Juan Antonio Saco y Arce
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1835 O Outeiro, España |
Morte | 14 de setembro de 1881 (46 anos) Ourense, España |
Formación profesional | Filosofía e Letras e Teoloxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, lingüista |
Xénero artístico | Ensaio, poesía |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario biográfico español Historia da literatura galega contemporánea |
Juan Antonio Saco y Arce, nado no Outeiro (Alongos, Toén) o 8 de marzo de 1835 e finado en Ourense o 14 de setembro de 1881, foi un escritor e lingüista, autor da primeira Gramática da lingua galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José María Saco y Noguerol e de Juana Justa de Arce y Burriel, e neto de Juan Antonio Saco y Taboada e María Noguerol, e de José María de Arce Calderón de la Barca e María Salomé Burriel. Fixo estudos no Seminario de Ourense, e posteriormente estudou Filosofía e Letras e Teoloxía en Santiago de Compostela. Exerceu a cátedra de lingua grega nos institutos de bacharelato de Pontevedra, Ourense, e logo de Castelló de la Plana. No ano 1863 tomou posesión da praza da mesma materia no Instituto de Ourense, onde exercería como profesor de grego e logo de Retórica e Poética.[1]
Coa chegada da Gloriosa Revolución, Saco tivo dificultades, pois negouse a xurar a nova constitución, a primeira realmente democrática en España, feito que o levou a ser separado da súa cátedra. Mais durante a Primeira República, en 1873, Saco foi reincorporado ao corpo de profesores do bacharelato. Morreu oito anos despois.
Obra
[editar | editar a fonte]En 1868 publicou en Lugo a primeira gramática da lingua galega. Certo, que catro anos antes, un aínda hoxe descoñecido Francisco Mirás, publicara en Santiago, o titulado Compendio de Gramática Galega-Castellana, mais dada a súa escasa calidade e o carácter rotundamente incompleto, mal se podería cualificar de primeira gramática do galego, se non fose compasivamente.
Saco cultivou tamén a poesía, publicando en 1878, en Ourense, Poesías, volume de algo máis de 400 páxinas, das que só nove poesías están redactadas en galego, e a maioría en castelán. Seis delas son poesías de creación, e tres traducións do latín; todas de carácter relixioso.[2] O tema resultaba novo dentro da literatura galega.
Fóra desas dúas obras, publicou un curto artigo Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes, nun xornal ourensán, en 1876.
Tivo un grande interese pola literatura popular, botando man dela a fin de ilustrar determinadas pasaxes da súa gramática galega, así como tamén tirou proveito dunha boa escolma de refráns a modo de apéndice. No ano 1881, o do seu pasamento, comezou a publicar algúns dos materiais que recollera baixo o título de Literatura Popular de Galicia, obra que ficou interrompida. Algúns dos materiais recollidos apareceron, de xeito disperso, no Cancionero popular gallego de José Pérez Ballesteros, co que debeu manter amizade, xa que de novo en 1878, prologoulle os Versos en dialecto gallego. Parte do material que permanecía inédito foi logo publicado no Boletín da Comisión de Monumentos da Provincia de Ourense entre 1910 e 1929, e algo máis no ano 1939.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Libros
- Gramática gallega. Lugo. Imprenta de Manuel Soto Freire. Lugo. 1868.
- Poesías. Ourense. Imprenta de Gregorio Rionegro Lozano. 1878.
- Artigos
- Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes, no xornal El Heraldo Gallego; Ourense, xaneiro de 1876.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández del Riego, Historia da literatura galega. Vigo. Galaxia. 1971, páx. 90
- ↑ Carballo Calero, Historia da literatura galega contemporánea. 1975, 2ª ed., páx. 110-113.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Saco Arce, Xoán Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 216.
- Alonso Montero, X. (1998). "Los Precursores (1885): notas de lectura" Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine. Boletín da Real Academia Galega n.º 361.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira. pp. 543–545.
- Blanco, D. (1992). A poesía popular en Galicia, 1745-1885, recompilación, estudio e edición crítica. Xerais. ISBN 84-7507-684-X.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 110–113. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 267.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. p. 90.
- ——— (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 399. ISBN 84-7492-465-0.
- ——— (2005). Sesenta gallegos ilustres (en castelán). Santiago de Compostela: Alvarellos. ISBN 84-85311-21-3. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 03 de xuño de 2019.
- González Blasco et al.: "Saco y Arce, Juan Antonio" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- López Silva, Inma. "Juan Antonio Saco y Arce". Diccionario biográfico español. Real Academia da Historia (en castelán).
- Pedret Casado, P. (15/3/1935). "Xosé Antonio Saco Arce. Algunhas notas biográficas". Nós (135): 41-43.
- Pena, X. R (2004). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento,[1] pp. 85-120, Xerais, ISBN 978-84-9914-764-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. pp. 543–544. ISBN 84-8288-019-5.
- VVAA (2018). "Varios artigos". Boletín da Real Academia Galega (A Coruña: RAG) (379). ISSN 1576-8767.:
- Juán L. Saco Cid. "Perfil biográfico de Juan Antonio Saco Arce: o seu compromiso intelectual", pp. 309-328.
- Antón Santamarina. "Saco Arce como gramático. Significado e pegada da súa obra", pp. 329-349.
- Teresa López. "“Con abundancia de razóns”: a literatura na Gramática de Saco Arce", pp. 351-363.
- Francisco Dubert García. "A gramática na Gramática de Saco Arce", pp. 365-383.
- Xosé A. Fernández Salgado. "A proposta ortográfica de Saco Arce no contexto do Rexurdimento", pp. 385-405.
- Ernesto X. González Seoane. "Descrición e prescrición na Gramática de Saco", pp. 407-417.
- Xurxo Martínez González. "A obra de Saco Arce no contexto do Rexurdimento", pp. 419-462.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Antonio Saco y Arce |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Xoán Antonio Saco Arce" Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña.
- "Saco Arce, Xoán Antonio" Enciclopedia Historia Literatura Galega. Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
- Lingüistas da lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Nados en Toén
- Sacerdotes católicos de Galicia
- Nados en 1835
- Finados en 1881
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Precursores do Rexurdimento
- Académicos correspondentes da Real Academia Española
- Profesores de educación secundaria
- Poetas de Galicia
- Poetas en lingua galega
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Gramáticos