[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Henrique II de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenrique II de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Henry II Curtmantle Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1133 Editar o valor en Wikidata
Le Mans, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xullo de 1189 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Castelo de Chinon, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza gastrointestinal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Fontevrault Editar o valor en Wikidata
Señor de Irlanda
1171 – 6 de xullo de 1189
Monarca de Inglaterra
19 de decembro de 1154 – 6 de xullo de 1189 (finado no cargo)
← Estevo I de InglaterraRicardo I de Inglaterra →
Conde de Anjou
Duque de Normandía
Duque de Aquitania
Rei Imperio Anxevino
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPaís do Loira Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoRevolta de 1173-1174 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloSeñor de Irlanda (1177–1189)
Monarca de Inglaterra (1154–1189)
Conde de Poitiers (1152–1189)
Duque de Aquitania (1152–1189)
Conde de Anjou (1151 (Gregoriano)–1189 (Gregoriano))
Duque de Normandía (1150–1189) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Plantagenet, Dinastia de Anjou (pt) Traducir e Casa de Normandía Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLeonor de Aquitania (1152 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
ParellaYkenai
Adela de Francia
Alice de Porhoët
Ida de Tosny
Rosamund Clifford
Nesta (?) Editar o valor en Wikidata
Filloschild of England
 () Alice de Porhoët
Peter (?)
 () Rosamund Clifford
Matilda of Barking
 () Alice de Porhoët
daughter d'Anjou
 () Adela de Francia
Hugh of Wells
 () Alice de Porhoët
Richard (?)
 () Alice de Porhoët
Morgan
 () Nest Bloet
Geoffrey
 ()
Guilherme, Conde de Poitiers
 () Leonor de Aquitania
Henrique o Rei Mozo
 () Leonor de Aquitania
Matilde de Inglaterra, Duquesa da Saxônia
 () Leonor de Aquitania
Ricardo I de Inglaterra
 () Leonor de Aquitania
Godofredo II da Bretaña
 () Leonor de Aquitania
Leonor Plantagenet
 () Leonor de Aquitania
Joana de Inglaterra, rainha da Sicília
 () Leonor de Aquitania
Xoán I de Inglaterra
 () Leonor de Aquitania
William Longespée, 3rd Earl of Salisbury
 () Ida de Tosny Editar o valor en Wikidata
PaisGodofredo V de Anjou Editar o valor en Wikidata  e Matilde de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
IrmánsGuillaume FitzEmperesse
Hamelin de Warenne, Earl of Surrey
Godofredo VI de Anjou Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Plantagenet-1627 Find a Grave: 1951 Editar o valor en Wikidata

Henrique II de Plantegenet, nado o 5 de marzo de 1133 en Le Mans, Francia e finado o 6 de xullo de 1189 en Chinon, Francia, foi rei de Inglaterra, duque de Normandía e Aquitania e conde de Anjou.

Fillo primoxénito de Godofredo V de Anjou e da súa esposa Matilde de Inglaterra, foi o primeiro rei da dinastía Plantagenet.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vida antes da súa ascensión ao trono

[editar | editar a fonte]

Fillo da Emperatriz Matilde e o seu segundo esposo Godofredo V de Anjou, criouse en Anjou e visitou Inglaterra en 1149 para axudar á súa nai a disputar o seu dereito ao trono de Inglaterra.

Casou con Leonor de Aquitania o 18 de maio de 1152 , pero entre maio e agosto batallou co exmarido de Leonor, Lois VII de Francia e os seus aliados. En agosto apresurouse a volver á beira dela e pasaron varios meses xuntos. Ao redor de fins de novembro de 1152 separáronse: Henrique foi pasar unhas semanas coa súa nai e logo navegou por Inglaterra, retornando o 6 de xaneiro de 1153. Algúns historiadores cren que o seu primeiro fillo, Guillerme, Conde de Poitiers, naceu o ano 1153.

A sucesión de Henrique foi establecida polo Tratado de Wallingford en 1153, logo de desafiar ás forzas de Estevo no Castelo de Wallingford. Entón acordouse que Henrique sería nomeado rei de Inglaterra á morte de Estevo.

