Historia dos Jokerit
O club de hóckey sobre xeo Jokerit de Helsinqui foi fundado en 1967. O contrutor de Helsinqui Aimo Mäkinen mercou as operacións de hóckey sobre xeo do club deportivo Töölön Vesa, nacendo así o novo club Jokerit.
Logo do seu nacemento os Jokerit ascenderon axiña á cima nacional ao gañar o campionato finlandés en 1973. Con todo, a mediados da década o éxito decaeu. O club pasou por dificultades económicas, e dende fináis da década de 1970 ata a última metade da década de 1980 tivo que loitar case sempre polo seu lugar na liga. Finalmente, na primavera de 1987 o equipo descendeu á I-divisioona. No outono de 1989 regresou á liga, mais o club estaba practicamente en quebra. Baixo o liderado dun novo propietario, Harry Harkimo, o equipo ascendeu de novo ao máis alto, gañando catro campionatos finlandeses e unha prata na década de 1990. Co novo milenio o éxito reducirse, aínda que volveu gañar o campionato en 2002, a prata nos anos 2000, 2005 e 2007, e o bronce en 2012. Entre os anos 2014 e 2022 os Jokerit xogaron na KHL, logo do cal tentan regresar á máxima categoría finlandesa.[1]
Ao longo da súa historia o equipo ten gañado en total seis campionatos finlandeses, seis pratas e dous bronces. Ademais ten conseguido, entre outros, dous campionatos da Copa de Europa, e un da Copa Continental. Na KHL os Jokerit conquistaron o título de división on ano 2016.
Do Töölön Vesa aos Jokerit: 1967–1969
[editar | editar a fonte]As raíces dos Jokerit de hóckey sobre xeo atópanse no Töölön Vesa, cuxa primeira tempada na máxima categoría foi a 1955-56. Na década de 1960 a categoría do Vesa variou entre a SM-sarja e a Suomensarja.[2] A finais de febreiro de 1967 Vesa perdeu fronte o HIFK o desquite polo ascenso á SM-sarja.[3] As débedas do club ascenderon ata os 80 000 marcos finlandeses. A actividade no hóckey sobre xeo especialmente exerceu presión sobre a economía, polo que no club comezaron as discusións sobre o seu fin. O Vesa dirixiu as actividades xuvenís máis extensas en Helsinqui, polo que o seu fin ou a súa fusión con outros clubs da capital non se considerou unha boa idea.[4]
Na década de 1960 o Töölön Vesa atravesou problemas económicos. O construtor de Helsinqui Aimo Mäkinen mercou o equipo de hóckey sobre xeo do Töölön Vesa en 1967, fíxose cargo de parte das débedas do club e ao mesmo tempo fundou os Jokerit de Helsinqui.[5][6] Mäkinen quería outro equipo de hóckey sobre xeo exitoso na capital ademais do HIFK.[5]
Para decidir o nome do novo equipo reuníronse varias persoas. Ao principio houbo varias ideas, como os "Ritarit" (en galego "cabaleiros") e o Helsinki Hockey-Team,[4] mais finalmente ao xerente de departamento de Veikkaus e director deportivo do Vesa Raimo Kähkösen ocorréuselle o nome "Jokerit". A el gustáballe o nome do novo equipo de Pori, os Ässät (en galego "ases"). Cando procuraba un nome para o novo equipo considerou que o comodín (en finés "jokeri") era unha carta mellor que o as de picas. Tamén atopou un exemplo do logotipo do club nunha baralla de cartas. Con todo, houbo un par de contratempos relacionados co nome, xa que a sociedade de pelota Jokerit de Käpylä e a fábrica de pinturas Tikkurila chamada Jokeri-maali encontrábanse no rexistro de sociedades. Con todo, a actividade dos Käpylän Jokerit cesara moito tempo atrás, e a fábrica de pinturas Tikkurila comezou a patrocinar o novo club.[7][8]
O construtor e antigo presidente do Helsingin Pallo-Toverit Aimo Mäkinen intentara unir o pesäpallo da capital baixo un mesmo teito, mais non tivera éxito. Mäkinen comezou a interesarse pouco a pouco polo hóckey sobre xeo, cuxa popularidade en Helsinqui estaba a medrar, e xa axudara ao Vesa da modalidade durante algúns anos. A economía do Vesa estaba en crise, polo que a xunta directiva do equipo e Mäkinen reuníronse a finais de outubro de 1967. Mäkinen prometeu pagar a metade da débeda do club a condición de que os equipos representativo e júnior de hóckey foran transferidos ao novo club de hóckey creado por el.[4] Mäkinen quería que enn Helsinqui houbera outro club exitoso de hóckey ademais do HIFK.[5] A dirección do Vesa aprobou o acordo, e mesmo os xogadores acordaron mudarse ao novo club que aínda non tiña nome. Polo que o xogador estrela Timo Turunen, que xa adestrara co HIFK no verán, continuou no equipo. O mozo equipo de Vesa mantívose unido, o que lle deu ao novo club un bo punto de partida dende o punto de vista deportivo.[4]
As operacións dos Jokerit comezaron oficialmente o 27 de outubro de 1967, cando se celebrou a reunión fundacional. Na reunión estaban Mäkiinen e o "pequeno consello", entre os que se encontraban os mestres pintores Eino Syrjänen e Reino Vilen, así como o xerente financeiro Keijo Tamminen. Mäkinen anunciou que construiría un novo gran club en Helsinqui, pero que non adquiriría xogadores do HIFK. A visión era que co tempo todos os xogadores dos Jokerit foran produto da actividade xuvenil do propio equipo, o que requeriría dun inicio a gran escala co hóckey xuvenil. Os Jokerit comezaron a desenvolverse a partir das actividades do Vesa.[4]
O novo equipo anunciouse ao público o 6 de novembro, cando o xornal en lingua sueca Nya Pressen publicou unha nova ao respecto:[9]
“ | Debido ás dificultades económicas o Vesa viuse obrigado a suprimir a súa sección de hóckey sobre xeo. A situación, con todo, está baixo control, xa que o construtor Aimo Mäkinen saldou as contas do Vesa, fundando un novo club chamado Jokerit, ao cal se uniron todos oss antigos xogadores do Vesa, baixo a dirección da súa principal estrela Timo Turunen. O club vai solicitar á Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo unha praza no grupo occidental da Suomensarja. | ” |
O primeiro adestrador dos Jokerit, Jorma Salmi, abogaba por un xogo defensivo estrito e de contraataque rápido, e esixía aos xogadores unha disciplina de adestramento máis estrita que antes..[10] O primeiro partido dos Jokerit tivo lugar o 10 de novembro de 1967, cando xogou un partido amigable contra o Upon Pallo, un equipo que xogaba na máxima categoría, a SM-sarja.[11] Os xogadores disputaron o partidoc coas camisolas do Vesa, xa que os novos uniformes de xogo aínda non estaban listos. O partido finalizou coa vitoria dos Jokerit 4–3. O primeiro gol da historia do equipo foi obra de Olli J. Hietanen.[12]
Durante as súas dúas primeiras tempadas os Jokerit competiron na segunda categoría, a Suomensarja.[5] Antes do inicio da tempada 1967-68 os Jokerit eran, xunto co Lukko de Rauma, os máximos favoritos da liga.[10] O primeiro partido do equipo na tempada foi como visitante fronte os Karhu-Kissoja o 23 de novembro de 1967. No partido o equipo conseguiu unha vitoria a domicilio por 7-1 e Timo Neira marcou o primeiro gol do equipo en liga, mentres que Osmo Kuusisto foi o primeiro xogador penalizado.[13] O Lukko gañou a liga sen perder ningún partido, mentres que os Jokerit finalizaron na segunda posición con oito puntos menos que o equipo de Rauma.[10] O xogador máis eficaz dos Jokerit foi Timo Turunen, que anotou 18 puntos en 12 partidos (13 goles e 5 asistencias).[14] Despois da tempada Jorma Salmi converteuse no adestrador do HIFK da SM-sarja.[15]
O único obxectivo da tempada 1968-69 era o ascenso de categoría, xa que as finanzas do club non poderían soportar unha terceira tempada a nivel de liga inferior.[16][17] O equipo reforzouse respecto da tempada anterior, e entre os novos xogadores chegou o defensa do Tappara Antti Perttula.[16] Ao principio da tempada Martti Sarlin fíxose cargo da dirección do equipo, con todo axiña tivo que deixar o posto a causa das queixas dos xogadores polo adestrador, que lles berraba instrucións cun megáfono. Ao adestrador da tempada anterior, Jerry Salmi, non llee gustou o rival local e regresou aos Jokerit. Con todo, logo de Sarlin o posto de adestrador recaeu en Jorma Kyntölä. O historial do club tamén estivo influenciado por Gustav Bubník, que analizou os partidos xunto con Kyntölä.[15]
O sistema de competición mudou na tempada 1968-69, na que os dous mellores equipos dos grupos da Suomensarja cualificáronse para a serie de cualificación e ningún equipo ascendeu de xeito directo.[18] Os Jokerit chegaron á serie de cualificación como campións do grupo sur. O segundo clasificado foi o TPS, que co mesmo número de puntos tivo que conformarse coa segunda posición a causa da súa menor diferenza de goles.[19] No primeiro partido da serie de cualificación os Jokerit derrotaron ao Kiekko-Pojat de Mänttä 1-2. Nos seguintes partidos caeron fronte o JoKP e o TPV. O partido fronte o TPS foi considerado decisivo para o ascenso. Na serie preliminar os partidos entre ambos equipos finalizaran con empate 3-3. No partido da serie a defensa da liña integrada por Neira–Hietanen–Kari Puolimatka anulou completamente a primeira liña do TPS liderada por Juhani Wahlsten. Os Jokerit gañaron o partido 2-3. No derradeiro partido da serie de cualificación o equipo derrotou o Hilpara e asegurou así o ascenso.[20]
Primeira categoría e primeiro campionato: 1969–1973
[editar | editar a fonte]A primeira tempada dos Jokerit na SM-sarja foi a 1969-70. Aimo Mäkinen comezara unha construción de equipo sen precedentes, e o equipo recibiu numerosos reforzos para a súa primeira tempada na máxima categoría. Mäkinen tiña o costume de ofrecerlles aos xogadores cartos directamente ata a sinatura do contrato.[5] Ao equipo uníronse, entre outros, xogadores da selección finlandesa como Veli-Pekka Ketola, Henry Leppä, Erkki e Lauri Mononen así como o defensa Ilpo Koskela. Outros dos xogadores que chegaron foron Timo Sutinen, Pertti Nurmi, Alpo Suhonen e Pertti Arvaja. Eero Holopainen chegou do HIFK e converteuse no porteiro, mentres que como adestrador, pechando a operación chegou do Upon Pallo Aulis Hirvonen.[10] Os xogadores que tiveron unha actuación máis salientable foron Turunen e Ketola, que finalizaron nos postos cuarto e quinto da clasificación de puntuadores da SM-sarja.[21] Os xogadores procedían de distintos equipos, e na segunda metade da tempada o equipo uniuse e finalizou na quinta posición ao final da tempada.[10]
Ao mesmo tempo que se construía o equipo representativo, os Jokerit organizaron a Kanada-sarja no leste de Helsinqui, dirixida aos xogadores novos do propio club. A idea xurdiu do sistema similar que estaba a levar a cabo o Ilves en Tampere, e varios xogadores destacados do club comezaron a súa afección polo hóckey na Kanada-sarja.[5] A competición comezou en 1969. O soño de Aimo Mäkinen era facer medrar todo o equipo representativo a partir dos propios xogadores júnior do equipo, o que nunca se fixo realidade.[22] Con todo, a Kanada-sarja para xogadores júnior axiña deu resultados: o equipo D-júnior gañou o campionato finlandés na primavera d 1973 e os equipos de nenos B,C e E na tempada 1975–1976.[23] O seu forte e sistemático traballo cos rapaces novos axudou aos Jokerit a conseguir sereiros, especialmente entre a xente nova.[5]
Logo da primeira tempada na SM-sarja o equipo mudou moito, xa que marcharon Ketola, Suhonen, Perttula e o duro defensor Osmo Kuusisto.[10] Na tempada 1970-71 os Jokerit adquiriron outro xogador destacado cando Seppo Repo uniuse ao equipo en parte para suplir a Ketola, que regresara aos Ässät.[24] Aos Jokerit chegou tamén Jouko Öystilä, que xogara como parella defensora de Ilpo Koskela na selección finlandesa. O hóckey sobre xeo volvérase máis físico, o que nunca beneficiou aos xogadores rápidos e áxilese dos Jokerit. O equipo necesitaba un estilo de xogo gañador, e o novo adestrador Matti Lampainen achegou a característica habilidade co disco dos Jokerit. O equipo patinou duro, moveu o disco rápido e explotou os seus puntos fortes.[10] Durante a tempada os Jokerit estiveron preto do seu primeiro campionato finlandés. Gañaron a liga regular, mais xogaron mal durante a fase final, rematando tan só quintos. Na clasificación final, os Ässät proclamáronse campións, mntres que os Jokerit finalizaron segundos.[25]
Antes do inicio da tempada 1971–1972 os Jokerit perderon a Seppo Revon e Lauri Monosen, que marcharon aos Karhu-Kissat. As dúas primeiras tempadas na máxima categoría empobreceran a Aimo Mäkinen, e o equipo non era un dos principais favoritos. Os Jokerit subiron a xogadores ao equipo representativo procedentes princialmente do segundo equipo, Peikot.[10] Durante a tempada xogou o canadense Dwight Watson, que estivo no equipo durante sete partidos e se converteu no primeiro xogador estranxeiro dos Jokereit.[26][27] Con todo, xogador máis importante do equipo continuou a ser Timo Turunen, que finalizou como o quinto máximo puntuador.[25] Os Jokerit compensaron o elenco de xogadores máis reducido co espírito de equipo e as habilidades do adestrador Lampainen, e o equipo chegou á cima da clasificación.[10] Os Jokerit foron quintos da liga regular e segundos no grupo superior da liga final. Na clasificación final foi cuarto, dous puntos por debaixo do terceiro clasificado, o HIFK.[25] O material co que contaba o equipo en canto a xogadores era demasiado limitado e inexperto, e os Jokerit xogaron varios partidos con tan só tres defensores. De entre os defensores Ilpo Koskela estivo no xeo practicamente todo o tempo.[10]
No verán de 1972 os Jokerit planearon a fusión co HJK e os Karhu-Kissojen. O plano fracasou para Aimo Mäkinen, que na clausura da Kanada-sarja emocionouse cos 600 mozos presentes no lugar. Mäkinen sinalou no seu discurso, que se se levaba a cabo a fusión o nome do novo club sería Jokerit. Máis de 80 titores dos mozos estaban en contra da fusión dende o principio. A fusión tería significado o colapso do traballo cos rapaces, xa que tanto para os para directivos do HJK como os para dos Karhu Kissat só o equipo representativo era importante. En tres anos os titores, pais e nais, e nenos aprenderan a considerar aos Jokerit como o seu propio equipo, para o cal traballaran por quendas sen remuneración. Para eles os Jokerit significaban o orgullo do leste de Helsinqui e o portador da súa autoestima.[28]
A mesma primavera a continuidade das actividades do Jokerit era incerta. A tempada anterior fora economicamente difícil, e o interese de Mäkinen no equipo comezou a decaer. En marzo debía anunciar o cesamento das operacións na Escola Superior de Comercio. Con todo, a multitude de varios centos de mozos no salón de banquetes fixo que a opinión de Mäkinen mudara, cando aínda estaba no estrado o seu discurso de rescisión mudou por un de continuación. A diferenza do habitual, Mäkinen non tiña preparado un discurso escrito, por iso foi que tivo que improvisar.[29]
