[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

O asno de ouro

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Portada dun dos libros das Metamorfoses editada en 1650

O asno de ouro ou Metamorfoses [1] é unha obra de Apuleio do século II, considerada a única novela latina que se conserva na súa totalidade [2].

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
Clásicos en Galego 19:
O asno de ouro.

Apuleio adaptou libremente a historia dun orixinal grego [3], probablemente dunha obra perdida de Lucio de Patras [4] Protagonizada por Lucio, ao final do relato dísenos que é de Madaura, a localidade na que naceu o propio autor; o argumento desenvólvese por medio da curiosidade do protagonista e o seu insaciable desexo de ver e practicar maxia. Con todo, a súa inexperiencia mentres intentaba un conxuro para se converter nun paxaro fixo que se transformase nun asno o que o conduciu a unha longa viaxe, literal e metafórica, con varias historias inseridas, entre as que sobresae a de Psique e Cupido, cun alto valor simbólico e que condensa toda a ensinanza moral da obra.[5] Finalmente o protagonista atopa a salvación mediante a intervención da deusa Isis, uníndose en agradecemento ao seu culto. A obra é escura e difícil de interpretar, mesmo Santo Agostiño quen lle deu o título de O asno de ouro non estaba certo se era unha obra de ficción ou unha biografía.[6]

  1. Existe unha tradución galega parcial, só da historia de Psique e Cupido, leva por título O asno de ouro publicouna Xuntanza Editorial en 1999 con tradución de Manuel Quintáns Suárez, e no interior fai referencia ao outro título Metamorfoses,
  2. Julia Haig Gaisser (2008) The Fortunes of Apuleius and The Golden Ass. A Study in Transmission and Reception. Princeton University Press, páx. XI
  3. Gerald N. Sandy (1997) The Greek World of Apuleius: Apuleius and the Second Sophistic. BRILL, páx. 242
  4. Michele Rank (2011) From word to images: Notes on the reception of Apuleius's work in Marília P. Futre Pinheiro e Stephen J. Harrison (ed) Fictional Traces:: Receptions of the Ancient Novel, vol. 2. Barkhuis, páx. 84
  5. Carlos García Gual (1988) Los orígenes de la novela. Akal, páx. 348
  6. John J. Winkler (1991) Auctor and actor: a narratological reading of Apuleius' Golden Ass University of California Press, páx. 1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]