O afundimento do Titán
O afundimento do Titán | |
---|---|
Título orixinal | Futility, or the Wreck of the Titan |
Autor/a | Morgan Robertson |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Novela de aventuras |
Editorial | Hugin e Munin (en galego) |
Data de pub. | 1898 (en inglés) 2013 (en galego) |
Formato | rústica con lapelas |
Páxinas | 100 |
ISBN | 9788494121135 (en galego) |
Tradución | Alejandro Tobar |
[ editar datos en Wikidata ] |
O afundimento do Titán[1] é unha novela en lingua inglesa do estadounidense Morgan Robertson, publicada en 1898 co título orixinal de Futility, or the Wreck of the Titan. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar,[2] publicada en 2013 pola editorial Hugin e Munin.[1]
Características
[editar | editar a fonte]A historia trata sobre o transatlántico Titán e o seu afundimento, o cal garda moitas similitudes co transatlántico RMS Titanic, que se afundiría catorce anos despois.
A primeira metade do libro introduce o protagonista, John Rowland, un ex-tenente da Mariña Real, que deveu un borracho e caeu aos niveis máis baixos da sociedade. Logo de ser despedido da Mariña, traballa no Titán como vixía. O barco afúndese pouco antes da metade da novela, que de seu ten apenas 100 páxinas. Na segunda metade Rowland salva unha nena ao que salta sobre un iceberg con ela. Despois dunha serie de aventuras, é finalmente rescatado por un buque. E aí comeza unha segunda historia relacionada co pagamento do seguro polo afundimento da embarcación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 O afundimento do Titán. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2013. ISBN 978-84-941211-3-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto orixinal (en inglés)
- Ficha Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na web da Editorial Hugin e Munin.