundial.
A banda reuniuse no ano 2006 para a realización dunha xira, e no ano 2010 realizou un concerto en Vigo no festival Vigo Transforma.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Os Mutantes - 1968 (Polydor)
- Mutantes - 1969 (Polydor)
- A Divina Comédia ou Ando Meio Desligado - 1970 (Polydor)
- Jardim Elétrico - 1971 (Polydor)
- Mutantes e Seus Cometas no País do Baurets - 1972 (Polydor)
- Tudo Foi Feito Pelo Sol - 1974 (Som Livre)
- O A e o Z(1992; gravado en 1973)
- Tecnicolor (2000; gravado en 1970)
- Haih or Amortecedor (2009)
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]EP
[editar | editar a fonte]- A Voz do Morto/Baby/Marcianita/Saudosismo (1968; con Caetano Veloso)
- Fuga nº II/Adeus, Maria Fulô/Dois Mil e Um/Bat Macumba (1969)
- Hey Boy/Desculpe Babe/Ando Meio Desligado/Preciso Urgentemente Encontrar Um Amigo (1970)
- Cavaleiros Negros/Tudo Bem/Balada do Amigo (1976)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en portugués)