Illa Malo
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | New Hebrides (en) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Vanuatu | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Sanma, Vanuatu | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 163 m | ||||
Dimensións | 13,5 () × 19,4 () km | ||||
Superficie | 180 km² | ||||
Malo (anteriormente coñecido como San Bartolomé) é unha illa de orixe volcánica situada na provincia de Sanma, en Vanuatu, a 3 km. da costa sur da principal Illa Espírito Santo. Ten un perímetro 55 km. e unha superficie de 180 km².
En 1979, a illa tiña unha poboación de 2.312 habitantes. O censo de 1999 revelou unha poboación de 3.532 habitantes. No censo de 2009, a poboación total aumentara a 4.273, un aumento do 21% desde 1999[1] Como a maioría de Vanuatu, a illa é de orixe volcánica. O punto máis alto da illa é Malo Peak, 326 m. sobre o nivel do mar.
Os produtos principais da illa son a copra e cacao. Cultívanse en plantacións.
Hai dous grupos culturais principais na illa de Malo, o grupo cultural Auta que habita na parte occidental da illa, e o grupo cultural Tinjivo que habita na parte oriental da illa. Ambos grupos culturais parecen ser unha variante da Lingua Tamambo. Malo é tamén o nome da lingua Austronesia falada na illa.
As primeiras evidencias arqueolóxicas de asentamentos humanos en Vanuatu són dun asentamento en Malo de redor de 1400 aC. Os artefactos deste asentamento son característicos da cultura Lapita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión".