[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

José Casares Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Casares Gil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1866 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 1961 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais
1940 – 1958
← Blas Cabrera FelipeAlfonso Peña Boeuf →
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 –
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfarmacéutico, químico, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Galiciana: 105993 BNE: XX1043941 BUSC: casares-gil-jose-1866-1961 Dialnet: 3383634

José Casares Gil, nado en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1866 e finado o 21 de marzo de 1961, foi un farmacéutico galego. Foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencente a unha familia de profesores universitarios, licenciouse en farmacia en 1884 pola USC. En 1888 logrou a primeira cátedra de Análise Química e Técnica Física da Facultade de Farmacia de Barcelona, da que pasou á de Madrid en 1905. Estudou tamén ciencias, e organizou as ensinanzas básicas da carreira.

En 1896 foi a Múnic en viaxe de estudos, traballando baixo a dirección do profesor Adolph Baeyer. Alí puido coñecer as técnicas da investigación química, que tanto esplendor tiñan naquel entón en Alemaña. Foi condiscípulo entre outros de Richard Martin Willstätter, Heinrich Otto Wieland, cos que mantivo amizade e vencello toda a súa vida.

Estivo en París completando a súa formación con Henri Moissan, o descubridor do flúor e autor de técnicas de investigación en baixas e altas temperaturas. En 1899 viaxou a Nova York, onde traballou con Alexander Smidt na separación de metais nobres e terras raras.

De regreso á Universidade de Barcelona, pronunciou un célebre discurso de apertura do curso 1900-01, expoñendo o atraso das universidades do estado español, nas que, malia haber excelentes conferenciantes, non se producían achegas orixinais a unha ciencia que camiñaba a pasos axigantados.

Foi elixido académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais o 6 de decembro de 1911, ingresando o 15 de xuño de 1913 cun discurso sobre a valencia química. Foi designado presidente o 24 de xaneiro de 1940, renunciando o 11 de xuño de 1958. En función deste posto, foi procurador en Cortes.

Na actualidade existe a Fundación José Casares Gil[1] de amigos de la Real Academia Nacional de Farmacia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]