[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Haploloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A haploloxía é un fenómeno lingüístico de síncope silábica. É un tipo de metaplasmo por redución mediante, que consiste en que dúas sílabas en contacto cunha secuencia fónica moi semellante se simplifican nunha soa, ou, dito doutro xeito, unha sílaba suprímese cando na mesma palabra aparecen xunto a outra iniciada pola mesma consoante. Este proceso pode darse na evolución da lingua ou en termos cultos da actualidade, normalmente para evitar a cacofonía:

  • a verba latina subsolanum orixina en galego medieval sosolano, que coa caída das consoantes intervocálicas queda sosoão, con crase das vogais finais produce sosoá e por haploloxía simplifica no soá do galego moderno;
  • a palabra co étimo perdita sonorizouse a oclusiva dental xorda e abriuse o grao da vogal postónica breve latina no fonema /ɛ/ e quedou en galego medieval pérdeda: posteriormente por haploloxía, reduciuse ao actual perda.
  • outros casos son os cultismos traxicómico dun orixinal tráxico-cómico e idolatría, inicialmente idololatría.