[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Justus Perthes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJustus Perthes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1749 Editar o valor en Wikidata
Rudolstadt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1816 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Gotha, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio principal de Gotha Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneditor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1880 Editar o valor en Wikidata)
Familia
FillosWilhelm Perthes Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Obálky knih,
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1299744 Find a Grave: 120979859 Editar o valor en Wikidata

Johann Georg Justus Perthes, nado en Rudolstadt (Turinxia) o 11 de setembro de 1749 e finado o 2 de maio de 1816, foi un editor alemán e fundador da casa editorial que mantén o seu nome.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade turinxia de Rudolstadt e era fillos dun médico da corte de Schwarzburg. Desde 1778 traballou como libreiro nas proximidade de Gotha onde, en 1785, fundou a empresa editorial sobre cartografía Justus Perthes Geographische Anstalt Gotha. Máis tarde, en 1814, se lle uniu seu fillo Wilhelm Perthes (1793–1853), quen estivera na casa editorial dun sobriño de Justus, Friedrich Christoph Perthes, en Hamburgo.

Herdeiros

[editar | editar a fonte]

Á morte de Justus en Gotha, Wilhelm fíxose cargo da empresa e sentou as bases da rama xeográfica da empresa pola que é principalmente coñecida, mediante a primeira publicación do Atlas Manual de 1817-1823, posterior ao de Adolf Stieler (1775-1836).[1]

Wilhelm Perthes contou coa colaboración dos xeógrafos alemáns máis eminentes da época, incluíndo a Stieler, como Heinrich Berghaus (1797–1884),[2] Christian Gottlieb Reichard (1758–1837), quen estivo asociado con Stieler na compilación do atlas, Karl Spruner (1803–1892) e Emil von Sydow (1812–1873).[1] O negocio pasou ao seu neto Bernhardt Wilhelm Perthes (1821–1857),[3] quen estivo asociado con August Heinrich Petermann baixo cuxa dirección a coñecida publicación periódica Petermanns Geographische Mitteilungen foi editada por primeira vez en 1855, e Bruno Hassenstein (1839–1902);[1] e na seguinte xeración ao seu fillo Bernhard Perthes (1858–1919), que naceu despois da morte do seu pai Bernhardt Wilhelm.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Desde 1785 a firma tamén editou o Almanaque de Gotha, unha publicación anual de tipo estatístico, histórico e xenealóxico (en alemán e francés) dos distintos países do mundo (publicado por primeira vez por Carl Wilhelm Ettinger, Gotha, en 1763) e que xunto con outras series publicouse até 1944.[4] e en 1866 produciuse o elaborado Geographisches Jahrbuch baixo a dirección de Ernst Behm (1830–1884), a cuxa morte continuou baixo a do profesor Hermann Wagner.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 The Encyclopaedia Britannica, volume 21 1911, p. 261.
  2. "Physikalischer Atlas v. 1. Berghaus, Heinrich (1849)". davidrumsey.com (en inglés). 2000. Consultado o 1 de xullo de 2024. 
  3. Ormeling, F. J. (decembro 1986). Springer Nature, ed. "Tribute to Justus Perthes". GeoJournal (en inglés) 13 (4): 413–416. ISSN 0343-2521. JSTOR 41143746. 
  4. "Almanach de Gotha". perthes.de (en alemán). Consultado o 1 de xullo de 2024. 
  5. The Encyclopaedia Britannica, volume 21 1911, pp. 261-262.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "PERTHES, JOHAN GEORG JUSTUS". The Encyclopaedia Britannica (volume 21: PAYN to POLKA) (en inglés) (11ª ed.). Londres: Cambridge University Press. 1911. pp. 261–262. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]