Halle Berry
Halle Maria Berry, nada en Cleveland (Ohio) o 14 de agosto de 1966, é unha modelo e actriz de cinema e televisión estadounidense. Gañadora do Premio Emmy, Globo de Ouro e Oscar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1985 foi Miss América e en 1986 quedou segunda no mesmo certame. Desde entón traballa como modelo e actriz. En 2002 converteuse na primeira actriz afroamericana en recibir un Oscar á mellor actriz pola súa interpretación en Monster's Ball, feito que lle supuxo acadar gran popularidade.
Un dos seus modelos a seguir foi Dorothy Dandridge, cantante, bailarina e actriz, a quen nomeou ó recoller o Oscar, e a quen representou nunha película. Dandridge foi a primeira actriz de raza negra nomeada a un Oscar como protagonista en Carmen Jones, de Otto Preminger.
A súa nai, Judith, é enfermeira e estivo xunto a ela toda a súa vida, a diferenza do seu pai, quen abandonou a familia cando Halle tiña só 4 anos de idade. Regresou 4 anos máis tarde, pero nunca foi o mesmo xa que el era un home moi agresivo.
Do mesmo xeito que Dorothy Dandridge, sufriu malos tratos por parte dun dos seus primeiros mozos, que lle causou unha importante diminución na capacidade auditiva. O seu primeiro marido, David Justice, un xogador de béisbol, ó parecer era tamén violento. Tras un período de depresión e intento de suicidio, divorciouse logo de tres anos de matrimonio. Estivo casada co músico Eric Benet do que se divorciou en 2003.
En Jungle Fever (1991), de Spike Le, fixo o papel de drogadicta. Para introducirse no personaxe, non se aseou nin se peiteou nos dez días previos á rodaxe.
En The Last Boy Scout (1992), de Tony Scott, actuou con Bruce Willis. Para aprender a desenvolverse no papel actuou gratis nun local de striptease.
A consecuencia do seu traballo en Boomerang (1992), de Reginald Hudlin, na que actuou con Eddie Murphy, a MTV (cadea musical de televisión) proclamouna a actriz máis desexada do ano.
En The Flintstones (Os Picapedra, 1994), de Brian Levant, repetiu papel de comedia e explotou o seu físico. A súa interpretación dunha drogadicta que abandona ao seu fillo no lixo en Losing Isaiah (1995), de Stephen Gyllenhaal, causoulle unha profunda impresión e levouna a emprender traballos máis comerciais e lixeiros.
En Bullworth (1998), de Warren Beatty, recuperou a súa valía interpretativa. En termos económicos son, con todo, as películas de acción, as que mellores resultados lle proporcionaron.
Pola súa interpretación en Monster's Ball, conseguiu o Oscar, un premio SAG, o Oso de Prata en Berlín e foi elixida mellor actriz pola National Board of Review.
Pasará á historia como unha compoñente do selecto grupo de Chica Bond, xa que en 2002 rodou como protagonista feminina Die Another Day, xunto a Pierce Brosnan no papel de James Bond. Outros dos seus papeis máis destacados nos últimos anos foron as súas intervencións nas distintas entregas de X-Men e a súa interpretación da heroina Catwoman.
En 2006 asinou un contrato para ser a imaxe internacional da multinacional de cosméticos Revlon.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Noitevella (2011)
- Nappily Ever After (2010)
- Frankie and Alice (2009)
- Things We Lost in the Fire (2007)
- Perfect Stranger (2007)
- X-Men: The Last Stand (2006)
- Robots (voz) (2005)
- Catwoman (2004)
- Gothika (2003)
- X2 (2003)
- Die Another Day (2002)
- Monster's Ball (2001)
- Concert for New York City (2001)
- America: A Tribute to Heroes (2001)
- Operación Swordfish (2001)
- X-Men (2000)
- Introducing Dorothy Dandridge (TV) (1999)
- Welcome to Hollywood (1998)
- Why Do Fools Fall in Love (1998)
- Bulworth (1998)
- B.A.P.S. (1997)
- The Rich Man's Wife (1996)
- Girl 6 (1996)
- Race the Sun (1996)
- Executive Decision (1996)
- Solomon & Sheba (1995)
- Losing Isaiah (1996)
- The Flintstones (1994)
- Lobos universitarios (1995)
- Father Hood (1994)
- CB4 (1993)
- Queen (1993)
- Boomerang (1992)
- The Last Boy Scout (1992)
- Strictly Business (1991)
- Jungle Fever (1991)
- Living Dolls (1989)
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2001 | Oscar á mellor actriz | Monster's Ball | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Globo de Ouro á mellor actriz en miniserie ou película para TV | Their Eyes Were Watching God | Nomeada |
2002 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Monster's Ball | Nomeada |
1999 | Globo de Ouro á mellor actriz en miniserie ou película para TV | Introducing Dorothy Dandridge | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Premio Emmy á mellor actriz en miniserie ou película para TV | Introducing Dorothy Dandridge | Gañadora |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Halle Berry |
A Galicitas posúe citas sobre: Halle Berry |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Oficial Arquivado 09 de xullo de 2007 en Wayback Machine. (Inglés)
- Club de Fans Arquivado 15 de decembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Halle Berry SPAIN (en castelán)