Joseph Losey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Joseph Walton Losey 14 de xaneiro de 1909 La Crosse, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de xuño de 1984 (75 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Putney Vale Cemetery (pt) |
Presidente do xurado do Festival de Cannes | |
1972 – 1972 ← Michèle Morgan – Ingrid Bergman → | |
Datos persoais | |
Residencia | Londres |
Educación | Dartmouth College Universidade Harvard La Crosse Central High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, director teatral, produtor de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1939 - |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Dorothy Bromiley (1956–), divorcio |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Joseph Losey, nado en La Crosse (Wisconsin) o 14 de xaneiro de 1909 e finado en Londres o 22 de xuño de 1984, foi un director de cine estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procedente dunha importante familia, estudou medicina pero abandonou a carreira para estudar a de letras. A súa inclinación artística comeza durante a década dos 30 frecuentando a Graduate School of Art and Sciencies, desenvolvendo numerosas actividades, tanto no campo periodístico e radiofónico como no teatral. Neste último medio alcanzou prestixio, sendo o responsable dalgúns espectáculos colaborando con Bertolt Brecht e trasladándose a Rusia para estudar técnicas teatrais. A finais dos anos 30 comenza a ter os seus primeiros contactos co cine, realizando algúns traballos para a administración estadounidense e longametraxes de carácter educativo. En 1948 dirixiu a súa primeira longametraxe O rapaz dos cabelos verdes para a RKO. En 1952 como moitos dos seus coetáneos foi vítima da política do senador Joseph McCarthy ao ser acusado de manter actividades antiamericanas. Emigrou a Inglaterra, onde logo de traballar con varios pseudónimos, entre eles o de Joseph Walton, Victor Hanbury ou Andrea Forzano, decidiu instalarse definitivamente e proseguir a súa carreira cinematográfica. Empezou a obter recoñecemento crítico a partir da súa exitosa colaboración co dramaturgo Harold Pinter en tres películas: a súa obra mestra The Servant (1963); Accident (1967); e O mensaxeiro (1970), película que obtén a Palma de Ouro en Cannes.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1985: Vapor
- 1982: La truite
- 1980: Boris Godunov
- 1979: Don Giovanni
- 1978: Las rutas del sur
- 1976: O señor Klein
- 1975: A inglesa romántica
- 1975: Galileo
- 1973: A Doll's House
- 1972: O asasinato de Trotsky
- 1970: O mensaxeiro
- 1970: Figures in a Landscape (como Joseph Walton)
- 1968: Ceremonia secreta
- 1968: Boom
- 1967: Accident
- 1966: Modesty Blaise
- 1964: King & Country
- 1963: The Servant
- 1963: The Damned
- 1962: Eva
- 1960: The Criminal
- 1959: Blind Date
- 1959: First on the Road
- 1958: The Gypsy and the Gentleman
- 1957: Time Without Pity
- 1956: The Intimate Stranger (como Joseph Walton)
- 1955: A Man on the Beach
- 1954: The Sleeping Tiger (como Victor Hanbury)
- 1952: Imbarco a mezzanotte (como Andrea Forzano)
- 1951: The Big Night
- 1951: M
- 1951: The Prowler
- 1950: The Lawless
- 1948: O rapaz dos cabelos verdes
- 1947: Leben des Galilei
- 1945: A Gun in His Hand
- 1941: A Child Went Forth
- 1941: Youth Gets a Break
- 1939: Pete Roleum and His Cousins
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Losey |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Joaquín Vallet, Joseph Losey, Cátedra, 2010.