[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

José de Posada Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé de Posada Herrera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1814 Editar o valor en Wikidata
Llanes, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1885 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Llanes, España Editar o valor en Wikidata
Embaixador de España na Santa Sé
1868 –
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
3 de xaneiro de 1866 – 30 de decembro de 1866
Circunscrición electoral: Q42108193 Traducir
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
30 de decembro de 1864 – 12 de xullo de 1865
Circunscrición electoral: Q42108193 Traducir
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, ministro, economista, profesor universitario, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Dinástica Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
BNE: XX843147

José Posada Herrera, nado o 31 de marzo de 1814[1] en Posada de Llanes, Llanes, Asturias, e finado o 7 de setembro de 1885[1], tamén en Llanes, foi un avogado e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito e Economía na Universidade de Oviedo onde foi nomeado profesor de Economía Política en 1838.[2] Foi profesor da Escola especial de Administración en 1843, membro da Real Academia de Moral e Ciencias Políticas (1857), da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación (1864) e presidente do Ateneo de Madrid.[3]

Desde o ano 1839 comezou unha intensa actividade política que o fixo testemuña e protagonista excepcional do seu axitado tempo. Durante o período entre 1839-1841, foi deputado por Asturias[1] polo Partido Progresista, mais a partir de 1842 achegouse ás filas do Partido Moderado, combatendo con dureza ao seu antigo compañeiro Salustiano Olózaga Almandoz e colaborou na caída da rexencia de Espartero, destacando, con todo, pola súa independencia como parlamentario.

Nomeado ministro de Gobernación (entre 1858 e 1865), nos gobernos presididos por Francisco Javier de Istúriz e Leopoldo O'Donnell, onde foi denominado "o gran elector",[4] pola falta de escrúpulos e a habelenza, para que nas eleccións o goberno mantivese o control do resultado, para acada-la vitoria.[5]

En 1868 pasou a ser embaixador perante a Santa Sé en Roma para conseguir a reconciliación desta coa Revolución. Participou na redacción das Constitucións de 1869[6] e 1876, chegando a ser elixido por unanimidade, en 1876 durante a Restauración, presidente da cámara dos Deputados. Ocupou importantes cargos políticos como membro do Consello Real, e Presidente do Consello de Estado (1881).

Finalmente, chegou a ser Presidente do Consello de Ministros dende o 10 de outubro de 1883[7] –nese momento como pertencente a Izquierda Dinástica- durante pouco tempo pois Sagasta, o 18 de xaneiro de 1884, conseguiu tombar o goberno[8]. Pretendeu levar a cabo varias reformas pero o seu goberno deixou case tódalas súas reformas inacabadas.

Pouco antes de morrer, recibiu de Afonso XII a condecoración do Vélaro de Ouro.[1]

Obra xurídica

[editar | editar a fonte]

Dentro do seu traballo como xurista, destacan os catro volumes de Lecciones de Administración[9] (1843) reproducidos, os tres primeiros, polo Instituto Nacional de Administración Pública, en 1978 e o cuarto -que foi pensado para ser perdido– dedicado á Beneficienca Pública, polo Servizo de Publicacións da Universidade de Oviedo, en 1995, grazas á investigación que fixo Francisco Sosa Wagner –profesor de Dereito Administrativo na Universidade de León- sobre o autor a quen considera o pai do Dereito Público en España e a quen se refiren dous dos seus últimos traballos: Posada Herrera actor y testigo del siglo XIX (1995) e La construcción del Estado y del Derecho Administrativo: ideario jurídico-político de Posada Herrera (2001). Para outros especialistas tamén é considerado como o "pai da ciencia administrativa española".[10]

A investigación sobre este autor, especialmente sobre a súa actuación como parlamentario e político, é de grande interese actual, estando pendentes de publicación por varias investigacións, sobre o seu arquivo privado, que contén numerosos documentos e correspondencia con contido político e legal.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Velarde Fuentes, Juan (1997). "La Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en la vida pública española". Estudios de derecho constitucional y de ciencia política: homenaje al profesor Rodrigo Fernández Carvajal. Vol. II. Murcia: Servicio de Publicaciones Univesidad de Murcia. pp. 1129–1166. ISBN 84-8371-000-5. 
  2. Martínez, María Lara (2007). El reinado de Isabel II a través de sus protagonistas. Madrid: Liceus, Servicios de Comunicación y Gestión. p. 22. ISBN 84-9822-592-2. 
  3. Listaxe de presidentes do Ateneo
  4. Mesonero Romanos (en Memorias de un setentón, natural y vecino de Madrid. II, na nota 10) afirma que o alcume fora creado por Olózaga.
  5. Gran Enciclopedia Larousse, ISBN 84-320-7370-9. Entrada: Gobernación, ministerio de la
  6. Bolaños Mejías, Mª Carmen (2014). El reinado de Amadeo de Saboya y la monarquía constitucional. Madrid: UNED. ISBN 978-84-362-6885-0. 
  7. de Urquijo y Goitia, José Ramón (2008). Gobiernos y ministros españoles en la edad contemporánea. Biblioteca de Historia (2ª ed.). Madrid: CSIC. p. 308. ISBN 978-84-00-08737-1. 
  8. Tuñón de Lara, Manuel (2000). La España del siglo XIX. Básica de bolsillo. Madrid: Akal. p. 51. ISBN 978-84-460-1495-9. 
  9. Edición en Google Books: vol. III
  10. Rodríguez-Arana Muñoz, Jaime (2001). Presentación. Posada Herrera y los orígenes del derecho administrativo español. I Seminario de Historia de la Administración (Instituto Nacional de Administración Pública (España)). p. 9. ISBN 84-7088-711-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]