[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Oxíxeno líquido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Osíxeno líquido»)
Oxíxeno líquido nun matraz.
Cando oxíxeno líquido desborda dun matraz sobre un imán intenso o oxíxeno queda suspendido momentaneamente entre os polos magnéticos debido ao seu paramagnetismo.

O oxíxeno ou osíxeno líquido, abreviado a miúdo como LOX, LOx ou Lox, é a forma líquida do oxíxeno molecular. Foi usado como oxidante no primeiro foguete propulsado por propelente líquido en 1926, inventado por Robert H. Goddard[1].

Propiedades físicas

[editar | editar a fonte]

O oxíxeno líquido ten unha cor azul clara e é moi paramagnético: pode quedar suspendido entre os polos dun imán o suficientemente intenso[2]. O oxíxeno líquido ten unha densidade de 1,141 kg/l, un pouco máis denso que a auga, e é crioxénico, cun punto de conxelación de 54,36 K (-182,96 °C) a unha presión de 1 bar. Ten unha taxa de expansión de 1:861 baixo unha presión de 1 atmosfera e 20 °C[3][4], polo que se usa nalgunhas aeronaves comerciais e militares como fonte transportable de oxíxeno respirable.

Dada a súa natureza crioxénica, o oxíxeno líquido pode debilitar os materias que toca. Tamén é un axente moi oxidante: a materia orgánica arde rápida e enerxeticamente en oxíxeno líquido. Ademais, materiais como o carbón, completamente submerxidos en LOX, poden detonar de maneira impredecible.[5]

Comercialmente o oxíxeno líquido clasifícase como un gas industrial e úsase en multitude de aplicacións industriais e médicas. Obtense do oxíxeno que se atopa no aire mediante destilación fraccionada en plantas de separación crioxénica de aire.

Propelente para foguetes

[editar | editar a fonte]

O oxíxeno líquido é o oxidante líquido crioxénico máis común para uso en foguetes espaciais, usado normalmente en combinación con hidróxeno líquido, queroseno ou metano.[6]

O oxíxeno líquido foi usado no primeiro foguete propulsado por propelentes líquidos, así como nos mísiles V-2 alemás usados na segunda guerra mundial. Nos anos 1950, durante a Guerra fría tanto os Estados Unidos como a Unión Soviética usárono nos seus foguetes Atlas, Redstone e R-7. Posteriormente, nos anos 1960 e 1970, seguiuse usando nos foguetes Saturno V do programa Apollo e nos transbordadores espaciais, ata hoxe en día.

  1. "First liquid-fueled rocket". HISTORY (en inglés). Consultado o 2019-03-16. 
  2. Moore, John W.; Stanitski, Conrad L.; Jurs, Peter C. (21 de xaneiro de 2009). Principles of Chemistry: The Molecular Science. Cengage Learning. pp. 297–. ISBN 978-0-495-39079-4. Consultado o 3 de abril de 2011. 
  3. Cryogenic Safety. chemistry.ohio-state.edu.
  4. Characteristics. Arquivado 2012-02-18 en Wayback Machine.. Lindecanada.com. Consultado o 22 de xullo de 2012.
  5. "Liquid Oxygen Receipt, Handling, Storage and Disposal". USAF Training Film. 
  6. Belluscio, Alejandro G. (7 de marzo de 2014). "SpaceX advances drive for Mars rocket via Raptor power". NASAspaceflight.com. Consultado o 13 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]