Reforma Civil e Legal: a loita cos baróns

[editar | editar a fonte]

Durante o reinado de Estevo I de Inglaterra, os baróns subverteran o estado das cousas para socavar o control do monarca sobre o dominio. Henrique II viu como primeira tarefa o reverter esta situación para obter o poder. Por exemplo, Henrique demoleu os castelos que os baróns construíran sen autorización durante o reinado de Estevo e, en 1159, o escuage, un imposto pagado polos vasalos en lugar do servizo militar, volveuse a característica central do sistema militar real. Mellorouse o rexistro deste imposto para facelo máis eficiente.

Henrique II estableceu cortes en varias partes de Inglaterra e foi o primeiro en instituír a práctica real de outorgar aos maxistrados o poder de tomar decisións legais sobre un amplo rango de materias civís en nome da Coroa. Durante o seu reinado, produciuse o primeiro texto legal escrito que senta as bases do que hoxe é a Lei Común, en inglés "Common Law".

Mediante a Corte Criminal de Clarendon (1166), o xuízo con xurado converteuse en norma. Desde a conquista normanda, os xuízos con xurado foran substituídos pola ordalía ou Xuízo de Deus e o "duelo xudicial" (que non foi abolido da lei inglesa até o ano 1819).

O aseguramiento de xustiza e dos dereitos territoriais foi reforzado posteriormente pola Corte Criminal de Northampon en 1176, baseada nos acordos tomados previamente en Clarendon. Esta reforma é unha das maiores contribucións de Henrique II á historia social de Inglaterra.

Problemas con Irlanda

[editar | editar a fonte]

Pouco despois da súa coroación, Henrique II enviou unha embaixada ao recentemente electo Papa Hadrián IV. O grupo de clérigos, liderado polo bispo Arnoldo de Lisieux, solicitou ao Papa un privilexio que autorizase a Henrique II a invadir Irlanda.

A maioría dos historiadores coinciden en que esta foi a bula papal Laudabiliter. W.L. Warren asegura que Henrique II actuou baixo a influencia dun "Complot de Canterbury". O arcebispo Teobaldo de Bec, Xoán de Salisbury e outros clérigos de Canterbury desexaban impor a súa supremacía xerárquica sobre a recentemente creada estrutura diocesana irlandesa. Outros historiadores argumentaron que Henrique II desexaba asegurar o dominio de Irlanda para o seu irmán máis novo Guillerme.

Ao pouco tempo, os asuntos continentais distraeron a Henrique II. Guillermo morreu e os ingleses ignoraron Irlanda. Non foi até o ano 1166 que o tema volveu saír á luz. Ese ano, Dermot MacMurrough, sendo desposuído do seu reino en Leinster, seguiu a Henrique a Aquitania. Pediulle ao rei inglés que lle axudase a retomar o control, ao cal Henrique II accedeu, permitíndolle reunir soldados de entre os seus vasalos normandos. O máis prominente destes foi un normando galés, Ricardo de Clare, 2º Conde de Pembroke, alcumado "Arcofuerte". Como proba da súa lealdade, Dermot ofreceu ao conde Ricardo á súa filla Eva en matrimonio e fíxoo herdeiro do reino.

Os normandos restauraron rapidamente o poder dos seus dominios orixinais a Dermot e mesmo xogaron coa idea de desafiar o título de Ard Ri, ou Gran Rei de Irlanda. Con todo, en 1171, Henrique II chegou de Francia para facer valer os seus dereitos territoriais. Todos os normandos, xunto con moitos príncipes irlandeses, prestaron xuramento de lealdade a Henrique II e el foise por 6 meses. Nunca volveu, pero posteriormente nomeou o seu fillo máis novo, o futuro rei Xoán I de Inglaterra, Señor de Irlanda.

A loita coa igrexa e Thomas Becket

[editar | editar a fonte]

Como consecuencia dos cambios no sistema legal, o poder da corte eclesiástica decreceu. Naturalmente, a igrexa opúxose a iso, tendo como o seu voceiro máis vehemente a Thomas Becket, o Arcebispo de Canterbury, anteriormente amigo próximo de Henrique II e o seu Chanceler.

