[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hunter S. Thompson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHunter S. Thompson

(1971, Caesars Palace) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Hunter Stockton Thompson Editar o valor en Wikidata
18 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata
Louisville, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Woody Creek, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCave Hill Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia
Louisville Male High School (en) Traducir
Universidade Estatal de Florida
Atherton High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, autobiógrafo, guionista, político, escritor, reporteiro, ensaísta, novelista, fotógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata - 20 de febreiro de 2005 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoJornalismo gonzo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioRaoul Duke Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0860219 Allocine: 59780 Allmovie: p228652 TV.com: people/hunter-s-thompson
BNE: XX842145 Musicbrainz: 5c82e0aa-4396-489d-bd9c-657851c8f99a Songkick: 537739 Discogs: 27953 WikiTree: Thompson-27459 Find a Grave: 10504755 Editar o valor en Wikidata

Hunter Stockton Thompson, nado en Louisville, Kentucky, o 18 de xullo de 1937 e finado en Woody Creek, Colorado, o 20 de febreiro de 2005, foi un xornalista e escritor estadounidense, creador e icona do xornalismo gonzo, un modelo de xornalismo que propón eliminar a división entre suxeito e obxecto, ficción e non ficción, e entre obxectividade e subxectividade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros ano

[editar | editar a fonte]

Nado en Louisville, Thompson creceu en Cherokee Triangle, un barrio histórico de The Highlands,[1] e asistiu á secundaria no colexio masculino de Louisville. Os seus pais, Jack e Virginia, casaron en 1935. A morte do pai deixou tres fillos (Hunter, Davison e James) ao coidado da súa nai, que tiña problemas de alcoholismo.[2][3]

Hunter foi arrestado en 1956 por roubo, e despois de chocar un camión de entregar da empresa de envíos en que traballaba alistouse na Forza Aérea dos Estados Unidos durante o período de espera obrigatorio antes do servizo militar. Despois de traballar no departamento de información da base de Eglin, Florida, en 1956, converteuse no redactor de novas deportivas para o xornal da base, The Command Courier. Tamén escribiu para diarios locais, infrinxindo regras da Forza Aérea.

Foi dado de baixa honorable en 1958, por recomendación do seu oficial superior. O coronel W. S. Evans, xefe dos servizos de información escribiu ao oficial en xefe da base de Eglin:

En suma, este soldado, aínda que talentoso, non poderá ser guiado polas políticas. Ás veces a súa actitude de superioridade e rebeldía parece pegarse noutros membros da escuadra.[4]

Thompson burlouse nunha declaración de prensa inventada sobre a súa baixa, dicindo que foi declarado como "completamente inclasificable".

Á súa saída, mudouse a Nova York e ingresou na Universidade Columbia, onde fixo cursos de escritura de contos.[5]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Durante este tempo, traballou para a revista Time como copista por un soldo de 51 dólares por semana. Traballando, aproveitou para copiar na súa máquina de escribir os libros O Gran Gatsby de F. Scott Fitzgerald e A Farewell to Arms de Ernest Hemingway, argumentando que quería aprender sobre os estilos dos autores.

En 1959, foi despedido de Time por insubordinación.[6] Máis tarde ese ano, traballou como xornalista para o Middletown Daily Record de Nova York. Foi despedido pouco despois por danar unha máquina de doces das oficinas do xornal e por discutir co propietario dun restaurante que patrocinaba o diario.[6]

En 1960, Thompson mudouse a San Xoán (Porto Rico) para traballar na revista deportiva El Sportivo, que non durou moito. Porén, o cambio a Porto Rico permitiulle viaxar ao Caribe e América do Sur, escribindo como freelance para distintos medios do continente.[7][8] Traballou como correspondente en Suramérica para unha publicación de Dow Jones & Company, The National Observer.[9]

Durante ese período, escribiu dúas novelas, Prince Jellyfish e The Rum Diary, e enviou varios contos a distintas publicacións. The Rum Diary publicouse en 1998, moito despois de que Thompson se volvese famoso.

