[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ibadan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIbadan
Ìbàdàn (yo)
Ibadan (en) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°23′47″N 3°55′00″L / 7.3964, 3.9167
EstadoNixeria
Estado federadoEstado de Oyo Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.550.593 (2006) Editar o valor en Wikidata (828,11 hab./km²)
Xeografía
Superficie3.080 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude230 m Editar o valor en Wikidata
Creación1829 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio weboyostate.gov.ng Editar o valor en Wikidata

Ibadan é unha cidade de Nixeria, a segunda en tamaño e importancia despois de Lagos. Segundo o censo do ano 2006, tiña 2 550 593 habitantes. Sitúase a pouco máis de cen quilómetros ó nordés da gran metrópole, na liña do ferrocarril e estarda que a comunica cos territorios do norte do país (Kano).

Capital do estado de Oyo e habitada polos yoruba, é un centro comercial e de servizos para a poboada zona agrícola circundante (cacao, algodón, aceite de palma, caucho). Así mesmo, é un núcleo da industria transformadora desas materias primas.

Ten as súas orixes en 1829. Tralas guerras intertribais dos yoruba, os vencedores acamparon no lugar, conformando o seu xermolo inicial.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.