Organización de Países Exportadores de Petróleo
OPEC (en) OPEP (fr) OPEP (es) OPEP (ast) OPEP (ca) OPEP (oc) OPEP (pt) OPEP (gl) OPEP (pms) ОПЕК (ru) ОПЕК (uk) АПЕК (be) OPEK (sr-latn) ОПЕК (sr-cyrl) OPEL (eo) אפעק (yi) اوپیک (ur) أوبك (ar) ОПЕК (rue) 油组 (zh-hans) 油組 (zh-hant) ОПЕК (mn) ОПЕК (ky) ОПЕК (krc) МЭЕҰ (kk-cyrl) MÉEU (kk-latn) مەيەۇ (kk-arab) ოპეკი (ka) ΟΠΕΚ (el) ОПЕК (ba) OPUL (af) ኦፔክ (am) OPEP (an) ONEP (io) ՆԱԵԿ (hy) אופ״ק (he) ETOP (ga) اُپِک (fa) ओपेक (hi) LPEE (eu) 欧佩克 (zh-hans) 歐佩克 (zh-hant) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Creación | 14 de setembro de 1960 | ||||
Sitio web | opec.org | ||||
A Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) é unha organización económica internacional, con sede en Viena. Foi creada como resposta á baixada do prezo oficial do petróleo acordada unilateralmente polas grandes compañías distribuidoras en agosto de 1960 (que eran estranxeiras). Os seus fins son: a unificación e coordinación das políticas petroleiras dos países membros, coa defensa dos seus intereses como nacións produtoras. A OPEP é o exemplo máis coñecido de cartel: o seu obxectivo é unificar a política petrolífera dos países membros, centralizando a administración da actividade, o que inclúe un control de prezos e do volume de produción, estabelecendo presións no mercado.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada en Bagdad, nunha conferencia entre o 10 e o 14 de setembro de 1960 coa iniciativa do Goberno de Venezuela e entón ministro de Enerxía e Minas venezolano Juan Pablo Pérez Alfonzo e o ministro de Petróleo e Recursos Minerais de Arabia Saudita, Abdullah al-Tariki. Alfonzo sinalou que era necesario un "instrumento de defensa dos prezos para evitar o malgasto económico do petróleo que se esgota sen posibilidade de renovarse".[1]
A OPEP "pode ter unha grande influencia no mercado de petróleo, especialmente se decide reducir ou aumentar o seu nivel de produción".[2] A OPEP controla aproximadamente o 43% da produción mundial de petróleo e o 75% das reservas de petróleo. O seu dominio nas exportacións de cru sitúase en ao redor do 51%. Ademais, concentra a totalidade da capacidade excedentaria de produción de petróleo do mundo, o que, de facto, converte á OPEP no banco central do mercado petroleiro.
A cota de mercado da organización aumentará no futuro, xa que a Axencia Internacional da Enerxía prevé que a produción de petróleo convencional dos países que non forman parte da OPEP alcanzará o seu máximo ao redor de 2015.
A OPEP é unha organización recoñecida desde o 6 de novembro de 1962 pola Organización das Nacións Unidas (ONU), grazas á resolución da ONU número 6363. A OPEP tivo a súa sede en Xenebra (Suíza) entre 1960 e 1965, e despois trasladou a súa sede a Viena, grazas ás facilidades que outorgou o goberno austríaco.
Os estatutos da OPEP din que o seu obxectivo é coordinar e unificar as políticas petroleiras entre os países membros, "co fin de garantir uns prezos xustos e estables para os produtores de petróleo, o abastecemento eficiente, económico e regular de petróleo aos países consumidores e un rendemento xusto do capital dos investidores".
Os países membros lograron un significativo aumento do prezo do petróleo, sobre todo nos anos 1973, 1974 e 1979, e unha maior participación e control sobre a explotación realizada nos seus territorios.
Os países da OPEP contan cunha poboación de ao redor de 560 millóns de habitantes.
A composición
[editar | editar a fonte]A OPEP está integrada por cinco países fundadores (Arabia Saudita, Iraq, Irán, Kuwait e Venezuela). Posteriormente, a organización ampliouse con sete membros máis:
- Alxeria (Xullo de 2007)
- Angola (Xaneiro de 2007)
- Ecuador (entre 1973 a 1993, e novamente a partir de novembro de 2007)
- Nixeria (Xullo de 1971)
- Emiratos Árabes Unidos (Novembro de 1967)
- Libia (Decembro de 1962)
- Qatar (Decembro de 1961)
- Ex-membros
A principios de 2007 o goberno de Ecuador anunciou a posibilidade de regresar á organización,[3] feito que se materializou finalmente en novembro dese mesmo ano.
A OPEP viviu a súa primeira ampliación en 30 anos en xaneiro de 2007 cando Angola converteuse de forma oficial no duodécimo socio do grupo, tras pedir o seu ingreso na reunión da OPEP en Abuja (Nixeria) de decembro de 2006 e sondar ao grupo na reunión de Caracas (Venezuela) dese mesmo ano.
Outros países produtores de petróleo, aínda que non son integrantes da OPEP, como Sudán, México, Noruega, Rusia, Casaquistán, Omán e Exipto, participan regularmente como observadores nas reunións ordinarias do grupo.
Cotas de produción
[editar | editar a fonte]A OPEP inflúe actualmente sobre o prezo do petróleo aumentado ou reducindo a súa produción de petróleo. Desde 1987, fixa unha cota de produción para cada un dos seus socios; a suma de todas elas é a cota de produción do grupo. Arabia Saudita é o membro do grupo cunha maior cota de produción, mentres que Qatar ten a máis pequena.