“ | Algúns de vostedes oíron falar deste proxecto de fusión – mais como teño seguido este espírito de jóker durante o tempo desta negociación de fusión, cheguei á conclusión de que este club non pode descompoñerse. Que as sete letras dos Jokerit se manteñan unidas tanto tempo como poida darlle o meu apoio e podio influír nel, eu o garanto. Deixen que os demais se fusionen cos Jokerit se queren. | ” |
Os Jokerit conseguiron o seu primeiro campionato finlandés cun novo récord de puntos na tempada 1972–1973. As dificultades anteriores uniran o equipo. Tamén tivo adquisicións famosas, como o regreso de Lauri Mononen, procedente dos Karhu-Kissat, e Seppo Suoraniemi, que viña de xogar no HJK. De entre os xogadores veteranos Timo Turunen, xunto con Timo Sutinen, encabezaron a clasificación dos mellores puntuadores da SM-sarja, e Turunen foi o ademais o máximo goleador. Como porteiro fichouse ao xogador da selección finlandesa Jorma Valtonen, cuxas paradas foronn clave. Mononen, pola súua banda, foi case toda a tempada a áncora da tripla cadea, xa que o adestrador Matti Lampainen non viu ningún motivo para romper dous xogadores fortes. Mononen deixou o club logo da tempada..[10][30]
Descenso constante: 1973–1982
[editar | editar a fonte]Equipo ascensor: 1982–1987
[editar | editar a fonte]I-divisioonaa, ascenso e problemas económicos: 1987–1991
[editar | editar a fonte]”Jokeri-ilmiö”: 1991–1997
[editar | editar a fonte]Novo estadio: 1997–2003
[editar | editar a fonte]Presión polo éxito: 2003–2010
[editar | editar a fonte]Era Kekäläinen: 2010–2013
[editar | editar a fonte]Última tempada na SM-liiga: 2013–2014
[editar | editar a fonte]O 28 de xuño de 2013 informouse de que Harry Harkimo vendería o Hartwall Areena aos empresarios ruso-finlandeses Gennadi Timchenko e Arkadi, Boris e Roman Rotenberg, que tamén obtiveron a opción de mercar os Jokerit.[31] O propio Harkimo foi nomeado novo director xeral. Ao mesmo tempo, informouse que os Jokerit trasladaríanse á KHL para a tempada 2014-15 como primeiro equipo finlandés.[32]
Aínda que a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo deulle permiso aos Jokerit para o traslado, segundo a SM-liiga o equipo non lle tería consultado á liga de acordo coas normas da IIHF. Os outros equipos da liga consideraron que os Jokerit romperan o acordo de accionistas, e por iso algúns deles mesmo esixiron que o equipo fora cancelado para a tempada 2013-14. Finalmente no consello de accionistas da SM-liiga que se organizou o 30 de xullo chegouse a un acordo sobre as condicións segundo as cales o equipo poderia competir na tempada seguinte da SM-liiga. Segundo as condicións, cuxos detalles son segredos, o equipo podería unirse posteriormente á KHL.[33] Harkimo dixo que os Jokerit tomarían unha desicións respecto á súa participación na KHL probablemente en outono.[34] Segundo Harkimo o club aínda non tiña contrato coa KHL nese momento.[35]
O traslado dos Jokerit á KHL na tempada 2014-15 cofirmouse o 30 de outubro. Ao mesmo tempo anunciouse que Arena Events mercara o 49 % das accións de Jokerit Hockey Club Oy, aínda que Harry Harkimo conservaba aínda a maioría das accións, o 51 %.[36] O 4 de decembro o club informou de que o seu adestrador durante a primeira tempada na KHL sería Erkka Westerlund cun contrato por dous anos.[37]
Ao inicio da parón do Nadal da tempada 2013-14, os Jokerit, baixo unha forte presión polo éxito pero clasificados tan só na sétima posición, despedirán a Tomi Lämsä e nomearon a Tomek Valtosen como adestrador. O ex porteiro Pasi Nurminen tamén se uniu ao equipo técnico.[38] En febreiro de 2014 Jukka Kohonen foi elixido novo director executivo.[39]
