Hein Eersel
(1986) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (nl) Christiaan Hendrik Eersel 9 de xuño de 1922 Paramaribo (Imperio Holandés) |
Morte | 11 de xuño de 2022 (100 anos) Paramaribo, Suriname |
Educación | Universidade de Ámsterdam |
Actividade | |
Lugar de traballo | Paramaribo |
Ocupación | político, profesor universitario, lexicógrafo, biblista, lingüista, poeta, Suriname studies researcher (en) , tradutor |
Empregador | Universidade Anton de Kom (pt) |
Premios | |
|
Christiaan Hendrik "Hein" Eersel, nado en Paramaribo o 9 de xuño de 1922, e finado ibídem o 11 de xuño de 2022, foi un lingüista e investigador cultural surinamés.[1][2]
Foi Ministro de Educación e Desenvolvemento de Poboación durante o goberno do Primeiro Ministro suplente Arthur Johan May. Tamén foi o primeiro reitor da Universidade de Suriname.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eersel naceu en Paramaribo o 9 de xuño de 1922.[1] Pasou o exame de certificación de profesor asistente en 1942,[4] e o exame de certificación como profesor en 1949.[5] En 1950 viaxou aos Países Baixos, onde estudou a lingua neerlandesa e a súa literatura na Universidade de Ámsterdam.[6] Obtivo o seu diploma en 1956,[7] e posteriormente un doutoramento.[1] Mentres estivo en Ámsterdam, uniuse á organización Wie Eegie Sanie (as nosas propias cousas), fundada por estudantes surinameses para promocionar a lingua sranan tongo e a cultura surinamesa.[8]
Eersel regresou a Suriname en 1959, e comezou a ensinar no Kweekschool voor onderwijzers de Suriname (facultade de formación do profesorado).[9] Máis tarde axudou a estabelecer o Instituto de Formación do Profesorado en Paramaribo.[10] Foi director do Taalbureau (oficina lingüística) e do Bureau Volkslectuur (oficina pública de alfabetización) de 1960 a 1969.[11]
En 1968, converteuse no primeiro reitor da Universidade de Suriname, e tamén foi profesor de lingüística ata a súa xubilación en 1988.[11] Traballou con Max Sordam para publicar un dicionario completo de sranan tongo en 1985.[12] Despois da súa xubilación, visitou os Países Baixos para impartir clases de sranan tongo.[10]
Eersel mantívose activo coa asociación cultural crioula surinamesa NAKS a partir de 2020, liderando o Grupo de Gramática Sranan.[13]
Escritura
[editar | editar a fonte]Eersel editou o primeiro libro de poesía de Johanna Schouten-Elsenhout, Tide ete (1963).[14]
Eersel escribiu unha adaptación escénica da obra O barbeiro de Sevilla de Beaumarchais, que se estreou no Teatro Thalia de Paramaribo en 1960. Aínda que os traxes e a posta en escena de Noni Lichtveld mantiveron a ambientación orixinal na España do século XVIII, Eersel adaptou algúns das brincadeiras e expresións para o público local. Unha recensión dun xornal sinalou que Eersel "puxo unhas cantas expresións auténticas surinameses na boca do noso barbeiro".[15]
O instituto de Nimega de Misioloxía publicou un festschrift para o 80 aniversario de Eersel. Eersel foi un membro activo da Igrexa católica en Suriname e nos Países Baixos,[16] e previamente investigara a historia das traducións da Biblia ao sranan tongo.[17]
Honras
[editar | editar a fonte]Eersel recibiu un doutoramento honoris causa da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Suriname en 2003. Tamén recibiu o premio Gazon Matodya enfocado aos cimarróns da Fundación Sabanapenti, en 2009.[3] En 2013, foi nomeado Grande Oficial da Orde Honoraria da Palma.[18]
Por suxestión da Fundación Henri Frans de Ziel, a rúa Gemenelandsweg de Paramaribo foi renomeada na honra de Eersel logo dunha ampliación en 2019.[19]
Co gallo do 100 aniversario de Eersel, a ministra de Educación, Ciencia e Cultura Marie Levens anunciou a fundación do Instituto Hein Eersel. O obxectivo do instituto será o desenvolvemento de enfoques profesionais da educación multilingüe en Suriname.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Eersel casou con Florence Louise "Floor" Beck,[20] e tiveron cinco fillos.[21][22]
Eersel morreu en Paramaribo[23] o 11 de xuño de 2022, dous días despois do seu centésimo aniversario.[2]
Bibliografía parcial
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Sordam, Max; Eersel, Ch.H. (1985). Sranantongo = Surinaamse taal : een korte inleiding tot het Sranantong[o], met uitgebreide woordenlijst (1st ed.). Baarn: Bosch & Keuning. ISBN 90-246-4495-X. OCLC 781709778.
