Isla Cristina
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Huelva | ||||
Capital | Isla Cristina | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.603 (2023) (432,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 50 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1755 (Xuliano) | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Maria Luisa Faneca Lopez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21410, 21420, 21430 e 21449 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 21042 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | islacristina.org | ||||
Isla Cristina é un municipio español situado na costa occidental da provincia de Huelva, Andalucía, a uns 7 km da fronteira portuguesa e encadrado na comarca da Costa Occidental. No ano 2009 contaba cunha poboación de 21.324 habitantes.[1] A superficie do municipio é duns 49,36 km².
As súas orixes remóntanse á fundación dunha colonia pesqueira por cataláns e valencianos tras o terremoto de Lisboa de 1755, que creceu ata obter o seu propio concello en 1833 e absorber despois ao antigo municipio de La Redondela en 1887.[2]
A actividade principal é a pesca, favorecida polo seu importante porto. A súa lonxa é a primeira por poxas de peixe fresco de Andalucía e a segunda por tonelaxe, só superada por Cádiz.[3] A actividade turística tamén ten unha presenza remarcable.
No termo municipal atópanse as Marismas de Isla Cristina, protexidas mediante a forma de Paraxe Natural, e tamén varias zonas de piñeiro e matogueira do cinto dunar costeiro pertencentes e xestionados por ICONA-INIA. Debido á súa orientación leste-oeste, as postas de sol que acaban entre o mar e a terra serviron de inspiración a varios poetas, chegando a crear a ruta das postas de sol, con citas soadas de afamados poetas como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda.[4]
Demografía
[editar | editar a fonte]Pobación de Isla Cristina segundo INE desde 1900[5] |
---|
Fonte:INE |
Gráfica elaborada por: Wikipedia |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Paraxe natural das Marismas de Isla Cristina
-
Gran Vía
-
Praza das Flores
-
Peirao e lonxa de Isla Cristina
-
Gaivotas nas Salinas de Vistahermosa
-
Posta de sol no porto deportivo
-
Peirao e fábricas
-
Igrexa parroquial das Dores
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística
- ↑ "Historia de La Redondela". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2009. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ Análise da produción pesqueira rexional, 2006, Xunta de Andalucía Arquivado 27 de novembro de 2009 en Wayback Machine.ligazón=https://view.officeapps.live.com/op/embed.aspx?src=http%3A%2F%2Fwww.juntadeandalucia.es%2Fagriculturaypesca%2Fportal%2Fwww%2Fportal%2Fcom%2Fbin%2Fportal%2FDGPesca%2Fproduccionpesquerandaluza2006%2Fanalisis_produccion_regional_2006.doc&wdStartOn=1
- ↑ Ruta das postas de sol
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (INE) (ed.). "Poboaciones de feito desde 1900 ata 1991. Isla Cristina (Huelva)". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2009.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Isla Cristina |
- PGOU de Isla Cristina (en castelán)
- Ventana del Visitante de los Espacios Naturales Protegidos de Andalucía - Paraje Natural Marismas de Isla Cristina. (en castelán)