[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Olinda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOlinda
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°00′32″S 34°51′18″O / -8.0089, -34.855
EstadoBrasil
Unidades da federaciónPernambuco Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación349.976 (2022) Editar o valor en Wikidata (8.396,54 hab./km²)
Xeografía
Superficie41,681 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude16 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorDuarte Coelho Editar o valor en Wikidata
Creación12 de marzo de 1535 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativocâmara municipal de Olinda (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 17) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal53100-xxx Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico081 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil2609600 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webolinda.pe.gov.br Editar o valor en Wikidata

Olinda é unha cidade do estado brasileiro de Pernambuco. A súa poboación estimada o 2007 era 391 433 habitantes. A súa superficie total é 40,83 km².

O nome da cidade de Olinda, segundo se cre, derivou da frase Ó linda localización para construír unha cidade, por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano 1535 por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sede da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sede para a cidade do Recife. Cando os holandeses foron expulsados o 1654, volveu ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de Pernambuco novamente para Recife.

Olinda. Ao fondo, Recife.
Olinda.

Olinda fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 7 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co océano Atlántico.

Destacase pola súa beleza natural, e tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do Brasil, conservando casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola UNESCO.

O seu Carnaval tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior. Diferente do sur do Brasil onde predomina o samba, os bailes carnavalescos son animados polo ritmo acelerado e a danza do frevo, co seus pasos acrobáticos. Hai tamén o desfile dos maracatus, manifestación folclórica que mestura elementos africanos, indíxenas e europeos na danza, na percusión e nas vestimentas dos participantes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]