Hao Ran
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 Hebei, República Popular da China (pt) |
Morte | 20 de febreiro de 2008 (75/76 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Hao Ran (chinés tradicional e simplificado: 浩然; pinyin: Hào Rán; Wade-Giles: Hao4 Jan2), alcume literario de Liang Jinguang (梁金广), foi un escritor chinés nado en 1932 e finado o 20 de febreiro de 2008.[1] O seu relato "A nova nora" foi publicado en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hao Ran naceu nunha familia humilde nunha aldea de Tangshan.[3] Quedou orfo de pai aos dous anos, e a súa nai morreu cando el tiña doce anos.[3] En 1946, entrou no Partido Comunista da China, onde se dedicou a escribir material de propaganda.[3] Tamén traballou na revista teórica do Partido, Bandeira Vermella.[1] En 1949, publicou o seu primeiro relato, "O progreso da miña irmá", na revista literaria A xuventude de Hebei.[3] En 1958, saíu ao prelo o seu primeiro libro, un conxunto de relatos.[3] En 1962, publicou a súa primeira novela, Yan Yangtian 艳阳天 ("O sol brillante"), seguida por dúas partes máis en 1965.[1][3] Foi un dos poucos intelectuais que non foi perseguido durante a Revolución Cultural, chegando a converterse nun modelo a seguir durante este período.[1][3] Posteriormente, desapareceu da escena literaria chinesa.[3]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Varios autores (1982). Flores e leña: Narracións chinesas contemporáneas. Tradución directa ao galego de Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Xerais. ISBN 9788475070667
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Hao Ran: Writer of the Revolution - Asia for Educators - Columbia University". afe.easia.columbia.edu. Consultado o 2023-12-04.
- ↑ "Fernando Pérez-Barreiro Nolla - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-04.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Flores e leña: Narracións chinesas contemporáneas. Edicións Xerais. 1982.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 浩然 (La literatura china traducida en España)