[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jacob Talmon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacob Talmon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Jacob Leib Fleischer (Flajszer) Editar o valor en Wikidata
14 de xuño de 1916 Editar o valor en Wikidata
Rypin, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xuño de 1980 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMonte dos Descansos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLondon School of Economics Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónHistoriador da Idade Contemporánea, historiador, científico político, pedagogo, escritor e catedrático de universidade.
Membro de
Obra
DoutorandoShelomoh Naʿaman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Jacob Leib Talmon (en hebreo יעקוב טלמון), nado en Rypin (Polonia) o 16 de xuño de 1916 e finado en 1980 en Xerusalén, foi un historiador israelí na Universidade Hebrea de Xerusalén, especializado na Revolución francesa. Cuñou os termos democracia totalitaria e mesianismo político.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía ortodoxa, de apelido Fleischer. En 1933 emigrou a Israel (Aliyá) coa familia e asentouse en Tel Aviv. Cursou estudos universitarios na Universidade Hebrea de Xerusalén e en La Sorbonne de París. Trala conquista de París polo exército alemán durante a segunda guerra mundial mudouse a Londres, culminando os seus estudos de doutoramento na London School of Economics cara a 1943.

Retornou a Israel, onde casou cunha doutora en Medicina, Irena Bugajer, coa que tivo dous fillos. Comezou a dar clase na Universidade Hebrea. En 1957 recibiu o Premio Israel, e en 1967 foi elixido para integrar a Academia Israelí de Ciencias e Humanidades.

Finou aos 64 anos por mor dun paro cardíaco. No seu funeral foi despedido por Menachem Begin, Primeiro Ministro de Israel e opoñente ideolóxico do historiador.

Categorizado coma un "liberal da Guerrra Fría" estudou a xenealoxía do totalitarismo argüíndo que tal doutrina é unha variante do mesianismo político, con raíz na Revolución Francesa, e acentúa as similitudes entre o xacobinismo e o stalinismo.

Talmon sostén que a postura de Rousseau debe ser entendida coma un "totalitarismo democrático"; coma unha filosofía na que a liberdade se concreta "unicamente na procura e logro dun propósito absolutamente colectivo".

  • The Origins of Totalitarian Democracy, Londres, 1952.
  • The Nature of Jewish History-Its Universal Significance, 1957.
  • Political Messianism - The Romantic Phase, 1960.
  • The Unique and The Universal, 1965.
  • Romanticism and Revolt: Europe 1815-1848, Londres, Thames & Hudson, 1967.
  • Israel among the Nations, 1968.
  • The Age of Violence, 1974.
  • The Myth of Nation and Vision of Revolution, The Origins of Ideological Polarization in the 20th Century, 1981.
  • The Riddle of the Present and the Cunning of History, 2000.