[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Oriana Fallaci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOriana Fallaci

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1929 Editar o valor en Wikidata
Florencia (Italia) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Florencia (Italia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimitero Evangelico agli Allori (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia
Liceo classico statale Galileo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalista Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncorrespondente de guerra, xornalista, escritora, política, guerrilleiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartito d'Azione (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaAlexandros Panagoulis Editar o valor en Wikidata
IrmánsNeera Fallaci
Paola Fallaci Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0266324 BNE: XX1721449 Find a Grave: 15748883 Editar o valor en Wikidata

Oriana Fallaci, nada en Florencia o 29 de xuño de 1929 e finada na mesma cidade o 15 de setembro de 2006, foi unha escritora e xornalista italiana. Como periodista obtivo un gran prestixio internacional, en especial grazas ás súas entrevistas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa infancia transcorreu na Italia fascista de Mussolini. O seu pai era un activo antifascista, que sen dúbida influíu nas ideas dunha novísima Fallaci que, aínda adolescente, foi partisana durante a segunda guerra mundial, uníndose á resistencia armada contra a ocupación nazi na súa Toscana natal. Nada nunha familia sinxela, estudou Medicina na Universidade de Florencia a base de bolsas de estudo, pero nunca rematou a carreira, e pouco despois, iniciou unha extensa traxectoria como xornalista. Como correspondente de guerra seguiu tódolos conflitos do noso tempo, desde Vietnam a Oriente Medio, desde India-Paquistán a Latinoamérica, e logrou entrevistar a numerosos líderes e celebridades do século XX como Henry Kissinger, o Sha de Persia, o aiatolá Ruhollah Khomeini, Willy Brandt, Zulfikar Ali Bhutto, Walter Cronkite, Muammar al-Gaddafi, Federico Fellini, Sammy Davis Jr, Nguyễn Cao Kỳ, Yaser Arafat, Indira Gāndhi, Alexandros Panagoulis, Golda Meir, Haile Selassie, Mao Tse Tung, John e Robert F. Kennedy, e Sean Connery.

Sempre desde posicións liberais e laicas, o seu estilo literario é apaixonado, controvertido e polemista. Tocou todo tipo de xéneros, desde a opinión, ás reportaxes ou a entrevista. Os seus libros véndense por millóns e foron traducidos en máis de trinta países. Recibiu numerosos galardóns e recoñecementos, entre os que destaca o doutoramento do Columbia College de Chicago. Retirada a principios dos anos noventa a causa dunha grave enfermidade, decidiu volver a escribir tralo 11 de setembro de 2001, do que foi testemuña inmediata como cidadá de Nova York. Desde que rompeu o seu silencio con A rabia e o orgullo, dedicou as súas obras «a defender a civilización occidental, non fronte á musulmá, senón fronte ó fundamentalismo islámico». En opinión da escritora, existe un alarmante proceso de islamización de Occidente, ó que denomina Eurabia, proceso que, desde o seu punto de vista, contou coa complicidade da esquerda europea. Esas polémicas teses trouxéronlle problemas (incluídos procesos xudiciais por «difamación contra o Islam») e campañas na súa contra, aínda que conta tamén con numerosos defensores.

Tumba de Oriana Fallaci no cemiterio Evangelico Agli Allori.

Os derradeiros anos da súa vida viviu en Nova York, onde mantivo unha longa loita contra un cancro de mama ó que elevou a categoría literaria e ó que denominaba "O Outro" nas súas últimas obras. Ante o agravamento da enfermidade regresou a Italia, onde finou nun hospital da súa Florencia natal o 15 de setembro de 2006.

  • I sette peccati di Hollywood (Sete pecados capitais de Hollywood, 1956)
  • Il sesso inutile, viaggio intorno alla donna (O sexo inútil, 1961)
  • Penelope alla guerra (Penélope na guerra, 1962)
  • Niente e così sia (1969)
  • Intervista con la storia (Entrevistas coa historia, 1974)
  • Lettera a un bambino mai nato (Carta a un neno que nunca naceu, 1975). Nela aborda a non maternidade.[1]
  • Un uomo (Un home, 1979).
  • Insciallah (1990)
  • La rabbia e l'orgoglio (A rabia e o orgullo, 2001).
  • La forza della ragione (A forza da razón, 2004). Apunta a tese de Eurabia e acusa a esquerda europea de ser "antioccidental". É unha secuela de A rabia e o orgullo.
  • Oriana Fallaci intervista sè stessa - L'Apocalisse (Oriana Fallaci entrevístase a si mesma - A Apocalipse, 2005). Houbo unha primeira edición en 2004, que non incluía o longo epílogo «A Apocalipse», co título Oriana Fallaci intervista Oriana Fallaci.
  1. Morán, Cláudia. "Nunca nais". Nós Diario. Consultado o 2021-09-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]