[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Olivia Colman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlivia Colman

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sarah Caroline Colman Editar o valor en Wikidata
30 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Norwich, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSouth London (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHomerton College (en) Traducir
Escola Gresham (pt) Traducir
Bristol Old Vic Theatre School (en) Traducir
Norwich High School for Girls (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, actriz de teatro, humorista, filántropa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
PaisKeith Colman Editar o valor en Wikidata  e Mary Leakey Colman Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1469236 Allocine: 144248 Rottentomatoes: celebrity/olivia_colman Allmovie: p441585 TV.com: people/olivia-colman
BNE: XX5250512 Musicbrainz: 3ee7218b-23cb-4ef6-b3c2-e55dcfb2c089 Discogs: 665899 WikiTree: Colman-377 Editar o valor en Wikidata

Sarah Caroline Olivia Colman, nada en Norwich o 30 de xaneiro de 1974,[1][2] é unha actriz inglesa, gañadora dun Oscar, catro premios da BAFTA, catro British Independent Film Awards e dous premios Globo de Ouro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduada Bristol Old Vic Theatre School, Colman acadou a popularidade polo seu traballo na televisión. Destacou como Sophie Chapman na serie de televisión Peep Show (2003–2015). Outros papeis cómicos en televisión inclúen Green Wing (2004–2006), Beautiful People (2008–2009), Rev. (2010–2014), Twenty Twelve (2011–2012) e Fleabag (2016). Tamén interpretou varios papeis en That Mitchell and Webb Look (2006–2008), xunto cos seus compañeiros de Peep Show David Mitchell e Robert Webb.

No cinema, Colman recibiu boas críticas pola súa interpretación no drama de Paddy Considine Tyrannosaur (2011).[3] Os outros grandes papeis inclúen Doris Thatcher en Hot Fuzz (2007), Carol Thatcher en The Iron Lady (2011), a raíña Isabel en Hyde Park on Hudson (2012), Bethan Maguire en Locke (2013), Margaret Lea en The Thirteenth Tale (2013) e a directora de hotel de The Lobster, de Yorgos Lanthimos (2015). A súa interpretación de Ana de Gran Bretaña en The Favourite (2018) valeulle múltiples premios, incluíndo o Oscar á mellor actriz.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
2004 Terkel in Trouble Terkel's Mother Voz; dobraxe en inglés
2005 Zemanovaload TV Producer
One Day Ian's Mother Curtametraxe
2006 Confetti Joanna Roberts
2007 Hot Fuzz PC Doris Thatcher
Grow Your Own Alice
I Could Never Be Your Woman Hairdresser
Dog Altogether Anita Curtametraxe
2009 Le Donk & Scor-zay-zee Olivia
2011 Tyrannosaur Hannah
Arrietty Homily Voz; dobraxe británica
The Iron Lady Carol Thatcher
2012 Hyde Park on Hudson Raíña Isabel
2013 I Give It a Year Linda
Locke Bethan Maguire Voz
2014 Cuban Fury Sam Garrett
Pudsey the Dog: The Movie Nelly the Horse Voz
Thomas & Friends: Tale of the Brave Marion Voz; dobraxe en inglés
The Karman Line Sarah
2015 The Lobster Directora de hotel
Thomas & Friends: Sodor's Legend of the Lost Treasure Marion Voz; dobraxe en inglés
London Road Julie
2017 Asasinato no Orient Express Hildegarde Schmidt
2018 The Favourite Raíña Ana
The British Airways Safety Video Ela mesma
2019 Them That Follow Hope