Na liga regular, os Jokerit finalizaron na sétima posición, o que lles deu dereito a disputar a primeira rolda dos play-offs.[40] Alí perdeu directamente fronte o HPK por 0–2 vitorias. A posición final do equipo na liga foi a novena.[41] O último gol marcado polos Jokerit na SM-liiga foi obra de Markus Hännikäinen.[42]
Na KHL: 2014–2022
[editar | editar a fonte]Saída da KHL: 2022
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2022, ante a escalada de violencia no leste de Ucraína, xurdiron presións para que Jokerit abandonara a KHL. O martes 22 de febreiro o grupo de seareiros Eteläpääty esixiu que o equipo deixara a competición de xeito inmediato. O director executivo da entidade, Sami Kauhanen, sinalaba entón que Jokerit tiña acordos e obrigas coa liga que debían cumprir.[43][44] Segundo o comentarista deportivo ruso Lev Lukin, entre os motivos de Jokerit para non abandonar a KHL estarían o feito de competir na mellor liga de Europa e que o seu estadio, Hartwall Arena, pertence a Gennady Timchenko e á familia Rotenberg dende 2013, polo que o equipo non podería seguir xogando no estadio.[45] Coincidindo co inicio da guerra en Ucraína o 24 de febreiro, varias empresas colaboradoras de Jokerit anunciaron o fin da súa cooperación co equipo a causa da situación en Ucraína, e a empresa Hartwall, principal patrocinador do estadio, anunciou que estaba a valorar se retiraba o seu apoio.[46] Na mañá do 25 de febreiro o equipo emitiu un comunicado no seu sitio web no que anunciaba que suspendía a tempada 2021-22, afirmando que "na situación mundial actual, continuar coa tempada tería sido imposble". O anuncio produciuse despois de que Jari Kurri, director xeral de Jokerit, mantivera conversas coa KHL. Deste xeito o equipo de Helsinqui puña punto e final á tempada antes de comezar os play-offs, nos que debía enfrontarse ao Spartak de Moscova a partir do 1 de marzo.[47]
Logo de retirarse da tempada na KHL o equipo comezou a ofrecer os seus xogadores a equipos da liga finlandesa, entre eles os campións olímpicos con Finlandia Iiro Pakarinen, Petteri Lindbohm, Marko Anttila, Hannes Björninen e Niklas Friman.[48][49] O 27 de febreiro confirmouse a saída do adestrador Lauri Marjamäki logo de que este asinara con Kärpät, equipo que xa dirixira entre 2013 e 2016,[50] conseguindo co equipo de Oulu dúas ligas (2014 e 2015).[51] O 28 de febreiro anunciouse o traspaso do capitán de Jokerit, Marko Anttila, a Ilves da Liiga.[52]
A situación do equipo é confusa e a afección pregúntase sobre o futuro do equipo. Un grupo de afeccionadas e afeccionados no equipo crearon na rede social Facebook un grupo privado baixo o nome Jokerit takaisin liigaan! (en galego "Jokerit de volta á liga!"), en alusión ao campionato finlandés, integrada por unhas 6 800 persoas. Nunha enquisa realizada no grupo, o regreso do equipo á Liiga recibiu a maior parte dos apoios (490 votos), seguida do ingreso do equipo na Mestis, mentres que a opción de continuar na KHL tan só recibiu 16 votos. Do mesmo xeito sinalábase que o equipo mantén contratos coa KHL.[53]
A principios de abril Jokerit anunciaba na súa conta de Twitter que abandonaba a KHL. Con todo, no momento do anuncio o futuro deportivo do equipo era aínda unha incógnita, se ben especulouse co seu regreso á Liiga, o presidente de SM-liiga Oy sinalaba nesas datas que non houbera negociacións e que a Liiga tería antes que saber cal sería a organización e a propiedade do club, así como o estadio no que podería xogar, aínda que tamén indicou que "non hai oposición en principio".[54][55]
Novo inicio na Mestis
