Igrexa de San Clemente de Taüll
Igrexa de San Clemente de Taüll | |
---|---|
Igrexa de San Clemente de Taüll. | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Cataluña |
Tipo | Igrexa |
Advocación | San Clemente |
Localización | La Vall de Boí |
Coordenadas | 42°31′02″N 0°50′54″L / 42.517222222222, 0.84833333333333 |
Catalogación | Monumento histórico |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Arquitectura | |
Construción | 1123 |
Estilo | Románico |
Medidas | 85 x 90 m |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Clemente de Taüll[1] (en catalán: Sant Climent de Taüll) é unha igrexa románica que se atopa na localidade de Taüll, no concello de La Vall de Boí. Atópase na entrada suroeste do centro de Taüll, ao bordo da estrada L-501. Non está moi lonxe da de Santa María de Taüll, que está situada na praza da vila. En 1931, foi declarada Monumento Histórico-Artístico (Ben de Interese Cultural) e en 2000, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, dentro do conxunto das igrexas románicas catalás da Vall de Boí.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao igual ca o resto igrexas de La Vall de Boí, a de San Clemente de Taüll foi obxecto da venda e troco no ano 1064 polos condes de Pallars Sobirà, Artau I e a súa muller Llúcia de la Marca, aos condes de Pallars Jussà, Ramon V e a súa muller Valença de Tost, xunto co castelo de Erill e outras posesións.
A primeira mención específica da igrexa é de 1123: o 10 de decembro foi consagrada por San Ramón, bispo de Roda,[2] xusto un día antes de consagrar Santa María de Taüll, igrexa coa que compartiu parroquia durante case toda a Idade Media. Existe unha terceira igrexa en Taüll: San Martiño. A data de consagración de San Clemente de Taüll conservouse nunha pintura mural románica no interior mesmo da igrexa.
En calquera caso, San Clemente semella ser o intento marrado dos señores de Erill de estabelecer un núcleo monástico no val.
Na Baixa Idade Media, e por pertencer ao Condado de Pallars, La Vall de Boí pasou ao bispado de Urgell, onde gozou dun réxime especial, xa que o conxunto das parroquias estaba rexido por un conxunto de correitores, que chegaban a oito nalgúns períodos. Estes correitores tiñan que ser fillos de La Vall de Boí; o santuario de Caldes de Boí actuaba como centro coordinador das parroquias do val.
O 5 de setembro de 1907 foi un dos lugares polos que pasou a Missió arqueològico-jurídica a la ratlla d'Aragó, organizada polo Institut d'Estudis Catalans coa misión de protexer o patrimonio artístico catalán. O equipo estaba formado por Josep Puig i Cadafalch, Guillem Marià Brocà, Josep Gudiol, Josep M. Goday e Adolf Mas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ edu.xunta.gal (ed.). "A visión do mundo na Idade Media". Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ Junyent, Eduard (1996). Encuentro, ed. Rutas románicas en Cataluña. ISBN 847490403X..páx. 103
- ↑ Sàez, Anna (xaneiro de 2008). "La gran aventura dels Pirineus". Sàpiens (Barcelona): p. 26–31. ISSN 1695-2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Clemente de Taüll |
A Galipedia ten un portal sobre: Cataluña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adell i Gisbert, Joan-Albert [et al.]. "Sant Climent de Taüll", a Catalunya romànica. XVI. La Ribagorça. Barcelona: 1996, Enciclopèdia Catalana. ISBN 84-412-2511-7
- Chordá, Frederic. El ábside de Sant Climent de Taüll, Casimiro libros, ISBN 978-84-15715-06-1
- Gavín, Josep M. Inventari d'esglésies. 2. Baixa Ribagorça, Alta Ribagorça, Vall d'Aran. Barcelona: Arxiu Gavín, 1978. ISBN 84-85180-09-7
- Junyent, Eduard. Rutas románicas de Cataluña/I. Madrid: Editorial Encuentro, 1995. ISBN 978-84-7490-390-4.
- Centre del Romànic de la Vall de Boí. El Conjunt Romànic de la Vall de Boí [fulletó] . 2017, Centre del Romànic de la Vall de Boí