Carreira como xornalista

[editar | editar a fonte]

En 1965, o editor de The Nation, Carey Williams, ofreceu a Thompson a oportunidade de escribir un artigo sobre a súa experiencia coa banda de motociclistas Hells Angels. Thompson pasara un ano vivindo e rodando con eles, mais a relación crebou cando os motociclistas comezaron a sospeitar que Thompson estaba a gañar cartos cos seus textos. A banda esixiu parte das ganancias, e todo rematou con Thompson recibindo unha malleira salvaxe.[10][11] Cando The Nation publicou o artigo o 17 de maio de 1965, Thompson recibiu varias ofertas para publicar un libro, ata que Random House publicou a edición de tapa dura, titulada Hell's Angels: The Strange and Terrible Saga of the Outlaw Motorcycle Gangs, en 1966.

A maior parte do mellor traballo de Thompson foi publicada na revista Rolling Stone. O seu primeiro artigo publicado nela foi "Freak Power in the Rockies", en que relataba a súa candidatura de 1970 para sheriff do condado de Pitkin, Colorado, como membro do partido Freak Power.[12] Thompson perdeu nunha estreita votación, prometendo na súa campaña a despenalización do consumo das drogas (non do narcotráfico, que desaprobaba), destruír as rúas e convetelas en pastos para que a xente camiñase, prohibir edificios tan altos que agachasen a paisaxe e a vista ás montañas e rebautizar Aspen como Fat City.[13] Para darse o pracer de chamar ao rival republicano "o meu opoñente guedellán", rasurouse a cabeza.[14]

Thompson foi traballar como correspondente político para Rolling Stone, retendo o título de director de Asuntos Nacionais durante trinta anos, ata a súa morte. Dous dos seus libros, Fear and Loathing in Las Vegas[15] e Fear and Loathing on the Campaign Trail '72 foron publicados (por entregas) na revista. Xunto con Joe Eszterhas e David Felton, Thompson foi fundamental no proceso de expansión de Rolling Stone alén da crítica musical. De feito, Thompson foi o único escritor do cadro daquela época que non contribuíu cun artigo sobre música na revista. Non obstante, as súas historias sempre tiñan pinceladas e referencias á música popular, desde Howlin' Wolf ata Lou Reed. Armado onde for cunha das primeiras máquinas de fax, fíxose famoso por entregar os seus artigos a última hora, case ilexibles, nas oficinas da revista en San Francisco, sempre demasiado tarde para editalos e corrixilos, mais xusto a tempo para publicalos.

Nacemento do xornalismo gonzo

[editar | editar a fonte]
Thompson con George McGovern en San Francisco, xuño de 1972
O puño vermello de dous polgares sostendo un peyote (Lophophora williamsii), icona do xornalismo gonzo

En 1970, Thompson escribiu un artigo chamado "The Kentucky Derby is Decadent and Depraved" para unha pequena revista deportiva chamada Scanlan's Monthly. Aínda que non foi moi lido no seu momento, o artigo é o primeiro en que Thompson utilizou as técnicas do que sería o xornalismo gonzo, un estilo que ocupou durante a maior parte do resto da súa carreira literaria. A descrición maniática e subxectiva en primeira persoa foi o suposto resultado da desesperación de Thompson, quen se enfrontaba a unha inminente data límite para entregar o artigo. Xa sen tempo, arrincou as páxinas do seu caderno de apuntamentos e mandoullas ao seu editor, sen corrixilas ou sequera organizalas. Ralph Steadman, quen colaborou posteriormente con Thompson en gran cantidade de artigos, contribuíu elaborando debuxos expresionistas con tinta e lapis. Thompson estaba resignado, seguro de ser despedido, cando o seu editor o chamou para felicitalo polo «excelente» artigo que escribira.

O primeiro que empregou a palabra "gonzo" para describir o traballo de Thompson foi o xornalista Bill Cardoso. Cardoso coñeceu por primeira vez a Thompson en 1968, nun bus cheo de xornalistas viaxando para cubrir o comezo das eleccións presidenciais estadounidenses en New Hampshire. Cardoso describiu a aparición do artigo Kentucky Derby como unha iluminación: «Agora si, isto é gonzo puro. Se este é o principio, que siga chegando». Thompson tomou a palabra de inmediato e, segundo Ralph Steadman, dixo: «Ok, iso é o que fago. Gonzo».[16]

Thompson deseñou un símbolo para representar o novo xornalismo que creara. Consistía nunha gran man vermella con dous polgares, un en cada extremo da man, que co puño pechado encerra no centro un anaco de peyote, un cacto endémico de México famoso polos efectos alucinóxenos ao inxerilo, e que tanto gustaba a Thompson.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O 19 de maio de 1963 casou coa súa moza de moitos anos, Sandra Dawn Conklin (posteriormente coñecida como Sandra Conklin Thompson ou Sondi Wright), e tiveron un fillo, Juan Fitzgerald Thompson, nado o 23 de marzo de 1964. A parella intentou ter máis fillos, mais a súa esposa sufriu tres abortos espontáneos e dous bebés morreron ao pouco de nacer. Nunha edición a Thompson da revista Rolling Stone, Sandy escribiu:

Quero recoñecer os cinco fillos que Hunter e mais eu perdemos. Encantaríame ter máis Hunter! Un dos máis marabillosos agasallos que Hunter me deu... foi Sarah, a nosa bebé de catro quilos, que viviu preto de doce horas. Estaba agardando deitada no hospital de Aspen Valley, e cando vin a face do doutor foime insoportable. Pensei que me ía volver tola. Hunter achegouse á miña cama e díxome: «Sandy, se queres saír un anaco, faino, mais quero que saibas que Juan e mais eu realmente precisamos de ti». Recupereime de inmediato.

Despois de 19 anos xuntos e 17 de casados, Hunter e Sandy divorciáronse en 1980; continuaron a ser amigos ata a morte de Hunter en 2005.

O 20 de febreiro de 2005, aos 67 anos, o xornalista quitouse a vida dun disparo na cabeza. O seu fillo Juan emitiu un comunicado de prensa en que informou «o doutor Hunter S. Thompson rematou coa súa vida disparándose na cabeza no seu recinto fortificado en Woody Creek (Colorado). Hunter gardaba celosamente a súa intimidade e pregamos que os seus amigos e admiradores respecten esa intimidade e a da súa familia».

Os seus restos foron lanzados cun canón desde o alto dunha torre co puño de dos polgares no alto, símbolo do xornalismo gonzo.[17]

  1. Eblen, Tom. "For sale: Hunter S. Thompson's childhood home – bullet holes, Gates of Hell not included". The Bluegrass and Beyond. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2012. Consultado o 3 de agosto de 2012. 
  2. Whitmer, Peter O. (1993). When The Going Gets Weird: The Twisted Life and Times of Hunter S. Thompson (First ed.). Hyperion. pp. 23–27. ISBN 1-56282-856-8. 
  3. Hunter S Thompson Biography and Notes. "Books by Hunter S. Thompson – biography and notes". Biblio.com. Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  4. Perry, Paul (2004). Fear and Loathing: The Strange and Terrible Saga of Hunter S. Thompson (2 ed.). Da Capo Press. p. 28. ISBN 1-56025-605-2. 
  5. "Columbia University scholarship for veterans to be named for Hunter S. Thompson, says wife". www.aspentimes.com (en inglés). Consultado o 2020-06-19. 
  6. 6,0 6,1 Thompson, Hunter (1998). Douglas Brinkley, ed. The Proud Highway: Saga of a Desperate Southern Gentleman (1st ed.). Ballantine Books. p. 139. ISBN 0-345-37796-6. 
  7. "Hunter S. Thompson: 'Proud Highway' (audio)". NPR. 7 de agosto de 1997. Consultado o 3 de agosto de 2012. 
  8. "William Kennedy Biography". Consultado o 3 de agosto de 2012. 
  9. Kevin, Brian. "Before Gonzo: Hunter S. Thompson's Early, Underrated Journalism Career". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2017-10-06. 
  10. "On the Wild Side". archive.nytimes.com. Consultado o 2021-09-01. 
  11. "The Night Hunter S. Thompson Got Stomped by Hells Angels". OZY. 2017-01-12. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-01. 
  12. Anson, Robert Sam (10 de decembro de 1970). "Rolling Stone, Part 2; Hunter Thompson Meets Fear and Loathing Face to Face". New Times. 
  13. Kellogg, Spencer (23 de febreiro de 2018). "Hunter S. Thompson's Run For Aspen Sheriff In 1970". 71 Republic. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  14. Gilbert, Sophie (26 de xuño de 2014). "When Hunter S. Thompson Ran for Sheriff of Aspen". The Atlantic. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  15. Thompson, Hunter (2001). Fear and Loathing in America (2nd ed.). Simon & Schuster. p. 784. ISBN 978-0-684-87316-9. 
  16. Martin, Douglas (16 de marzo de 2006). "Bill Cardoso, 68, Editor Who Coined 'Gonzo', Is Dead". The New York Times. Consultado o 3 de agosto de 2012. 
  17. "Hunter Thompson Blown Sky High". Billboard.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]