Artigos
[editar | editar a fonte]- Eersel, Christian (1971). "Varieties of Creole in Suriname: Prestige in Choice of Language and Linguistic Form". En Hymes, Dell. Pidginization and Creolization of Languages. Cambridge University Press. pp. 317–322.
- Eersel, Ch.H. (1991). "Bijbelvertalingen in het Sranan". OSO 10: 48–56.
- Libi naga bribi : enkele aanzetten tot Surinaamse theologie : feestbundel ter ere van Hein Eersel, Nijmegen, Nijmeegs Instituut voor Missiologie, 2002.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Eersel, Hein (1964). Wie is Surinamer? (en neerlandés). Paramaribo: Drukkerij Lionarons. OCLC 10116838.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Onze nieuwe Ministers". Vrije Stem (en neerlandés). 16 de marzo de 1969. p. 1. Consultado o 26 de xaneiro de 2022 – vía Delpher.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Starnieuws, Hein Eersel is niet meer, 11 de xuño de 2022
- ↑ 3,0 3,1 Fernald, Ivan (18 de novembro de 2020). "Coryfeeën van weleer, tijdvak 1963– 1993 (3)". Starnieuws (en neerlandés). Consultado o 14 de abril de 2022.
- ↑ "Onderwijsexamens.". De West (en neerlandés). 21 de outubro de 1942. p. 3. Consultado o 26 de xaneiro de 2022 – vía Delpher.
- ↑ "Onderwijs examen". De Surinamer (en neerlandés). 24 de setembro de 1949. p. 2. Consultado o 26 de xaneiro de 2022 – vía Delpher.
- ↑ "K.N.S.M. Komen en gaan". Het Nieuws. 27 de outubro de 1950. p. 3. Consultado o 26 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Academische examens". Het Parool (en neerlandés). 24 de marzo de 1956. p. 5 – vía Delpher.
- ↑ Roos-Marie Tummers (15 de decembro de 1989). "Het leven op de achtererven". NRC Handelsblad. p. 20. Consultado o 26 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dr. Eersel verwacht". Het Nieuws. 2 de febreiro de 1959. p. 3. Consultado o 26 de xaneiro de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 Ina van Wijngaarden (10 de decembro de 1988). "Sranan krijgt eindelijk de vrije ruimte". Het Parool. p. 30. Consultado o 26 de xaneiro de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 "Over de auteurs en samenstellers". Sranan : cultuur in Suriname (en neerlandés). Chandra van Binnendijk, Paul Faber. Ámsterdam: Koninklijk Instituut voor de Tropen. 1995. p. 157. ISBN 99914-0-049-4. OCLC 39182378.
- ↑ Sordam, Max; Eersel, Ch.H. (1985). Sranantongo = Surinaamse taal : een korte inleiding tot het Sranantong[o], met uitgebreide woordenlijst (1st ed.). Baarn: Bosch & Keuning. ISBN 90-246-4495-X. OCLC 781709778.
- ↑ Aveloo, Tascha (9 de xuño de 2020). "Hein Eersel 98 jaar: 'Een zeer deskundig man maar nooit belerend'". De Ware Tijd. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020 – vía NAKS.
- ↑ van Kempen, Michiel (1993). "In memoriam Granmisi Elsenhout". De geest van Waraku (en neerlandés). Haarlem/Brussel: Uitgeverij Zuid. pp. 203–205. ISBN 978-90-6773-007-5. OCLC 66329044.
- ↑ "Thalia-Nieuws: De Barbier van Sevilla". Het Nieuws (en neerlandés). 9 de xullo de 1960. p. 1. Consultado o 22 de abril de 2022 – vía Delpher.
- ↑ Bakker, Freek L. (2003). "Libi naga bribi: enkele aanzetten tot Surinaamse theologie". OSO 22 (1): 127–129 – vía DBNL.
- ↑ Eersel, Ch.H. (1991). "Bijbelvertalingen in het Sranan". OSO 10: 48–56 – vía DBNL.
- ↑ "Decoraties Suriname – Onderscheidingen Republiek Suriname". ere-onderscheidingen.gov.sr. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ "Verlengde Gemenelandsweg krijgt nieuwe naam". De West (en neerlandés). 13 de novembro de 2019. Consultado o 26 de abril de 2022.
- ↑ "Gevallen". Nieuw Suriname. 21 de maio de 1959. p. 5 – vía delpher.nl.
- ↑ "Hein Eersel 99 jaar vandaag". youtube.com (en neerlandés). Ampie's Broadcasting Corporation. 9 de xuño de 2021.
- ↑ "Geboren". Het Nieuws. 8 May 1959. p. 2. Consultado o 26 de xaneiro de 2022.
- ↑ "beri.nl - Surinaamse Familieberichten - Overlijdensbericht Christiaan Hendrik 'Hein' Eersel". www.beri.nl. Consultado o 2022-06-14.