Impulso (aerodinámica)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O impulso é unha tensión de reacción descrita cuantitativamente pola terceira lei de Newton. Cando un sistema expele ou acelera masa nunha dirección (acción), a masa acelerada causará unha forza igual en dirección contraria (reacción).
Matematicamente isto significa que a forza total experimentada por un sistema de masa m é igual e oposta a m veces a aceleración a, experimentada pola masa:
Exemplos
[editar | editar a fonte]Un avión xera impulso cara a adiante cando a hélice que xira empurra o aire, ou expulsa os gases expansivos do reactor, cara a atrás do avión. O impulso cara a adiante é proporcional á masa do aire multiplicada pola velocidade media do fluxo de aire.
Similarmente, un barco xera impulso cara a adiante (ou cara a atrás) cando a hélice empurra auga cara a atrás (ou cara a adiante). O impulso resultante empurra ao barco en dirección contraria á suma do cambio de momento da auga que flúe a través da hélice.
Un foguete (e toda a masa unida a el) é propulsado cara a adiante por un impulso igual e en dirección oposta á masa multiplicada pola súa velocidade respecto ao foguete.