José María Montenegro Soto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1868 Mondoñedo, España |
Morte | 7 de xullo de 1934 (65/66 anos) Lugo, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
1 de decembro de 1933 – 8 de novembro de 1934 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Presidente da Deputación de Lugo | |
20 de xaneiro de 1924 – 1 de abril de 1925 ← José Benito Pardo Rodríguez | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político, propietario |
Membro de | |
José María Montenegro Soto, nado en Mondoñedo en 1868 e finado en Lugo o 7 de xullo de 1934, foi un avogado, político e propietario agrario galego. A súa familia era propietaria de terras en Abadín.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou cos xesuítas no Colexio dos xesuítas de Camposancos e alcanzou o grao de bacharel en 1884[1]. Nas eleccións a Cortes de 1918 presentou a súa candidatura como maurista polo distrito da Fonsagrada, fronte a Manuel Portela Valladares[2], pero foi derrotado. Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido presidente da Deputación de Lugo o 20 de xaneiro de 1924, renunciando ao cargo o 1 de abril de 1925. Nas eleccións xerais de 1933 foi elixido deputado pola provincia de Lugo, por Renovación Española. Foi membro correspondente da Real Academia Galega[3], da Real Academia da Historia e padrón da fundación benéfica docente Institución de la Sagrada Familia, Fundación Pardo Montenegro, creada en Mondoñedo por Julia Pardo Montenegro.
A súa residencia en Lugo estaba situada fronte a fachada principal da catedral, pegada á rampla que dá acceso á Muralla. Actualmente este edificio alberga o vicerreitorado da Universidade de Santiago de Compostela e no terreo adxunto apareceron importantes restos arqueolóxicos da época romana.
Predecesor: José Benito Pardo Rodríguez |
Presidente da Deputación de Lugo 1924 - 1925 |
Sucesor: Victoriano Sánchez Latas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia do colexio dos Jesuitas da Pasaxe (1) Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 21/1/2012.
- ↑ El Progreso, 24-2-1918, p. 1.
- ↑ RAG. Membros correspondentes
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Expediente como membro da Academia Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Alumnos do Colexio dos Xesuítas de Pasaxe Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.