I puritani
I puritani Os puritanos | |
---|---|
Forma | Ópera seria |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Carlo Pepoli |
Fontes literarias | F. Ancelot e Saintine: Têtes rondes et cavaliers.; W. Scott: Old Mortality |
Estrea | 24 de xaneiro de 1835 |
Teatro da estrea | Théâtre Italien |
Lugar da estrea | París |
Duración | Entre 2 horas 30 minutos e 3 horas |
Música | |
Compositor | Vincenzo Bellini |
Localización da partitura | Biblioteca comunale (Palermo) Manuscrito, parcialmente autógrafo, da versión para Nápoles: Museo Civico Belliniano (Catania) |
Personaxes | |
Elvira (soprano de coloratura) |
I puritani (en galego Os puritanos) é unha ópera en tres actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Carlo Pepoli, baseado no drama Têtes rondes et cavaliers de Jacques-François Ancelot e Xavier Boniface Saintine. Algúns indican que o libreto tamén está baseado na novela Old Mortality de Walter Scott, mais outros só encontran relación co lugar e os feitos políticos que son narrados. Foi estreada o 24 de xaneiro de 1835 no Théâtre Italien de París. Ao mesmo tempo, Bellini compuxo unha versión alternativa pensada para a famosa cantante María Malibrán, debería ser representada en Nápoles e que, porén, non foi representada ata o 10 de abril de 1986 no Teatro Petruzzelli de Bari. Foi a última obra do compositor, que morreu 8 meses despois da súa estrea.
A ópera narra o drama amoroso de Elvira e Arturo en plena revolución entre os puritanos, partidarios de Oliver Cromwell, e os realistas que apoiaban á casa de Estuardo.
A pesar de que o libreto é cértamente confuso e pouco crible, a música de Bellini está entre a máis coidada e bela que escribiu. A foi o resultado do desexo de Bellini de compoñer unha ópera para o público parisiense. Para esta tarefa recibiu o apoio de Rossini, que daquela triunfaba en París.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 24 de xaneiro de 1835[2] (Director: ) |
---|---|---|
Lord Arturo Talbo[3] | tenor | Giovanni Battista Rubini |
Elvira, prometida de Arturo | soprano | Giulia Grisi |
Sir Riccardo Forth, o líder puritano namorado de Elvira | barítono | Antonio Tamburini |
Sir Giorgio Valton,[4] tío de Elvira | baixo | Luigi Lablache |
Lord Gualtiero Valton, pai de Elvira e irmán de Giorgio | baixo | Luigi Profeti |
Sir Bruno Robertson | tenor | M. Magliano |
Enrichetta di Francia, viúva de Carlos I | mezzosoprano | Maria Amigo |
Soldados, heraldos, portaestandartes, puritanos, damas e cabaleiros, paxes, sirvientes |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Lista Casaglia do elenco na estrea
- ↑ O apelido "Talbo" no libreto é unha substitución de "Talbot" na obra de Ancelot e Saintine.
- ↑ O apelido "Valton" no libreto é unha substitución de "Walton" na obra de Ancelot e Saintine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |