Isabel Blanco
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1971 (53 anos) Berna, Suíza |
Actividade | |
Ocupación | presentadora, actriz |
Páxina web | isabelblanco.es |
Isabel Blanco Picallo, nada en Berna (Suíza) o 8 de setembro de 1974, é unha actriz de televisión, cine e teatro, e presentadora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade suíza de Berna, sendo filla de dous emigrantes galegos dos lugares de Randufe e A Illa, no concello de Santa Comba.[1] Trasladouse a Galicia na súa adolescencia. Licenciouse en Tradución e Interpretación de inglés e alemán e mesmo chegou a exercer como intérprete no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Porén, no ano 1996 e despois de superar unha proba de selección para a TVG, iniciou a súa carreira televisiva como co-presentadora do espazo de humor A repanocha canda Tacho González. En 1998 deu o salto á interpretación actoral ao poñerse na pel de María Ares en Mareas vivas, da que principiou sendo a protagonista canda Luís Tosar e da que rodou máis de 150 capítulos entre 1998 e 2002. A serie foi un éxito de masas entre o público galego e grazas a ela Isabel Blanco acadou gran sona.
Máis tarde participou noutras producións para a TVG coma Rías Baixas (2000), Avenida de América (2002) ou Efectos secundarios (2007), ademais doutras de ámbito estatal como Nada es para siempre (1999-2000) ou Manolo & Benito Corporeision emitidas en Antena 3, Yo soy Bea (2008) emitida en Telecinco ou Cuéntame cómo pasó en TVE. Nos últimos anos tamén presentou os programas para a TVG Pasaporte galego (2018), Desmontando Galicia (2021-2023) e Desexo concedido (2022).
En cine destacan os seus traballos en A ti como se che di adeus? (1999), curtametraxe de Jorge Coira; Autopsia (2002), de Milagros Bará; O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa; Rosas (2005), curtametraxe de Mikel Fuentes; Cicatrices (2006), curtametraxe de Jairo Iglesias; Vida de familia (2007), de Llorenç Soler; El vestido (2008), de Paula de Luque; Agallas (2008), de Andrés Luque Pérez e Samuel Martín; así como a triloxía de Carlos Iglesias sobre a emigración española no século XX composta polos filmes Un franco, 14 pesetas (2006), Ispansi (2010) e 2 francos, 40 pesetas (2014).
Foi vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual e delegada de Galicia para AISGE (Actores e Intérpretes, Sociedad de Gestión). Gañou en dúas ocasións o premio Mestre Mateo á mellor interpretación protagonista feminina.
En 2019 foi galardoada do Premio Celanova, Casa dos Poetas[2].
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]- ¿A ti como se che di adeus? (1999), de Jorge Coira. Como Noiva.
- Autopsia (2002), de Milagros Bará. Como Amanda.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
- Rosas (2005), de Mikel Fuentes.
- Un franco, 14 pesetas (2006), de Carlos Iglesias. Como Hannah.
- Cicatrices (2006), de Jairo Iglesias. Como Elena.
- Vida de familia (2007), de Llorenç Soler. Como Nuria.
- Si te vira teu pai (2007), de Héctor Carré.
- O Limia, o rio do esquecemento (2008) curtametraxe. Como Carmiña.
- Ispansi (¡Españoles!) (2011), de Carlos Iglesias. Como Rosario.
- Invasor (2012), de Daniel Calparsoro.
- 2 francos, 40 pesetas (2014), de Carlos Iglesias. Como Hannah.
- O home e o can (2022), de Ángel de la Cruz. Como Marta.
Televisión
[editar | editar a fonte]- Mareas vivas (1998-2002) na TVG. Como María Ares.
- Nada es para siempre (1999-2000) en Antena 3. Como Irene.
- Rías Baixas (2000) na TVG.
- Avenida de América (2002) na TVG.
- Manolo y Benito Corporeision (2007) en Antena 3. Como Rosi.
- Efectos secundarios (2007) na TVG. Como Alicia.
- Todos os santos (2013). Filme para a TVG.
- Casa Manola (2014). Como Vero.
- Verão M (2018). Como Carmiña.
Documental
[editar | editar a fonte]- Tralos pasos de María Casares (2022), directora, produtora e actriz. Con Sabela Hermida.[3]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Sempre quixen bailar un tango.
- Rosa de dous amores.
Como presentadora
[editar | editar a fonte]- A repanocha (1996-1998) na TVG.
- O rei da comedia (2002) na TVG.
- As viaxeiras da Lúa (2003) na TVG.
- Pasaporte galego (2018) na TVG.
- Desmontando Galicia (2021-2023) na TVG.
- Desexo concedido (2022) na TVG.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Mellor actriz | Un franco, 14 pesetas | Gañadora |
2013 | Mellor actriz | Todos os santos | Gañadora |
- 2016: Premio Bos e Xenerosos.
- 2019: Premio Casa dos Poetas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Isabel Blanco presentó su nueva obra en Santa Comba" (en castelán). 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 8 de setembro de 2021.
- ↑ "Isabel Blanco galardoada co XXXVº Premio Celanova Casa dos Poetas". Cultura Galega. 18 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019.
- ↑ "Tras los pasos de María Casares". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-10-06. Consultado o 2024-05-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel Blanco |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Isabel Blanco Arquivado 09 de decembro de 2021 en Wayback Machine.
- Consello da Cultura Galega
- Axencia Audiovisual Galega
- Galegos.info