[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Joachim Neander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoachim Neander

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1650 Editar o valor en Wikidata
Bremen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte31 de maio de 1680 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
Bremen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaUnser Lieben Frauen Kirchhof (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Düsseldorf Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, escritor de himnos, teólogo, escritor, pastor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiJoachim Neander Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 1c9e9fed-a2be-4356-b3c8-b95163993d61 Discogs: 770564 IMSLP: Category:Neander,_Joachim WikiTree: Neander-37 Editar o valor en Wikidata

Joachim Neander, nado en Bremen cara a 1650 e finado na mesma cidade o 31 de maio de 1680, foi un pastor protestante, poeta e músico alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa data de nacemento é descoñecida: os rexistros de nacemento faltan desde 1646 ata 1650; só se sabe que non aparece mencionado no ano 1651 e que un irmán máis novo ca el naceu en 1652; como o seu pai, que enviuvara en 1648, casara o ano seguinte, 1650 fica practicamente como a única suposición posíbel.

Joachim Neander procedía dunha familia de pastores. O seu avó, seguindo unha moda da época, transformara o seu apelido para aproximalo ao grego, de Neumann a Neander. Foi o primeiro fillo do segundo matrimonio do seu pai, Johann Joachim Neander (1614–1666). O seu pai non seguira a tradición familiar: non se fixera pastor senón profesor no Pædagogium, a escola preparatoria para a Universidade. Joachim renovou con ela e, en 1666, o ano da morte do seu pai, inscribiuse na Universidade de Bremen onde estudou teoloxía. Influenciárono as ideas de Johannes Koch (alcumado Cocceius) e da súa teoloxía da salvación; ficou toda a vida fiel a elas e estas déixanse notar nos seus himnos.

De 1674 a 1678 dirixiu a escola latina de Düsseldorf onde se converteu case nunha lenda: sentíase atormentado polas cuestións relixiosas, o seu avó pasara xa do luteranismo ao calvinismo e el mesmo non se entendía ben cos dogmas e a disciplina da súa igrexa. Intentaba buscar a paz na soidade dun apracible val, chamado daquela Hundsklipp, e que na súa honra se rebautizou como Val de Neander (Neandertal en alemán) e que hoxe é coñecido polo home prehistórico que descubriron nel. Alí foi onde escribiu himnos aínda hoxe populares no protestantismo alemán: entre eles o máis famoso foi Lobe den Herren, den mächtigen König der Ehren. En 1678 foi destinado como pastor a Bremen, pero morreu só dous anos máis tarde.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Joachim Neander, de Helmut Ackermann e Oskar G. Blarr, Editions Grupello (ISBN 3-928234-67-6). En alemán.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Noticias escritas polo descendente dun irmán do poeta (en neerlandés, con tradución en inglés).