Hans Enoksen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1956 (68 anos) Itilleq, Groenlandia |
Presidente do Parlamento de Groenlandia | |
16 de abril de 2021 – maio de 2022 ← Vivian Motzfeldt (pt) – Kim Kielsen → | |
Presidente do Parlamento de Groenlandia | |
2018 – 3 de outubro de 2018 – Vivian Motzfeldt (pt) → | |
3º Primeiro ministro de Groenlandia | |
14 de decembro de 2002 – 12 de xuño de 2009 ← Jonathan Motzfeldt – Kuupik Kleist → | |
Deputado do Parlamento de Groenlandia | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Naleraq (2014–) Siumut (1977–2014) |
Premios | |
|
Hans Enoksen, nado en Itilleq o 7 de agosto de 1956,[1] é un político groenlandés que exerceu como o terceiro primeiro ministro de Groenlandia dende 2002 a 2009.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Monolingüe en lingua groenlandesa,[2] foi un membro do Parlamento de Groenlandia dende 1995. Foi ministro de Pesca, Caza e Asentamentos e presidente do partido político Siumut en 2001. Foi elixido primeiro ministro o 14 de decembro de 2002. O seu partido gañou só cun 28%, un 7% menos ca as anteriores eleccións de 1999, pero aínda así abondo para gañar.
Despois da súa elección comezou unha alianza co partido de esquerdas Inuit Ataqatigiit. As dúas partes comezaron a debater como cambiar o acordo con Dinamarca e os Estados Unidos sobre canto debería recibir Groenlandia en compensación pola base aérea estadounidense situada fóra da cidade de Thule, no norte do país. Nas eleccións de 2009, Inuit Ataqatigiit gañoulle cun 43% dos votos en comparación co 26% do partido de Enoksen.
Despois da derrota de 2009, Hans Enoksen retirouse como líder do Siumut.[3]
Nas eleccións de 2013 foi reelixido, pero en xaneiro de 2014 estaba tan insatisfeito coa política de Siumut que deixou o partido e estabeleceu un novo partido político, o Naleraq.[4] O novo partido conseguiu o 11,6% dos votos válidos nas eleccións de 2014, e conseguiu tres membros para o parlamento groenlandés. Enoksen obtivo 2.425 votos persoais.[5]
Foi presidente do parlamento en 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kalaallit Nunaata Radioa (Greenlandic Broadcasting Corporation) (en dinamarqués)
- ↑ "Nunatsiaq News: Unilingual Inuk becomes Greenland's new premier". Arquivado dende o orixinal o 2008-07-04. Consultado o 2007-11-15.
- ↑ Sermitsiaq: Hans Enoksen træder tilbage
- ↑ Tidligere landsstyreformand Enoksen stifter nyt parti - Information, 9 de xaneiro de 2014
- ↑ "valg.gl". Arquivado dende o orixinal o 2014-11-30. Consultado o 2014-11-29.
- Nados en 1956
- Primeiros ministros de Groenlandia
- Políticos de Siumut
- Políticos de Naleraq
- Deputados do Parlamento de Groenlandia
- Presidentes do Parlamento de Groenlandia
- Ministros de Enerxía de Groenlandia
- Ministros de Pesca de Groenlandia
- Ministros de Industria de Groenlandia
- Ministros de Comercio de Groenlandia