O conflito con Becket efectivamente comezou cunha disputa sobre se as cortes seculares xulgarían aos clérigos que cometeran ofensas seculares. Henrique II tentou subxugar a Becket e aos seus colegas da igrexa facéndoos xurar obediencia ás "aduanas do reino", pero xurdiu unha controversia acerca de cales eran estas aduanas e a igrexa negouse a ceder. Logo dunha acalorada discusión na corte de Henrique II, Becket deixou Inglaterra en 1164 e foi a Francia a solicitar persoalmente o apoio do rei Lois VII de Francia e do Papa Alexandre III, quen se atopaba exiliado en Francia debido ao desacordo no colexio de cardeais. Debido á súa propia posición precaria, Alejandro III mantívose neutral, aínda que Becket permaneceu no exilio baixo a protección de Lois VII e do Papa Alejandro III aproximadamente até o ano 1170. Logo da reconciliación entre Henrique II e Becket en Normandía o ano 1170, este volveu a Inglaterra. Novamente confrontou a Henrique II, esta vez sobre a coroación do Príncipe Henrique. As palabras máis citadas, aínda que probablemente apócrifas de Henrique II, a través dos séculos foron: "Ninguén vai librarme deste cura entremetido?" Aínda que as violentas alegacións de Henrique II contra Becket a través dos anos foron ben documentados, esta vez catro dos seus cabaleiros tomaron as palabras do seu rei en forma literal e viaxaron inmediatamente a Inglaterra, onde asasinaron a Becket na Catedral de Canterbury o 29 de decembro de 1170 .

Este feito provocou a excomuñón de Henrique II, que obtivo a súa rehabilitación grazas aos esforzos de Roberto de Torigny, abade de Mont-Saint-Michel. Como parte da súa penitencia pola morte de Becket, Henrique II debeu facer unha peregrinación vestido cun saco á tumba de Becket e acceder a enviar diñeiro aos estados cruzados en Palestina, o cal sería gardado polos cabaleiros hospitalarios ou os cabaleiros templarios até a chegada de Henrique II para facer uso del en peregrinacións ou cruzadas. Posteriormente, o 21 de maio de 1172, foi azoutado en público, espido, ante a porta da catedral de Avranches, que era a capital de Normandía. Henrique II pospuxo a súa cruzada varios anos e finalmente nunca a levou a cabo, a pesar dunha visita que lle fixo o patriarca Heraclio de Xerusalén en 1184 ofrecéndolle a coroa do reino de Xerusalén. O ano 1188 impuxo o "décimo saladino" para pagar unha nova cruzada, o clérigo Geraldo de Gales suxeriu que a súa morte foi un castigo divino pola imposición do décimo, instituído para colleitar fondos para unha cruzada para recapturar Xerusalén, que pasou a mans de Saladino en 1187.

Crise de sucesión

[editar | editar a fonte]

Os intentos de Henrique II de dividir os seus títulos entre os seus fillos, pero manter o poder asociado a eles, provocou que tratasen de tomar o control das terras que lles asignaron (Revolta de 1173-1174), o que era unha traizón aos ollos de Henrique II. Geraldo de Gales reporta que cando o rei Henrique deulle o bico da paz ao seu fillo Ricardo, díxolle suavemente "Que o Señor nunca permita que eu morra ata que me vingue de ti".

Cando os fillos lexítimos de Henrique II se volveron contra el, tiñan o apoio de Lois VII de Francia.

Henrique o Rei Mozo morreu en 1183 e logo da súa morte houbo unha loita de poder entre os tres fillos restantes. Henrique quería que Xoán fose o seu sucesor ao trono, sempre o quixo máis que aos seus outros fillos, pero Leonor favorecía a Ricardo. Godofredo tentou superpoñerse a Xoán e Ricardo, pero non tivo éxito.

En 1186, un cabalo esmagou até a morte a Godofredo II, duque da Bretaña (1158-1186).

O terceiro fillo de Henrique II, Ricardo Corazón de León (1157-1199), coa axuda de Filipe Augusto de Francia, atacou e derrotou ao seu pai o 4 de xullo de 1189.

Henrique II morreu no castelo de Chinon o 6 de xullo de 1189 e xace na Abadía de Fontevrault, preto de Chinon e Saumur na Rexión de Anjou, hoxe en día Francia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blockmans, Wim; Hoppenbrouwers, Mark (2014). Introduction to Medieval Europe, 300–1500 (2nd ed.). Abingdon, UK: Routledge. ISBN 9781317934257. 
  • Vincent, Nicholas (2007a). "Introduction: Henry II and the Historians". En Harper-Bill, Christopher; Vincent, Nicholas. Henry II: New Interpretations. Woodbridge, UK: Boydell Press. ISBN 978-1-84383-340-6. 


Predecesor:
Estevo I de Inglaterra
 
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
 
1154 - 1189
Sucesor:
Ricardo I de Inglaterra