[editar | editar a fonte]Os Jokerit debutaron na Mestis o 21 de setembro de 2023 fronte o K-Espoo, vixente campión da competición, cunha vitoria na prórroga. O equipo de Espoo chegou poñerse por diante 2-0 no segundo terzo, mais os goles de Alexander Forslund (autor do primeiro gol dos jókers na Mestis) e Emil Oksanen (en superioridade) igualaron a contenda, que caeu do lado capitalino grazas ao gol na prórroga de Leevi Lemberg.[56] O partido, no que antes do inicio celebrouse a cerimonia na que se elevou o bandeirín de campión da tempada 2022-23 do K-Espoo, bateu o récord de asistencia a un xogo da segunda categoría do hóckey sobre xeo finés con 6 982 persoas nas bancadas, superando a asistencia rexistrada o 22 de abril de 2023 durante o terceiro partido das finais entre o K-Espoo e o Ketterä no mesmo escenario.[57]
O debut dos Jokerit na súa pista tivo lugar o 22 de setembro de 2022 coa visita do KOOVEE ao Keravan jäähalli, que rexistrou un cheo con 1 240 persoas nas bancadas. O partido finalizou coa vitoria do equipo de Tampere (2-3), que anotou todos os seus goles no primeiro terzo. O primeiro gol na casa do equipo de Helsinqui foi obra de Mathias Hänninen.[58]
Á conclusión da liga regular o equipo finalizou na terceira posición da táboa, gañando 18 dos 23 partidos que disputou logo do parón do Nadal. A clasificación na liga regular garantiulle a vantaxe de campo nas eliminatorias de cuartos de final, nas que se enfrontou ao Hermes de Kokkola. Finalmente os Jokerit caeron en seis encontros (2-4) logo de que o Hermes se impuxera axiña como visitante no partido inaugural da serie e os de Helsinqui non foran capaces de gañar ningún partido como visitantes, finalizando a serie cun contundente 6-1 no Kokkolan jäähalli que relegou ao equipo á quinta posición final nun retorno ao hóckey finlandés que foi descrito como "decepcionante".[59]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jokerit palaamassa SM-liigaan – huhut Teemu Selänteen ympärillä kuumenevat" (en finés). sportti.com. 4 de abril de 2022. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ Alaja 2012, p. 28.
- ↑ Alaja 2012, p. 30.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Alaja 2012, p. 45.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mennander & Mennander 2003, pp. 172–174.
- ↑ Hannula 2012, p. 12.
- ↑ Aalto 1992, p. 25.
- ↑ Wickström 2012, p. 41.
- ↑ 9,0 9,1 Aalto 1992, p. 26.
- ↑ 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomekausikaudelta
- ↑ "Historiaa" (en finés). Jokerit.com. Arquivado dende o orixinal o 6de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de febreiro de 2024.
- ↑ Aalto 1992, p. 28.
- ↑ Aalto 1992, p. 29.
- ↑ Aalto 1992, p. 277.
- ↑ 15,0 15,1 Aalto 1992, p. 36.
- ↑ 16,0 16,1 Aalto 1992, p. 34.
- ↑ Hannula 2012, p. 13.
- ↑ Aalto 1992, p. 30.
- ↑ Aalto 1992, p. 278.
- ↑ Aalto 1992, p. 32.
- ↑ Aalto 1992, pp. 280–281.
- ↑ "Jokeri historia 70-luku: Ensimmäinen mitali" (en finés). Jokerit.com. 22 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de marzo de 2024.
- ↑ "Jokeri historia 70-luku: SM-sarjasta liigaksi" (en finés). Jokerit.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 3 de marzo de 2024.
- ↑ Mennander & Mennander 2003, pp. 336.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 Mennander & Mennander 2004, p. 336.
- ↑ Arin painopalvelut, ed. (2002). "Jokerit 1969/70 – 2001/02 Pelaajarekisteri / Runkosarja". Jokerit Kausikirja 2002–2003, Jokerit hockey news (en finés) (Helsinqui). ISSN 1459-076X.
- ↑ Jokerit.com (ed.). "Pelaajatilastot kausilta 1967-2015 – Kausi 1971-72" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2024.
- ↑ 28,0 28,1 Aalto 1992, pp. 87–88.
- ↑ Hannula 2012, pp. 14–15.
- ↑ Hannula 2012, p. 16.
