Hualpén
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Chile | ||||
Rexión | Rexión de Biobío | ||||
Provincia | Concepción | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 91.773 (2017) (1.715,38 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 53,5 km² | ||||
Altitude | 18 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 13 de marzo de 2004 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4601645 | ||||
Prefixo telefónico | 41 | ||||
Sitio web | hualpenciudad.cl |
Hualpén é un municipio e unha comuna chilena pertencente á provincia de Concepción, na rexión de Biobío. Sitúase a uns 9 quilómetros da cidade capital rexional. A comuna foi creada no ano 2004, a partir da comuna de Talcahuano. Hoxe está integrada dentro da área metropolitana de Gran Concepción.[1] Hualpén ten unha superficie de 53,50 km² e unha poboación de 92 975 habitantes, segundo o censo de 2012 do país.[2] O xentilicio da comuna é hualpenino/a.
A comuna tamén alberga a refinaría de petróleo ENAP, e é sede da Universidade Técnica Federico Santa María. Limita polo norte coa comuna de Talcahuano, polo leste coa capital rexional Concepción, polo sur coa comuna de San Pedro de la Paz (cruzando o río Biobío), e polo oeste co océano Pacífico.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome significa «mirar arredor»; palabra de orixe mapuche composta polas voces «wall», arredor e «pen», ver, atopar; asociado á vista que se ten dende os dous outeiros coñecidos como «Tetas do Biobío», por mor do val. Tamén se sinala co nome dun antigo lonco que viviu no século XVI.[3] Co tempo, a esa zona chamóuselle «Hualpencillo», que quere dicir «Pequeno vixía» ou «Pequeno sentinela».[4]
Moitos anos despois, no intre da fundación da comuna, optouse por eliminar o diminutivo «-illo», quedando estabelecido o nome oficial da comuna como «Hualpén».
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1544, o capitán italiano Juan Bautista Pastene, remontou o río Biobío co seu barco divisando o actual territorio comunal, daquela habitado por mapuches.
O 30 de novembro de 1554, os mapuches intentaron atacar a cidade de Concepción valéndose dos outeiros comunais como refuxio. Porén, malia que participaron grandes caciques da época como Caupolicán, Paicaví ou Tucapel, foron derrotados polos españois, que foron dirixidos por Pedro de Valdivia e Jerónimo de Alderete.
Dous séculos máis tarde, estas terras pasarían a mans da orde dos xesuítas, pero coa expulsión da Orde en 1767 por mandato do Rei Carlos III de España, as terras foron requisadas e pasaron a mans de don Antonio Narciso de Santa María y Escobar.[5]
A comezos do século XIX, Hualpén era un territorio de carácter rural, especializada en fundos leiteiros e chacarreiros. Durante a guerra de independencia serviu de agocho a patriotas. O patriota Miguel de Zañartu y Santa María, autor definitivo do Acta de Independencia, tivo relación co Hualpén da época, ó igual que Pedro José del Río de la Cruz, comisario de guerra da Segunda división do exército patriota. Xa entrada a república, personaxes recoñecidos de Hualpén foron José María de la Cruz y Prieto, e a súa filla, Delfina de la Cruz y Zañartu, esposa do presidente Anibal Pinto Garmendia.[6]
Administrativamente, Hualpén estaba na 4ª Subdelegación Vegas de Talcahuano do Departamento de Talcahuano.[7][8]
Por eses anos, Parmenia del Río y Zañartu resultou herdeira do fundo Hualpencillo, posteriormente adquirido por Samuel Price Oxley, lugar onde actualmente se atopan Cerro Verde, Lenga e o Club Hípico.
Un século máis tarde, as terras herdaríaas o seu tataraneto, Pedro del Río Zañartu, a través da súa nai, Doña Francisca Zañartu y Trujillo. Zañartu, no seu Fundo Hualpén, habilitou a súa casa habitacional de 1870 como un museo coas coleccións de obxectos que recolleu nas súas viaxes polo mundo, abrindo as súas portas ó público o ano 1935.[9]
Entregou as súas terras e a súa casa a súa morte a mans do Concello de Concepción, a cal, máis tarde, as entregaría á Municipalidade de Talcahuano.[9]
A finais da década de 40, empezou un auxe industrial nos arredores do actual territorio comunal, coa instalación de grandes industrias como a siderúrxica Huachipato, o que atrouxo novos habitantes buscando oportunidades de traballo. Estes primeiros núcleos habitados se sumaron ós de La Cantera de Lenga e a Planta Ballenera de Chome.
Nas actuais poboacións de Lan A, Lan B e Lan C existiu un vello aeródromo que funcionou entre 1941 e 1967.[10]
Tralo terremoto de 1960 eríxense na zona poboacións destinadas a abeirar os damnificados, como a Población Emergencia (actual 18 de setembro), ó que se suma o labor da Corporación da Vivenda (Corvi), organismo estatal que desenvolve un plan de vivendas sociais que deu orixe a varios sectores de poboación, como Armando Alarcón del Canto.
En 1973, o Presidente Salvador Allende inaugura oficialmente a Sede Talcahuano da Universidade Técnica Federico Santa María "Rey Balduino de Bélxica".[11]
Décadas máis tarde, produto do crecemento durante as décadas de 1980 e 1990, iniciouse a campaña por parte dos veciños de sectores de Talcahuano como "Hualpencillo", "Villa Acero", "Villa Empart", "Caleta Lenga", "Parque Central", "Parque Residencial Biobío", "Lan C", entre outros, para converterse en comuna.
Xurdiu un primeiro proxecto para formar a Comuna de Hualpencillo, que logo de moitas discusións, se arquivou no ano 2000. Posteriormente, no ano 2003, iniciouse un novo proxecto, modificando o nome comunal por Comuna de Hualpén, o que logo de varios debates e modificacións, foi aprobado e publicado o 15 de marzo de 2004, no goberno do presidente Ricardo Lagos Escobar.
Neste período, foi delegado como alcalde Leocán Portus Govinden, até as eleccións do mesmo ano. O primeiro alcalde electo foi Marcelo Rivera Arancibia.
O 24 de maio de 2006, o Xeneral Director de Carabineros de Chile, José Bernales, informou oficialmente que as comunas de Talcahuano e Hualpén se separaban administrativamente no plano policial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ scielo.cl (en castelán) Consultado o 3 de febreiro de 2014
- ↑ Instituto Nacional de Estadísticas - INE. «Resultados Censo 2012» (en castelán) Consultado o 3 de febreiro de 2014
- ↑ Fundación Ngehuin. "Diccionario Historias Locales" (en español). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2015.
http://www.ngehuin.cl/index.php?option=com_glossary&letter=H&id=21557&Itemid=133
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ http://www.hualpenciudad.cl/historia.html
- ↑ http://www.hualpenciudad.cl/index.php?option=com_content&view=article&id=19&Itemid=27
- ↑ Anuario Estadístico de la República de Chile correspondiente a los años 1870 y 1871, 1871, Imprenta Nacional, Santiago, Chile.
- ↑ Memoria presentada al Supremo Gobierno por la Comisión Central del Censo, 1908, Santiago, Chile.
- ↑ 9,0 9,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hualpén |