Historia
[editar | editar a fonte]Estes foron os anos de formación da OPEP, nos que a organización -que iniciou a súa existencia con cinco países produtores de petróleo en vías de desenvolvemento- trataba de reafirmar os dereitos dos países membros nun mercado de petróleo internacional dominado polo grupo das compañías multinacionais, coñecidas como as "Sete Irmás". As actividades xeralmente foron discretas, xa que a OPEP estaba a establecer os seus obxectivos, creando a Secretaría -que se trasladou de Xenebra a Viena en 1965-, adoptando resolucións e negociando coas empresas. O número de membros incrementouse a dez na década dos 70.
A OPEP adquiriu relevancia internacional durante esta década, a medida que os países membros tomaban o control do sector petroleiro e adquirían voz e voto á hora de fixar os prezos do cru do petróleo no mercado mundial. Nesta década houbo dúas crise no prezo do petróleo, motivadas polo embargo do petróleo árabe en 1973 -e a decisión unilateral da OPEP de triplicar os seus prezos de venda do cru- e polo estalido da revolución iraniana en 1979. As dúas crises agudizáronse polos desequilibrios básicos do mercado. Ambos desembocaron nun acusado incremento dos prezos do petróleo. O primeiro cume de xefes de estado da OPEP celebrouse en Alxer en marzo de 1975. A organización admitiu á súa undécimio e último país membro -Nixeria- en 1971.
Os prezos chegaron aos máximos a principios da década debido á revolución iraniana e o arranque da guerra entre Iraq e Irán, na que ambos os bandos bombardearon os seus xacementos e refinarías. Os elevados prezos tamén fomentaron a exploración, co que a demanda do cru da OPEP baixo. Arabia Saudita, que actuaba como produtor "bisagra", reaccionou recortando a súa produción para manter o prezo alto. O papel de bisagra forzou a Riad a baixar máis e máis a súa extracción, que tocou un mínimo de menos de 2 mb/d en 1985. A finais dese ano, tras múltiples advertencias, Arabia Saudita abandonou a posición de bisagra e elevou a súa produción, o que provocou un esborralle dos prezos en 1986 (producíndose así a terceira crise do prezo do petróleo). Cara ao final da década, os prezos aumentaron, pero sen chegar aos elevados niveis de principios do oitenta. Os asuntos relacionados co medio ambiente comezaron a introducirse na axenda internacional
A década comeza coa invasión iraquí de Kuwait, que dispara o prezo do petróleo por encima dos 30 dólares por barril. O resto de membros da OPEP responden elevando a súa produción.
Desde entón, os prezos permaneceron relativamente estables até 1998. Por entón, a crise asiática, que reduciu substancialmente a demanda, sumada a un incremento de produción da OPEP, provocou o colapso dos prezos. Tras caer a 10 dólares por barril, a chegada dun novo goberno a Caracas mellorou as relacións entre Arabia Saudita e Venezuela.
Hugo Chávez fai resucitar a Organización de países exportadores de petróleo OPEP, cuxos principais fundadores foron xustamente a Arabia Saudita e Venezuela en 1960. Aproveitando das mellores relacións diplomáticas entre o Irán e a Arabia Saudita e contando co apoio de México, Chávez chega a convencer aos seus socios de instaurar un mecanismo para axustar o prezo bruto do cru petróleo. A disciplina que impón á Sociedade Nacional Petróleos de Venezuela SA ( PDVSA ) serve de exemplo e reforza a eficiencia do sistema. En 18 meses o prezo do petróleo é multiplicado por tres, provocando a furia dos automobilistas estadounidenses e europeos en xullo de 2000. Ese mesmo ano, en setembro, o cume mundial da OPEP no seu 40 aniversario reúnese en Caracas e felicita ao Gabinete de goberno de Chávez.
Ese novo entendemento, auspiciado por México, permitiu unha acción colectiva da OPEP para recortar drasticamente a produción. Os prezos volveron a 30 dólares a principios do 2000.
Os recortes de produción que a OPEP acordou a partir de 1999 logran o seu obxectivo e a principios de 2000 o prezo do petróleo supera por primeira vez desde 1986 a barreira psicolóxica de 30 dólares por barril. O grupo fíxase en 2000 un obxectivo de prezos en forma de banda entre 22 e 28 dólares por barril.
A OPEP reacciona aos altos prezos con aumentos da súa produción, pero un forte incremento da demanda, debido á emerxencia da China e da India como grandes consumidores, sumado a problemas de produción (unha folga patronal en Venezuela a partir de decembro de 2002 e a invasión de Iraq en marzo de 2003) provocaron novas subidas dos prezos.
O cru alcanzou practicamente os 80 dólares por barril no verán-inverno de 2006. A mediados de xullo de 2007 o valor sitúase por encima dos 72 dólares por barril. Desde outubro deste ano sitúase por encima dos 90 dólares por barril.
En 2008 o Goberno de Indonesia anuncia que se desliga da Organización,[4] até agora era o único país do sueste asiático, con todo seguirá sendo membro até fins de ano. Deixará aberta a alternativa de regresar á OPEP se logra aumentar a súa produción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.pdvsa.com/index.php?tpl=interface.sp/design/readmenuprinc.tpl.html&newsid_obj_ide=145&newsid_temas=49
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 15 de maio de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 07 de abril de 2010.
- ↑ Indonesia abandona a OPEP
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Organización de Países Exportadores de Petróleo |