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:VerkkoviiteModelo:Vanhentunut linkki
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ Modelo:Verkkoviite
- ↑ "Ukrainan kriisin seuraus: Jokerien kannattajayhdistys vaatii joukkuetta vetäytymään KHL:stä välittömästi - ”Suojelkaa seuraa” Kannattajayhdistys toivoo myös, että Jokerit ry vetää tunnuksensa pois KHL-joukkueelta.". Helsingin Sanomat (en finés). 22 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ "Näin Jokerit kommentoi kannattajiensa vaatimusta lähteä KHL:stä: ”Meillä on sarjassa sitovat sopimukset”". Helsingin Sanomat (en finés). 22 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ "Venäläinen urheilusivusto yllättyi Jokereiden "tottelevaisuudesta" KHL:ää kohtaan – ja keksi sille myös syyn". Helsingin Sanomat (en finés). 23 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ "Yhteistyökumppanit kaikkoavat Jokereilta, myös Hartwall tutkii mahdollisuutta irtautua sopimuksestaan". Helsingin Sanomat (en finés). 24 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ "JOKEREIDEN KAUSI ON OHI" (en finés). jokerit.com. 25 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ Kunnari, Timo (24 de febreiro de 2022). "Jokerien pelaajia kaupataan jo täysillä SM-liigajoukkueille". Iltalehti (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022.
- ↑ Korpela, Emilia (25 de febreiro de 2022). "Pelicansin kiinnostus Jokereiden pelaajia kohtaan laimeaa". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022.
- ↑ "Lauri Marjamäki Kärppien päävalmentajaksi" (en finés). karpat.fi. 27 de febreiro de 2022. Consultado o 28 de febreiro de 2022.
- ↑ "Finland SM-liiga history and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 28 de febreiro de 2022.
- ↑ Lehtinen, Lauri (28 de febreiro de 2022). "Marko Anttila palaa Ilvekseen! Tapparallekin kaksi huippuvahvistusta: mestaripelaaja Veli-Matti Savinainen on taas kirvesrinta". Aamulehti (en finés). Consultado o 28 de febreiro de 2022.
- ↑ "Jokeri-fanien tuska ja katkeruus purkautuu Facebookissa – ”Ihmetyttää, kun tosifanit ilakoivat, että sponsorit lähtee”". Helsingin Sanomat (en finés). 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ Miettinen, Heikki; Hakola, Tero (5 de abril de 2022). "Jokerit antoi lopullisen vahvistuksen – seura jättää hyvästit KHL-liigalle". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ Reponen, Jussi-Pekka (5 de abril de 2022). "Jokerien kannattajayhdistyksessä osattiin odottaa ilmoitusta KHL:n jättämisestä: ”Ilmiselvä juttu”". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ "Jokerit nousi jatkoaikavoittoon ennätysyleisön edessä" (en finés). Mestis.fi. 21 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ "Mestiksen uusi yleisöennätys tehtiin Espoossa" (en finés). Mestis.fi. 22 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ Niemistö, Juho (22 de setembro de 2023). "Jokerien kotiavauksen tunnelma löi Kooveen ulkomaalaisvahvistuksen ällikällä – ”Uskomaton”". Aamulehti (en finés). Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ Moilanen, Mika (23 de marzo de 2024). "Jokereille karmea pettymys – kesäloma alkoi Kokkolassa, tuomari mukana Hermeksen maalissa". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 24 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aalto, Seppo (1992). Jokerit liukkaalla jäällä – 25 vuotta jokeri-kiekkoa (en finés). Helsinki: Team-Erica. ISBN 952-9743-01-7.
- Hannula, Matti (2012). 45 Jokeria pakan päältä (en finés). Helsinki: Print Line Helsinki. ISBN 978-952-93-1225-2.
- Mennander, Ari (1997). Hjallis – Hartwall Areena: miten mahdottomasta tehtiin mahdollinen? (en finés). Helsinki: Otava. ISBN 951-1-14874-5.
- Mennander, Ari; Mennander, Pasi (2003). Leijonien tarina (en finés). Helsinki: Gummerus: Ajatus. ISBN 951-20-6455-3.
- Mennander, Ari; Mennander, Pasi (2004). Liigatähdet (en finés). Helsinki: Ajatus : Gummerus. ISBN 951-20-6684-X.
- Wickstöm, Mika (2012). HIFK–Jokerit: taistelu Helsingin herruudesta (en finés). Helsinki: Tammi. ISBN 978-951-31-6869-8.