[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ordoño Vermúdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrdoño Vermúdez
Nome orixinal(gl) Ordonho Bermudes Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor en Wikidata
Morte1042 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFronilde Peláez Editar o valor en Wikidata
FillosXimena Ordóñez, Sancho Ordóñez Editar o valor en Wikidata
PaiVermudo II Editar o valor en Wikidata
IrmánsAfonso V o Nobre
Cristina Vermúdez Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Bermúdez_de_León-1


Ordoño Vermúdez (fl. 10011042) foi un dos fillos que tivo fóra do matrimonio o rei Vermudo II. Aínda que non se coñece o nome da súa nai, probablemente foi membro da nobreza galega como suxire un documento do mosteiro de Samos, onde os seus descendentes e os da familia Vela-Ovéquiz compartían unha herdanza común baseada nunha liña consaguinitatis (liñaxe).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro relevante da curia regis ata polo menos 1032, Ordoño aparece por primeira vez na documentación medieval en 1001 cando actuou como testemuña nun litixio xudicial entre os condes Rodrigo Romániz e Ximena Ximénez. Comezou a confirmar cartas reais en 1024 como mordomo maior do seu irmán, o rei Afonso V. Trala morte do rei en Viseu en 1028, Ordoño aparece en 1029 exercendo a mesma función na corte do seu sobriño, o rei Vermudo III.[1]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Ordoño casou con Fronilde Páez, filla do conde rebelde Paio Rodríguez e con Gotina Fernández de Cea, filla de Fernando Vermúdez de Cea.[1] Este matrimonio deu lugar á estirpe dos Ordóñez, unha das máis importantes da Galiza medieval. No ano 1042, Ordoño e Fronilde fixeron unha doazón ao mosteiro de Santa María Virxe en León, acompañados dos nenos que aínda vivían nesa data que confirmaron a carta como: Ueremundo Ordoniz, Sanctio Ordoniz et Fredenando Ordoniz et Xemena Ordoniz. Os sete fillos que naceron deste matrimonio foron:[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII. Junta de Castilla y León, Consejería de educación y cultura. ISBN 84-7846-781-5. 
  2. Salazar y Acha, Jaime de (1989). "Los descendientes del conde Ero Fernández, fundador del Monasterio de Santa María de Ferreira de Pallares". El Museo de Pontevedra. ISSN 0210-7791.