[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Obra de arte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O David de Miguel Anxo, unha escultura de mármore branco realizada entre 1501 e 1504.

Na arte, unha obra de arte (ou peza artística ou obra) é unha creación, tal como unha composición musical, un libro, unha película, un gravado, unha escultura ou unha pintura, que foi feita coa finalidade de ou ben ser un obxecto de beleza en si mesmo ou ben unha expresión simbólica ou ben a representación dun concepto determinado. O oposto é un obxecto práctico ou útil, aínda que ben pode acontecer que un obxecto sexa varias cousas ao mesmo tempo.

A partir do modernismo, o eido da arte espallouse incluíndo á fotografía, á cinematografía, a arte de performance (ou execución), a arte conceptual, e a arte en vídeo. Na arte contemporánea son habituais as denominadas instalacións artísticas e outras manifestacións artísticas de difícil catalogación entre os xéneros artísticos clásicos.

Que é o que se considera unha obra de arte difire entre as distintas culturas e eras, como tamén difire o significado mesmo do vocábulo "arte". Por exemplo ata a década de 1970, os críticos de arte e o público en xeral tendían a excluír as artes aplicadas do que se consideraban obxectos de arte.

Para establecer se unha obra é unha obra de arte, adóitase apelar aos conceptos de mérito artístico e mérito literario.

Unha obra de arte tamén pode ser chamada obxecto de arte, que significa que algo que se percibe posúe un mérito artístico.

Entre os artistas e científicos durante o Renacemento, a crenza prevalente establecía que o estudo da forma humana era en si mesmo o estudo de Deus, estando considerada a escultura do home como o traballo máis elevado.

A obra é o conxunto de todos os traballos dun artista, ou unha peza individual. O termo francés œuvre posúe as súas raíces no latín opus (“un traballo”).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]