[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

José Manuel Parada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Manuel Parada

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Manuel Parada Rodríguez Editar o valor en Wikidata
1954 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, xornalista, director de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRadio Libertad (en) Traducir (2015–)
Trece (2012–)
Atresmedia (2010–2011)
Mediaset España (2007, 2022–2010)
RTVE (1989–2003)
COPE Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1043012 Facebook: José-Manuel-Parada-49918802800 Twitter: paradadecine Editar o valor en Wikidata


José Manuel Parada Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 9 de decembro de 1953, é un presentador de televisión galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sendo aínda neno trasládase coa súa familia a Ponferrada, na provincia de León. Tras estudar Maxisterio e Xornalismo, comeza a traballar no mundo da radio, primeiro en Ourense e máis tarde en Barcelona. Terminaría fichando pola Cadena COPE.

En 1989 incorpórase a Radio Nacional de España onde presenta o espazo nocturno La radio de las sábanas blancas (1989-1994) e Parada en la 1 (1994-1997).

A súa carreira en televisión estivo sempre vinculada a Televisión Española. Debuta en 1988 no espazo musical Contigo, presentado por Norma Duval.

Despois virían El salero (1990), Arco de triunfo (1991), con Isabel Gemio, Ay vida mía (1992-1993), con Mary Carmen y sus muñecos, Hale Bopp (1997), un programa de descubrimento de novos talentos, Curso del 99 (1999) e Amigos en la noche (2001), con Isabel Pantoja.

En 1991 incorpórase ao equipo que dirixe María Teresa Campos en Pasa la vida, o magazine diario en TVE. Cando en 1996 Campos e a maior parte dos seus colaboradores fichan por Telecinco, Parada decide permanecer na cadea pública. O 10 de xullo de 1995 comezaron as emisións do programa co que máis éxito alcanzaría: Cine de barrio, un espazo emitido a tarde dos sábados no que se programaba unha película española dos anos 60 ou 70, e charlábase cun ou varios dos seus intérpretes, vellas glorias do cine nacional.

Fixo un pequeno papel en Hostal Royal Manzanares, xunto a Lina Morgan, interpretando o papel de Stéfano. En marzo de 1999 creou a súa propia produtora, Sil Producciones S.L., a través da cal financia o seu propio programa e outros e que comeza a facturar a TVE importantes sumas de diñeiro.

Parada estivo á fronte do programa ata finais de 2003. Ese ano, tras o escándalo provocado pola emisión dun vídeo gravado para o programa no que, nun iate, a folclórica Marujita Díaz mostrou un espido integral, TVE decide non renovar o seu contrato alegando o elevado custo da produtora e é substituído pola actriz Carmen Sevilla. En 2007 volveu a televisión, colaborando como colaborador no programa de actualidade Está pasando, que presentan Emilio Pineda e Lucía Riaño en Telecinco.

Recibiu o Premio Antena de Ouro (1999) polo seu labor á fronte de Cine de barrio.