[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

ISEE 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ISEE 3 / International Sun-Earth Explorer 3 / Explorer 59 / International Cometary Explorer / ICE
ISEE 3
TipoCientífico
OrganizaciónNASA/ESA
Data de lanzamento12 de agosto de 1978, 15:12 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 2914[1][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 17B[1][6]
Obxectivo da misiónEstudo das partículas e campos magnéticos da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción, estudo do comenta Giacobini-Zinner.[1][6]
NSSDC ID1978-079A
Masa300 kg[1]
Potencia173 W[1]

ISEE 3, acrónimo de International Sun-Earth Explorer 3, tamén coñecido como Explorer 59 e máis tarde como International Cometary Explorer (ICE), foi un satélite artificial colaboración da NASA e da ESA lanzado o 12 de agosto de 1978 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][6][5]

Características

[editar | editar a fonte]

ISEE 3 formaba parte do Programa Explorer e foi parte dunha flotilla de tres naves (xunto con ISEE 1 e ISEE 2) para estudar os campos e partículas da magnetosfera terrestre e solar e a súa interacción. As tres naves fixeron medicións en diferentes partes do espazo, das proximidades terrestre ao espazo interplanetario. ISEE 3 foi colocada inicialmente no punto de Lagrange L1 do sistema Terra-Sol nunha órbita de halo. En 1982 modificouse a súa órbita para rematar nunha órbita heliocéntrica e sobrevoar o cometa Giacobini-Zinner o 11 de setembro de 1985, fase durante a cal a nave pasou a renomearse International Cometary Explorer (ICE). Posteriormente estudou o espazo próximo ao cometa Halley, en marzo de 1986.[1][6][5]

A nave estabilizábase mediante xiro a 20 r.p.m., co eixo de xiro case perpendicular ao plano da eclíptica. Tiña unha masa de 390 kg e forma Cilíndrica, co corpo cuberto de células solares que producían ata 173 W de potencia. [1][6][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (5 de setembro de 2019). "ISEE 3" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  2. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "ISEE 3 (ICE)" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  3. Claude Lafleur (2020). "ISEE 3 / ICE" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  4. "Note verbale dated 15 January 1979 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-02342). 23 de xaneiro de 1979: 5. Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ISEE 3 → ICE (Explorer 59)" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2020). "ISEE" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]