[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

ORS 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ORS 3 / ERS 17
TipoTecnolóxico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento20 de xullo de 1965[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas-Agena D[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónDesenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2]
Decaemento1 de xullo de 1968[1]
NSSDC ID1965-058C
Masa5,5 kg[2][6][7]

ORS 3 (Octahedron Research Satellite 3 ou Octahedral Research Satellite 3), tamén denominado ERS 17, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 20 de xullo de 1965 mediante un foguete Atlas-Agena D desde Cabo Cañaveral.[2][5][8]

Características

[editar | editar a fonte]

ORS 3 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. ORS 3 foi lanzado xunto cos satélites Vela 5 e Vela 6 e levaba a bordo cinco detectores de radiación para medir partículas cargadas, raios X, raios gamma e raios cósmicos no contorno próximo á Terra. O satélite estabilizábase mediante xiro (6 r.p.m.) e devolveu datos ata o 3 de novembro de 1965, en que o transmisor deixou de funcionar. ORS 3 foi inxectado nunha órbita inicial de 112.694 km de apoxeo e 153 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 34,39 graos e un período de 2610,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 1 de xullo de 1968.[1][2][3][6][7][8]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Os detectores de raios X consistían en tres tubos Geiger tipo EON 6213 e montados ó longo de tres eixos mutuamente perpendiculares. Os datos obtíñanse durante 4,5 segundos en intervalos de 72 segundos e eran capaces de detectar fotóns de raios X con lonxitudes de onda entre 1 e 14 ángstroms. Deixaron de funcionar o 15 de setembro de 1965.[8]

Para detectar raios gamma usaba un centeleador omnidireccional sensible fotóns con enerxías de entre 30 keV e 10 MeV, repartidos en cinco canais de enerxía. Os datos obtíñanse durante 4,5 segundos en intervalos de 72 segundos. Debido ao fallo do escudo de rexeitamento de partículas cargadas e á saturación do amplificador o 5 de agosto de 1965, os datos obtidos por este instrumento foron difíciles de interpretar.[8]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 17" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 17" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 28 September 1965 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (65-24001). 8 de outubro de 1965: 2. Consultado o 7 de abril de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "ERS 17 / ORS 3" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ORS Mk.3 (ERS)" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 NASA, ed. (26 de xuño de 2003). "ORS 3" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]