[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Josep Calavera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosep Calavera
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Cabra del Camp, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJordi Calavera Editar o valor en Wikidata

Josep Calavera Espinach, nado Cabra del Camp o 2 de outubro de 1999, é un futbolista español, que xoga de centrocampista no Castellón, da Primeira División RFEF.

É irmán do tamén futbolista Jordi Calavera.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Nàstic de Tarragona, debutando en 2016 co seu filial da Terceira División, o La Pobla de Mafumet. En 2017, no seu último ano de xuvenil, fichouno o FC Barcelona.[1] No seu primeiro ano co equipo xuvenil do Barça, conquistou a Copa de Campións e a Liga Xuvenil da UEFA. Ao ano seguinte saíu cedido ao Lleida Esportiu, co que debutou na Segunda División B, xogando 22 partidos de liga e dous da Copa do Rei, e marcando un gol contra o Valencia Mestalla.

Na tempada 2019/20 fichou polo Castellón, tamén de Segunda B. Foi titular durante todo o tempo que estivo no equipo de Óscar Cano, que acabaría ascendendo a Segunda División, pero en febreiro abandonou o club para ingresar no Atlético de Madrid B, co que xogou durante a seguinte tempada e media.[2]

En xullo de 2021 saíu cedido ao Deportivo da Coruña, na nova Primeira División RFEF.[3] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[4] Con todo, só disputou 18 minutos máis en toda a primeira volta e tamén contou con pouco protagonismo na segunda, aínda que sumou máis partidos.[5]

Ao remate da tempada fichou polo Castellón, da mesma categoría.[6] Titular indiscutible no club orellut, xogou un total de 37 partidos na súa primeira tempada e disputou a promoción de ascenso a Segunda División, eliminando nas semifinais ao seu anterior equipo, o Deportivo, antes de caer eliminado ante o Alcorcón na final.[7]

  1. Trullols, Joan (1 de agosto de 2019). "Barça y Josep Calavera separan sus caminos". Sport (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  2. "El Atlético ficha al ‘nuevo Busquets’, Josep Calavera". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  3. "Josep Calavera, novo xogador do Dépor 2021-2022". 14 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 
  4. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  5. Zautúa, Israel (3 de xullo de 2022). "Sin suerte... y desaparición misteriosa". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  6. "Josep Calavera, ex del Deportivo, nuevo fichaje del CD Castellón" (en castelán). 31 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  7. "El Alcorcón remonta al Castellón para regresar a Segunda". Sport (en castelán). 25 de xuño de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]